mércores. 14.05.2025
El tiempo

Rumbo a Gaza fai unha Festa Solidaria Rumbo ás Lobeiras

Rumbo a Gaza fai unha Festa Solidaria Rumbo ás Lobeiras

Pecha cunha festa por todo o alto a campaña en Galicia de Rumbo a Gaza. A solidaria cita será unha viaxe en barco pola ría, simbolizando a que a Frota da Liberdade realizará nas vindeiras semanas, e na que participarán persoas de todo o país.

Como na exitosa cita poética do pasado mes, COSAL Costa da Morte e mais a Organización de Mulleres BUSERANA organizan unha nova actividade para recadar fondos para achegar axuda humanitaria á franxa de Gaza. Como xa fixeran os escolares da bisbarra (aportando material), agora tócanos aos maiores aportar o noso alento. E de paso disfrutar dun bonito paseo en barco cun concerto e pinchos a bordo do María Elena de Cruceros Fisterra.

A festa

Se ben os barcos partirán Rumbo a Gaza na terceira semana de xuño. Aquí, por motivos de organización, será o vindeiro domingo 29 de maio. Trátase de facer unha simulación do embarque da Frota da Liberdade, mais en Fisterra, e facendo logo un percorrido pola ría dunha hora e corenta e cinco minutos aproximadamente.

No barco non haberá material de axuda humanitaria, mais si bandeira palestina, música en vivo (Javi Turnes e Rafa Mississipi a ritmo de blues) e mais algo de merendar.

Todo para romper co bloqueo!!

Inscricións

Para organizar esta viaxe precísase confirmación da asistencia. O billete custará 20€ (5€ menores de 12 anos), e servirá para financiar as pasaxes da delegación galega na frota da Liberdade. Poder facer as reservas en cosalcm@gmail.com ou no 699-836291 (Chicha).

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios