Domingo. 28.04.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O Malpica frea ao Club do Mar mentres ferve a zona baixa

2ª Autonómica: O Malpica frea ao Club do Mar mentres ferve a zona baixa

Intensa, por arriba e por abaixo, a xornada 26 na Liga da Costa. O líder, Club do Mar, enfrontábase ao equipo máis en forma, o Malpica, e conseguía sumar un punto nos últimos intres. Por detrás mantense firme o Camariñas mentres o Fisterra recibía a un descarado Corme que arrincaba un punto de Ara Solis. A loita polas 4 primeiras prazas de ascenso será intensa, pois Baio, Muros e Corme non darán por perdidas e están a 6 puntos do Malpica.

E por abaixo a cousa segue fervendo. Co Pindo xa afundido, a segunda praza de descenso esta en xogo. E parece que o Nantón é o peor situado, sobre todo trala derrota de onte ante o Buño. Os cabaneses están a 4 puntos da salvación, que marcan agotra Corcubión, Zas e Mazaricos. Os 3 perdían esta semana, sendo as derrotas de Corcubión e Mazaricos ante rivais directos que se dan un respiro (San Lorenzo e Castriz) mentres que a do Zas chegaba no derbi cun superior Baio.

Mazaricos - Castriz (0-2)

  • MAZARICOS: Juan, Casais (Estéfano, min.65), Tubi, Matías, Tuco, Ramón, Rodri (Chico, min.87), Esteban (Marcos, min.55), Cristian (Aldo, min.55), Brais, Kevin (Rafa, min.78).
  • CASTRIZ: Herrera, Martín, Sergio Pose (Prego, min.46), Alberto (Bruno, min.50), Alex, Toño, Agra, Mauri (Sergio Gerpe, min.80), Jonhie (Jorge, min.75), Pepe, Sebas.
  • Goles: 0-1, min.42: Jonhie; 0-2, min.49: Jonhie.
  • Expulsión: Martín, min.90.

Partido igualado na parte baixa con ocasións para todos. Levou o peso o Castriz, moi mellorado nas últimas semanas e coas altas, que volve demostrar que xoga mellor fóra da casa. Onte tivo sorte o cadro rossonero cun doble gol psicolóxico ao fío e á volta do descanso, e que contou ademais coa axuda da defensa mazaricá.

O Mazaricos tivo ocasións na primeira, sendo superior, e tocando moi ben o balón. Pero aproveitouse dunha indecisión da defensa local o Castriz ao fío do descanso para marchar por diante do marcador. E sen tempo, o propio Jonhie marcou á volta dos vestiarios noutra indecisión local sentenciando o choque.

Herrera, pola contra, fixo un partidazo na meta xalleira, que foi axudado por Martín que tamén salvou par de balóns baixo paos, sendo os mellores do Castriz e do partido. De aí ao final intentouno o Mazaricos, pero foi marchando do partido axudado pola mala arbitraxe.

Fisterra - Corme (2-2)

  • FISTERRA: Joselu, Piti, Nico (Gustavo, min.56), Manuel Cartamil, Pana, Roco, Santi (Rivas, min.62), Eddy, Roa (Bruno, min.37 (Munitis, min.90), Dudo e Marco do Cabo (Cote, min.86)
  • CORME: Susiño, Adolfo, Alejandro, Jesús (Chino, min.86), Pandi, Martinciño (Dani, min.74), Juan Chans (Lelo, min.93), Adrián Doldán, Iago, Lucas e Diego (Abel, min.60)
  • Goles: 1-0, min.50: Dudo tras unha xogada de Bruno; 1-1, min.75: Iago de penalti; 2-1, min.85: Marco Docabo de penalti; 2-2, min.92: Juan picando por riba de Joselu.
  • Lesións: Os fisterráns Roa cun nocello tocado, Nico e Santi, cun dente roto tras empotrarse contra unha varanda por un empurrón.

