1ª Autonómica: O barco do Cee afunde e o Ponteceso sae a flote
08:25 30/01/12
Nova derrota do cadro ceense nesta xornada 20 que deixa tremendamente tocado aos de Llanero. Desta volta foi o cadro coruñés do Silva, da parte alta da táboa, quen levou os puntos do desterro de Arasolis nun choque no que os locais mereceron algo máis. A derrota agrávase coa vitoria do Villestro, que deixa ao Cee afundido a 5 do Villestro e a 8 da salvación, que ostentan Cariño e Imperátor. Aínda así, nada máis rematar o encontro a presidenta do club anunciaba no facebook do equipo que Llanero conta coa total confianza da Directiva, semella que o proxecto é de máis longo prazo e non o condicionan aos resultados.
O que segue nunha máis que positiva boa liña de resultados é o Ponteceso. Os de Marco xa están 11º con 27 puntos tras vencer en Arteixo, con algo de fortuna e moita fe en San Norberto, ante un dos de arriba, e xa miran máis cara a parte alta que para abaixo.
Cee - Silva (0-1)
- CEE: Parroto, Nico (Rubén, min.57), Luís, Julio (Uri, min.83), Rafa, Fermín, Piquero (Jorge, min.77), Isma, Tasky (Victor, min.57), Llanero e Fer.
- Gol: 0-1 min.83: de penalti.
Atl. Arteixo - Ponteceso (1-2)
- PONTECESO: Norberto, Rubén, Dani Pallas, Carlos Mato, Ramón (Alex, min.82), Luisete (Pitu, min.52), Josito, Fabián, David (Manu Urbieta, min.34), Pablo Vázquez e Toniño (Bolón, min.65).
- Goles: 0-1, min.4: Ramón a pase de Carlos Mato rompendo o fóra de xogo; 1-1, min.49; 1-2, min.60: Toniño de penalti cometido sobre el.
- Expulsión: o local Javi no min.60 e o pontecesán Carlos Mato, min.82.
- Lesión: Luisete e David que xa levaban molestias musculares.
Máis información
Crónicas da semana
Máis novas
- Vídeo entrevista, e algo máis, ao xogador do Cerqueda Nión.
- Aberta a convocatoria de axudas para os clubes e agrupacións deportivas.
- Alberto Pose analiza a primeira volta da 3ª Autonómica.
- O poder dos Miúdos.
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido co colexiado Marcos Ordóñez.
- Vídeo entrevista co muradán Seluco.
- A Bitacora da Semana: O blog da Camelle.
- A bitácora da semana (CXLI): O blog do San Lorenzo de Verdillo.
- Video entrevista co xuvenil malpicán Juny.
- Un Dumbría descarado.
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (II).
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (I).
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido a Alberto Pose.
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
- Vimianzo lembrou a Martín Pena.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).