Martes. 19.02.2019
El tiempo

Sicixia sorprende en París

Sicixia sorprende en París
preestrea-sicixia-paris Sicixia presentouse onte en no Cine Majéstic-Passy de París. Imaxe: Sicixia Máis de 300 persoas asistiron á preestrea de "Sicixia. Paseo polo amor e a Costa da Morte" que tivo lugar onte en París. O público parisino non quixo perder unha prometedora viaxe de "Galicia a través dos cinco sentidos" - xa que tamén houbo unha degustación de productos da zona -  e dúas horas antes da agardada proxección xa se anunciaba o cartel de entradas esgotadas ás portas do Cine Majéstic-Passy situado no prestixioso 16ème arrondissement de París. O director Ignacio Vilar, a actriz Marta Lado e o actor Monti Castiñeiras presentaron o filme acompañados por Laura Fernández - Vía Láctea Filmes - e Laura del Sol - actriz e presidenta de Espagnolas en París, asociación adicada á promoción do cinema español na capital francesa -. A proxección de Sicixia tivo lugar na Sala 1 do cinema nunhas inmellorables condicións técnicas que permitiron recrear durante 98 minutos as impresionantes paisaxes e os cautivadores sons da Costa da Morte e da Rapa das Bestas de Sabucedo. Logo do pase, o equipo do filme respondeu as preguntas dun público que recoñeceu sentirse totalmente abraiado. Os sons, o descubrimento da Costa da Morte ou o amor foron algúns dos temas abordados. Degustación de productos da zona degustacion-sicixia-paris O público parisino degustou productos da Costa da Morte elaborados por un grupo de chefs galegos. Imaxe: Sicixia Os chefs galegos Iván Domínguez - estrela Michelín, Grupo Amicalia, Grupo Nove, Coruña Cociña -, Javier Rey - Grupo Amicalia -, Miguel Silvarredonda e Tino Otero - Porto-Muíños - foron os encargados de poñer o punto e final a esta inesquecible "soirée" cunha suculenta "degustación do Mar da Costa da Morte" ofrecida por GALP Costa Sostible - representado por Manuela Oviedo -, Vía Láctea Filmes e Porto-Muíños na que os asistentes tamén tiveron ocasión de degustar unha coidada selección de viños godello e mencía da D.O. Valdeorras (Telmo Rodríguez, Rafael Palacios, A Coroa, Viña Valdeiga e B. Carballal). Á preestrea asistiron representantes institucionais da embaixada española en París, da Unesco,... académicos da universidade da Sorbona e do mundo artístico e cultural parisino (actores, directores, pintores, escultores, etc.). Tamén asistiron xornalistas, distribuidores de cinema e turoperadores que manifestaron o seu desexo de contibuír á difusión de Sicixia nos seus respectivos eidos, o cal supón un auténtico pulo para a promoción da nosa lingua e a nosa cultura a nivel internacional. Esta mañá, Ignacio Vilar participou nun coloquio con alumnado da Université Sorbonne-Nouvelle, Paris 3, organizado polo Centro de Estudos Galegos de París.

Máis información

Novas cinematográficas

Outras novas

Fonte

Comentarios