sábado. 09.11.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Só o Malpica suma de 3 en 3

1ª Autonómica: Só o Malpica suma de 3 en 3
Malpica-Puebla-Foto-Wash-Calvo

Non foi demasiado positiva esta 18ª xornada da 1ª Autonómica para os nosos. Só o Malpica, o equipo máis destacado da Costa un ano máis, vencía con solvencia ao Puebla, facendo un favor aos veciños costeiros en apuros. Estes son Camariñas e Ponteceso, que seguen en liñas moi negativas. O cadro pontecesán estreaba a David Velo ao mando no banco, pero sumaba a 4ª derrota consecutiva. O equipo de Berto sufría dous vendabais, o do tempo e do Villestro.
Ademais, a Esteirana caía ante o Cordeiro e o Baio empataba en Agolada cun sabor agridoce.

Cordeiro - Esteirana (3-2)

  • ESTEIRANA: Rubén, Codesido (Rafa, min.40), Serrano, Maseiras, Pabliño, Dani Rama, Álex (Adrián, min.70), Andel (Raúl, min.70),Simón, Kike e Róber Pladur.
  • Goles: 0-1, min.30: Róber Pladur nun man a man co porteiro tras romper a defensa en liña dos locais; 1-1, min.48: Remate de cabeza que para se cola nas mallas tras tocar o porteiro; 1-2, min.55: Róber Pladur de idéntica xogada que o pimeiro; 2-2, min.63: Centro en diagonal que introducen a defensa visitante en propia, cando intentaba cortar o balón; 3-2, min.88: penalti que transforman a esquerda do porteiro.

Partido que deixa a Esteirana sen puntuar ante un rival da súa liga. Comezaba a primeira metade con un partido aberto, xogando o balón e disputando os mellores momentos do encontro por ambos equipos. O xogo de toque do Cordeiro non facía dano, e tras cederlle o balón e darlle campo chegaron as mellores ocasións da Esteirana. Álex tiraba ó longueiro tras pase atrás de Róber, cesión perigosa ao porteiro local que despexou con problemas o gardamallas local, e despois balón ao espacio libre onde entra Róber para romper a igualdade do marcador.

Remataba a primeira parte con boas sensacións a Esteirana pero tras o comezo da segunda chega o gol local que fixo dudar ós blaugranas. Rápido contrarestou Rober con un gol idéntico ao primeiro, o cal volvía a dar vantaxe. Sen embargo o Cordeiro empataba nunha degraciada xogada onde o gol en propia de Maseiras dou alas aos de Esteiro que se foron a pola victoria e atopáronse no último minuto con unha contra rival, penalti e gol. Finalmente a vitoria foi para os da casa, acercándose así a Esteirana un pouco máis aos postos de perigo da clasificación.

Cómpre destacar a magnífica a afección do Cordeiro, animando sen parar todo o partido, con cántigos variados, modernos e xerando un atractivo ambiente para un partido de fútbol modesto.

Malpica - Puebla (4-0)

11 do Malpica ante o Puebla-Foto-Luis Porto
  • MALPICA: Pombo (Abraham, min.78), Adrián, Manu Casal, Alemán, David Castro, Fernando Varela, Andrés (Mario Casal, min.66), Cheo (Eloy Cabeza, min.64), Abel (Neucha, min.61), Juan oBello, Óscar Suárez (Tato, min.69).
  • Goles: 1-0, min.10: Juan oBello de falta lateral; 2-0, min.12: Óscar Suárez de cabeza en prancha a centro de Fernando Varela; 3-0, min.50: Óscar Suárez de cabeza tras un saque de banda peiteado por Abel; 4-0, min.55: Óscar Suárez remacha un centro raso de Cheo.
O Capitán malpicán Andrés co capi do Puebla e os colexiados-Foto-Luis Porto

Partido prácido para o Malpica ante un equipo da zona baixa. Os de Baña solventaron pronto o encontro, con dous goles en apenas 12 minutos, e se adicaro a contemporizar. Non foron moitas as ocasións de feito case foron 4 os tiros a porta efectuados, pero a eficacia foi total, o que unido á unha gran fortaleza defensiva, permitiu un choque tranquilo. Óscar Suárez con 3 tantos, foi o protagonista.

