luns. 11.11.2024
El tiempo

Verbena galega, outro xeito de facer festa con música do país

Verbena galega, outro xeito de facer festa con música do país
Verbena galega

Está en auxe a "música galega contemporánea", quediría Xurxo Souto (a nós gústanos máis aquelo da "música ghallegha daghora" de Dj Alan e Jaky Dj). Hai pouco falabamos da iniciativa Galicia “On the road”, e hoxe facemos o propio cos compañeiros de Verbena Galega, un proxecto musiqueiro da distribuidora galega de teatro e música Culturactiva SCG, ao que tamén teñen que estar moi atentos os membros das Comisións de Festas de toda a Costa.

O fin, organizarte un completo festival na túa parroquia, facendo un oco dentro da ditadura da orquestra. Así organizan o "todo incluído": Música, teatro, un presentador/a, clown..., e todo dentro dun tráiler con son e iluminación.

Máis de cinco horas de música con diferentes estilos, que van desde o tradicional ata a “pachanga” pasando por un picadiscos para rematar a xornada festeira. Este formato, “o máis básico”, segundo apunta o responsable de produción de Culturactiva SCG, Manuel Vicente, pode completarse cun condutor ou condutora da gala, ademais de con animacións musicais entre os pases dos grupos e/ou actuacións de teatro e clown previas ao inicio da Verbena.

Con grupos en cartel como Pandeiromus, A Compañía do Ruído, O Sonoro Maxín, as animacións de Ce Orquestra ou Bloquinho Aperta ou o teatro e clown, “o éxito está asegurado”, afirman desde Culturactiva. Ademais, a distribuidora insiste en que “este formato revolucionará o xeito de facer festas”, xa que é a distribuidora a que se encarga de todo, mentres que habitualmente as comisións de festas e demais organizadores de eventos “teñen sempre unha grande carga de traballo” á hora de poñer en marcha os festexos.

Un concerto artellado por Verbena Galega

Máis información

Novas festivaleiras

Fonte

Comentarios