Ambientazo en Ara Solis, con 2 buses de Corme e xente de toda a bisbarra nas bancadas, para recibir a un Corme que non lle teme a nada. E así o demostrou, tratando de ti a ti a todo un Fisterra, e completando ambos equipos un partidazo en toda regla. O partido comezou sen dominador claro, pero cun Fisterra presionando moi arriba e decidio a ir polo partido. Non se moveu o marcador no primeiro tempo, pero si o fixo á volta dos vestiarios cunha boa xogada do xuvenís Bruno que rematou Dudo.

Pero o colexiado tamén quería ser protagonista e a 15 minutos do final sinalou dous penaltis. O primeiro, un penalti innecesario dos fisterráns, que puña o empate no marcador; e o segundo que foi claramente fóra da área, pero que o colexiado meteu dentro permitindo que Marco asinase o que parecía o definitivo 2-1 a falta de 5 minutos.

Pero non estaba todo acabado, e aínda tivo arrestos o Corme para botarse arriba e acadou o empate nunha xogada de Juan.

Malpica - Club do Mar (2-2)

  • MALPICA: Suso, Charly, Víctor, Andrés, Marco, Rancaño (Iago, min.78), Neucha, Daniel (Manu Pardo, min.83), Juny (Avelino, min.36), Tato, Charro.
  • CLUB DO MAR: Zalo, Rubén, Repi, Álex, Chori, Juan Lareo, Jhonny, Jacobo, Santi Silva (Bertín, min.67), Vituco, Chapu.
  • Goles: 0-1, min.35: Vituco tras unha internada de Jhonny; 1-1, min.55: Tato tras unha xogadad e Charro; 2-1, min.65: Charro tras un penalti cometido sobre el; 2-2, min.93: Vituco empurra a rede un rexeite do poste a tiro de Rubén.
  • Lesións: os malpicáns Juny e Rancaño e o visitante Santi Silva.
  • Expulsado: o local Andrés ao final da primeira metade.

Partidazo en Pedra Queimada, dos que fan afección, con moita xente nas bancadas, megáfono e bombo, cun fútbol duro e vibrante, que mantivo a tensión ata o último segundo. Enfrontábanse o equipo máis en forma da Liga co líder, e ambos demostraron porque están onde están. Saíu o Malpica con moita agresividade, moi mentalizados, e a base de forza foron impoñendo o seu xogo. Dani avisaba pero o cadro caionés íase metendo no partido. Jhonny e Vituco devolvían o acuso e o propio dianteiro caionés facía o primeiro a 10 minutos do descanso.

O partido continuaba duro e peleón e antes de marchar aos vestiarios o cadro local quedaba con 10 pola expulsión de Andrés. O Malpica, así e todo, non decaeu, e saíu forte no segundo tempo. Tato entraba por banda, pero era Charro o home máis perigoso. Nunha internada cedía para que Tato asinase o empate, e sen tempo para dixerilo, o propio Charro forzaba un penalti que el mesmo se encargaba de materializar.

A partir de aí o Club do Mar embotellou aos locais, pero o empate non chegaba. Non chegaba ata que xa co tempo cumplido e tras un par de avisos, Vituco demostraba a súa picardía aproveitando un rexeite a un tiro de Rubén que pegaba no poste, para facer o definitivo e xusto empate.

Esteirana - Sofán (1-1)

  • ESTEIRANA: Beni (Benito, min.33), Maceiras (Cajulo, min.46), Simon (Dani, min. 62), Rama, Adelino, José Varela, Alex (Adrian, min.70), Uru, Rober Pladur, Andel (Isma, min.46) e Iago.
  • SOFÁN: Luis, Adrian, Gustavo, Eloy Boedo, Juanjo, Pensado (Miniño, min.35), Victor Docampo, Ivan Rey, Edu (Berti, min.64), Gurita (David Pensado, min.80) e Suso Docampo.
  • Goles: 1-0, min.48: Cajulo a pase de Roberto Pladur; 1-1, min.89: Gus tras un barullo na área.
  • Expulsión: o local Jose Varela no min.87.