Ponteceso - Bertamiráns B (0-2)

  • PONTECESO: Eusebio (Illote, min.65), Lorenzo, Josito, Dani Cotelo, Javi Peón, Alberto Recarey, Youseff (Diego, min.60), Dieguito, Martín Puente (Nando, min.65), Bolón e David Brenlla (Iago, min.76).
  • Goles: 0-1, min.5; 0-2, min.65.
  • Expulsións: o míster David Velo e Dani Cotelo no min.65.
  • Lesión: o meta Eusebio cun golpe no segundo gol visitante, cun problema no xeonllo ao caer mal.

Pouco cambiou no Ponteceso tralo relevo de David Velo por Mato no banco. Velo, que xa viña exercendo de segundo adestrador, tomou as rendas, pero non vai variar para nada a aposta pola xente da casa e pola mocidade do seu antecesor. Un Mato que ademais non se vai desvincular do equipo. "Mato é sinónimo de Ponteceso", valora con rotundidade o propio Velo.

E non variou nada, tampouco o resultado típico desta temporada que deixa a estas alturas ao cadro pontecesán afundido xa a 7 puntos da salvación. Onte David Velo estivo moi xusto de xente, e mesmo tivo que afrontar o partido con 4 xuvenís no campo. En contra estaba un filial do Bertamiráns moi forte, un equipo que vai moi ben de cabeza, e de feito os dous goles chegaron a balón parado, aproveitando a debilidade física dos pontecesáns.

Foi un partido sen demasiado xogo, cun cadro local intentando baixar o balón e un equipo visitante buscando balóns aéreos. Na primeira, un tiro de Alberto Recarey, un disparo de Martín Puente, e unha falta que mandou repetir o colexiado cando se colaba foron as mellores ocasións para anular o gol inicial dos visitantes. Pero non chegaba o empate, e o que si chegou foi no ecuador da segunda metade o tanto da sentenza, ante as protestas locais por unha posible falta ao porteiro, que deixou ao equipo con 10 moitos minutos pola expulsión de Dani Cotelo, que tiña que estrearse no centro da defensa ante as baixas. David Brenlla aínda tivo unha que non enganchou, pero o marcador non se movería.

Camariñas - Villestro (2-4)

  • CAMARIÑAS: José Luís, Sule, Roi, Sergio (Asier, min.46), Manu, Moriño, Pirucho, Mario Toja, Martín, Yuyo e David Toja (Wii, min.60).
  • Goles: 0-1, min.10; 0-2, min.15; 0-3, min,.20; 1-3, min.30: David Toja; 2-3, min.75: David Toja; 2-4, min.90.
Granizada en Camarinas-Foto-Jose Campana

Tarde de cans no Hermanas Patiño, e mesmo tivo que suspenderse o partido momentaneamente por mor dunha tremenda granizada.
Pero o vendabal máis importante foi o do xogo do Villestro durante o primeiro cuarto de hora, ante o que pouco puido facer o cadro de Berto ante un equipo, 3º na táboa, que xa sentenciara o partido aos 20 minutos, cun xogo espectacular ante o que nada puido facer o cadro local.

Recurtaba David Toja á media hora e no ecuador da segunda metía a incertidume no marcado co 2-3. Foron bos minutos do cadro camariñán que estivo pret do empate, cun par de tiros de Martín e unha falta de Mario que saíu pegada ao pau, pero o Villestro soubo aguantar e matou o partido nunha contra no min.90.

Agolada - Baio (1-1)

  • BAIO: Anxo, Alberto II (Rubio, min.70), Mario, Norber, Eloy, Martín, Brais, Bieito, Alberto (Ramón, min.76), Santi Díaz (Fachal, min.60), Canay (Christian, min.40).
  • Gol: 0-1, min.89: Norber; 1-1, min.93.

Partido duro en Agolada ante un dos equipos da zona alta. O Baio demostrou que pode competir ante calquera e non levou o premio dos 3 puntos de milagre. A primeira metade foi moi igualada, sen dominador claro, e con poucas ocasións de gol.
Tras unha segunda metade cun Baio moi activo, chegaba o gol de Norberto xa case que co tempo cumplido, pero cando parecía que os puntos ía voar a Baio, o cadro local acadaba o empate noutro final de infarto.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios