Sábado. 04.12.2021
El tiempo

1ª Autonómica: O poder do fútbol da Costa

1ª Autonómica: O poder do fútbol da Costa

Semana espectacular para os equipos costeiros na 1ª. I é que ademais das dúas vitorias de Malpica e Ponteceso, o partidazo do sábado en Ara Solis entre Fisterra e Camariñas traspasou as nosas fronteiras. Un partidazo cheo de intensidade, cunha bancada a rebentar, dá conta de por que o fútbol da Costa ten a potencia que se lle outorga dende toda a provincia.

Fisterra - Camariñas (3-3)

Fisterra-Camariñas- Foto- Fran Insua
  • FISTERRA: Joselu, Robertín, Piti (Roberto, min.55), Manuel Cartamil, Roco, Sergio Manín, Marco do Cabo (Guardiola, min.65), Cote, Roa (Tata, min.65), Hugo (Rubén Insua, min.80), Aitor.
  • CAMARIÑAS: José Luis, Brais Mouzo, Julito (Roi, min.75), Sergio, Manuel (Carlos, min.55), Paco (Basti, min.73), Moriño, De la Sierra, Juan oBello, Martín (Saviola, min.85), Brais.
  • Goles: 0-1, min.7: Juan oBello; 1-1, min.15: Aitor; 2-1, min.40: Sergio Manín; 2-2, min.68: Juan oBello; 3-2, min.73: Cote; 3-3, min.85: Brais.

Partidazo en Ara Solis ante máis de 300 persoas. Choque con alternativas no xogo e no marcador pois se se adiantaba o Camariñas ao comezo logo tivo que remontar por dúas veces os goles locais.

Comezaba o Camariñas poñéndose por diante cun tanto de pillo de oBello tras un erro de Roco. Brais puido ampliar a vantaxe nun man a man de contado pero Joselu impediuno e Aitor colocaba a igualada, xusto cando o Fisterra comezaba a mandar no campo. Antes de marchar ao descanso Sergio Manín asinaba o 2-1 que deixaba vantaxe aos locais.

Pero á volta aparecía de novo oBello para tirar do seu equipo, enxogo, e en goles. Empataba pero era Cote de seguido o que volvía levantar á parroquia fisterrá dos seus asentos para celebrar o que podía ser a defintiva puntiña. Pero non foi así. Foi Brais, o que xa contra o final asinaba de cabeza un tanto que puña as defintivas táboas no marcador para pechar un partidazo dos que se lembrarán.

Imaxe do gol de Aitor - Foto- Jorge Parri

Piloño - Ponteceso (1-4)

  • PONTECESO: Norberto, Rubén, Alberto, Jorge, Javi Peón, Mendieta, Alberto Recarey (Urbieta, min.75), Canai (Bolón, min.75), Nando (Brais, min.72), Bieito (Tucho, min.55), Toniño.
  • Goles: 1-0, min.60; 1-1, min.65: Javi Peón; 1-2, min.70: Urbieta de cabeza; 1-3, min.80: Brais; 1-4, min.88: Brais a pase de Toniño.

Resultado enganoso o colleitado polo Ponteceso na cancha do pechacancelas. I é que foi un choque moi igualado, que só se rompeu nos últimos 20 minutos.

A primeira metade foi igualadísima, que rematou 0-0 ao descanso. De feito, os 10 primeiros minutos do partido presionaron os locais pero pouco a pouco os pontecesáns foron meténdose e contolando o medio campo.

No segundo tempo repetiuse o mesmo guión, e de feito o Piloño se puxo por diante. Un gol que fixo reaccionar aos pontecesáns, que se puxeron as pilas. Javi Peón empatou e co 1-2 de Urbieta os locais se viñeron abaixo. Brais sentenciou con dous tantos.

Curioso o detalle, pero ao final do partido o equipo contrario pediu revisión de fichas... Sen incidencias claro.

Malpica - Laro (5-0)

O Malpica segue 4-Foto- Luis E Porto
  • MALPICA: Suso (Víctor Martínez, min.72), David Castro, Martín Uruguaio (Marco, min.66), Juanjo Rabuñal (Alemán, min59), Víctor, Mario Casal, Neucha, Rancaño (Ismael, min.70), David Blanco, Tato (Charro, min.70), Adrián.
  • Goles: 1-0, min.6: Tato de cabeza tras un rexeite; 2-0, min.30: Neucha a centro de, min. Uruguaio; 3-0, min.35: David Blanco a pase atrás de Tato que recibía un gran pase de Adrián; 4-0, min.65: David Blanco coa caña preparada tras un rexeite; 5-0, min.70: Neucha de cabeza a centro de Adrián.

Partidazo do Malpica na Pedra Queimada, que saíu coma un terremoto para sentenciar de contado. Xa marcou no min.6 pero antes xa avisara por partida doble con ocasións de Neucha e David Blanco, pero goi Tato quen abiu o marcador. Espertaron algo os visitantes pero só foi un espellimso e á media hora chegaba o segundo e o Malpica volvía controlar o partido ata o final sen perigo.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Fonte

comentarios