Conseguiu un punto o Sofán no último suspiro nunha tarde estival no Xosé Luís Vara ante unhas 150 persoas. O partido comezaba cun Sofán que levaba algo máis o control do balón, pero cunha Esteirana afiada, que saía en canto podía. Pladur e Iago avisaban, pero tamén respondían os Gurita ou Suso Docampo.

A saída tralo descanso dos Cajulo e Isma daban novos bríos aos locais e era o propio Cajulo o que puña o 1-0 no marcador tras un pase de Roberto Pladur. Foron minutos nos que a Esteirana puido sentenciar pero Pladur en dúas ocasións e Cajulo ao pao, fallaron e deixaron aberto o partido.

A SD non deu por perdido e botouse arriba nos últimos instantes, co premio, xa case co tempo cumplido, do empate nunha xogada a balón parado e tras varios rexeites, como máis doe.

Dumbría B - Camariñas (1-5)

  • DUMBRÍA B: Sergio, José Manuel, David Carreira, Samuel, José, Esteban de Baíñas, Riki (Josito,m in.65), Jesús, Adrián (Roi, min.46), Pablo Lestón, Alberto (Ivanete, min.70).
  • CAMARIÑAS: Pombo, Alberto, Maikel, Diango (Manuel, min.80), Pacvo (Isma, min.80), De la Sierra, Javi (Nené, min.85), Adrián (Nico, min.75), Juan oBelllo, Leo.
  • Goles: 0-1, min.5: Leo; 0-2, min.55: Juan oBello; 0-3, min.60: Juan oBello; 0-4, min.75: De la Sierra; 0-5, min.80: Leo; 1-5, min.87: Josito.

Partido fácil para o Camariñas, que volve a atoparse con bo xogo. Comezou acertado o cadro camariñán que aos 5 minutos xa se puña por diante por medio de Leo. A primeira metade continuou igualada, cun Camariñas algo máismetido pero cun Dumbría B que prantaba cara.

Pero o comezo da segunda foi clave, con dous goles de oBello, de novo dos mellores sobre o céspede, que sentenciaron o choque.

Muros - O Pindo (5-1)

  • MUROS: Fabio, Javi, Gael, Marco, Teo, Dani, Kiko, Jesús, Yanki, Óscar, Sexo.
  • O PINDO: Bicho, Javi Conexo, Eloy, Juan Fis, Diego León (Vilela, min.80), Diego Trillo (Ángel, min.50), Manolito, Carlos Leis, Pablo, Riolo (Garrido, min.46).
  • Goles: 1-0, min.5: en propia; 1-1, min.10: Diego León de falta; 2-1, min.44: Teo de cabeza nun córner; 3-1, min.50: Óscar; 4-1, min.55: Óscar; 5-1, min.60: Yanki.

Continúa en cadro o equipo carnotán, que ten que xogar Bicho de porteiro pola lesión de Garrido no ombreiro, que lle permite, iso si, xogar uns minutos de xogador de campo. Ademais os 3 centrais (Dani Freire, Alex e Juan de Dios) eran baixas. E aínda así, coma sempre, apretaron os locais ata o descanso, ata que duraron as forzas.

Comezaba o partido cun gol inicial do Muros ao que respondía Diego León cunha fermosa falta. O Muros seguía atacando e facendo moito dano sobre todo a balón parado. Así chegaría o 2-1, ao fío do descanso, un gol que pesou demasiado no cadro visitante que veía ademais como Riolo tiña que abandonar o campo nesa xogada. A segunda foi un paseo para o Muros que en 15 minutos xa estaba con 5 tantos.

Nantón - Buño (0-3)

  • NANTÓN: Norberto, David, Eloy, Félix, Diego, Carlos Vidal, Fabio, Cristian, Luís, Manolo, Rubén (Sito, min.50) (Martín, min.65).
  • BUÑO: Toni, Ángel, Diego, David (Rubén, min,80), Brais, Jorge, Elías (Richard, min.85), Isma (Emilio, min.70), Miguel Dourado (Eloy, min.46), Juan, Víctor.
  • Goles: 0-1, min.43: Juan; 0-2, min.80: Emilio; 0-3, min.85: Juan cun golazo de interior a pé cambiado pola escuadra.

Hai tormenta en Nantón, que perde ata xogando ben. O cadro cabanés recibiu un forte pao ao caer na casa ante o Buño. Queda o Nantón a 4 puntos da salvación mentres que o Buño escapa. E iso que na primeira metade saíu ben o cadro local, con máis control e con algunha ocasión por bando local, ante un Buño que non se afacía ao campo.

Un parada de Toni permitiu que que non se movese o marcador e na case primeira chegada dos visitantes, no min.43, Juan abriu o marcador facendo unha ferida seria no cadro local.

Na segunda o partido igualouse, con control alterno, pero o Nantón pegou un baixón físico e moral. O Buño foi chegando, e pediu posible expulsión por un agarrón sobre Félix cando marchaba directo a porteríá que quedou en cartón amarelo. Pero non sentenciou ata o segundo gol, que non chegou ainda no min.80.

San Lorenzo - Corcubión (1-0)

  • SAN LORENZO: Recarey, Santi (Miguel Varela, min.70), Quillo, Casillero, Puñal, Anxo, Adrián, Fuentefría (Bartolo, min.85) Jorge, Chucho, Javi Pensado.
  • CORCUBIÓN: Andrés, Senra, Lema, Conguito, José de Atalaya, Papi, David, Sebas, Alán, Lourido (Camacho, min.75), Mario (Sancho, min.46)
  • Gol: 1-0, min.92: Bartolo.
  • Expulsión: o local Miguel Varela (min.75).

Demasiado castigo para o Corcubión nun choque igualado. Un choque intenso, con poucas ocasións para os dous equipos, que tiñan moito medo a perder. O San Lorenzo intentábao coas súas mellores armas, xogadas a balón parado. Polo bando contrario, Edu e Lourido intentarono sen acerto.

A segunda metade foi semellante, moito medio campo e pouca claridade. E cando o partido esmorecía co empate a 0, co San Lorenzo xa con 10, unha xogada a balón parado rematou co gol da vitoria dos locais, que dan un salto importantísimo na táboa e meten ao Corcubión en serios problemas.

Zas - Baio (0-4)

  • ZAS: Elías, Pereiro, Dani, Mancebo (Diego, min.80), Oliver, Lagoa, Ismael (Quintáns, min.75), Rubio, Peque, Jaime (Rony, min.70), Pablo Muíño (Pastor, min.70).
  • BAIO: Manuel, Matías, Gabo, Fredi (Fermín, min.55), Ramón, Eloy, Mario (Fachal, min.65), Alberto (Martín, min.52), Javi Suárez, MC, Canai.
  • Goles: 0-1, min.5: Canai tras un erro do meta local; 0-2, min.15: Alberto cun golazo; 0-3, min.30: Javi Suárez; 0-4, min.35: Alberto.
  • Expulsión: o zaense Rubio aos 22 minutos.
  • Lesión: Pablo Muíño cunha máis que posible lesión grave de nocello.

Non entrou en ningún momento no partido o Zas, con serias faltas de adestramento, e o partido demostrou a diferencia dos dous equipos na táboa. O partido comezou co regalo do meta local que aproveitaba Canai para poñer por diante aos baieses. E á media hora xa ían 0-3 e o Zas con 10, morrendo xa o partido. Só, co 0-2 un man a man de Pablo Muíño puido meter ao Zas no partido pero o dianteiro de Baíñas fallou. Un Pablo Muíño que sufríu unha forte lesión no nocello, e que soa para reforzar o Dumbría, e mesmo soa como primeiro alicerce dun hipotético Baíñas, clube que pode nacer para a vindeira temporada.

Destacar o traballo de todo o Baio, pero con especial fincapé no partidazo do lateral baiés Matías.

Nova relacionadas

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios