sábado. 09.11.2024
El tiempo

3ª Autonómica: 8 equipos para 6 postos

3ª Autonómica: 8 equipos para 6 postos

Segue todo moi aberto na Terceira, e ante a incertidume do número de equipos que ascenderán, semella que ata o oitavo posto todos van loitar por quedar o máis arriba posible. Os dous primeiros clasificados firmaron unhas táboas que non lle veñen mal a ningún dos dous, deste empate o beneficiado foi o Cabana que lle gañou ao Cerqueda e ponse de primeiro igualado a puntos co Coristanco, pero estes cun partido máis. O que ascendeu varios postos foi o Fisterra B, pois tras o tres puntos gañados pola semana por ir a diante o recurso do partido ante o Muxía e coa vitoria o sábado ante o Lira xa se colocan sextos. O Carnota tampouco fallou e segue na escalada cara arriba.

Cabana - Cerqueda (3-1)

  • CABANA: Añón, Pancho, Jose (Rubén García, min.89), David, Eloi García, Josiño, Adrián (Diego, min.60), Darío (Eloi Pereira, min.70), Sandro, Rubén Rama e Nando (Fran Martuxa).
  • CERQUEDA: Fredi, Rober, Javi (Athu, min.90), Juan, Javi Pazos, Dani, Lorenzo, Maikel (Nión, min.70), Manu, Dani Añón (Jorge, min.65) e Alex.
  • Goles: 1-0, min.22: Jose; 2-0, min.45: Rubén Rama, de penalti; 2-1, min.81: Alex, de penalti; 3-1, min.87: Sandro.
  • Expulsións: O local Eloi García (min.93) e o visitante Juan (min.92) por dobre cartón amarelo os dous e inmerecidamente.

Partido pouco brillante polos dous bandos, moito xogo directo e aéreo con poucas ocasións de gol e cunha parte para cada equipo. Os locais foron mellores nos primeiros corenta e cinco minutos nos que se adiantaron por medio de Jose e un dubidoso penalti que transformou Rubén Rama.

Tralo descanso os visitantes empurraron máis e conseguiron reducir distancias a des minutos do final, ao transformar Alex unha pena máxima inexistente segundo a versión do equipo cabanés. A partires de aí Alex tivo dúas ocasións moi boas para empatar, nunha lanzou o balón ao pau e noutra saíu a rentes do pau, pero quen sentenciaría serían os locais cun gol pantasma que o colexiado deu validez e lle dá tres puntos moi importantes aos de Cabana que lle serven para subir ao máis alto da clasificación tralo empates entre Outes e Coristanco.

Lira - Fisterra B (1-3)

  • LIRA: Miguel Anxo (Petete, min.70), Santi (Pelexo, min.46), Yerai, Edu, Miche (Oscar, min.46), Ancho, Fernando, Suso Patachin, Abel, Gabri e Fran Perico.
  • FISTERRA B: David Perlón, Didier, Dudo, Pablo (Cote, min.55), Rubia (Manu min.76), Marco Castreje, Champi (Noé, min.75), Tano (Gaby, min.65), Juanjete (Carlos, min.50), Pirri e Rubén Insua.
  • Goles: 0-1, min.20: Rubén Insua; 0-2, min.33: Marco Castreje; 0-3, min.68: Carlos; 1-3, min.85: Fran Perico.

O Fisterra B conseguiu a quinta vitoria en seis xornadas e xa son sete as xornadas que suma sen perder. Un filial que saíu bastante enchufado ao partido e Ruben Insua o pouco de comezar xa puido poñer por diante ao conxunto verdillo. Non foi ata mediado o primeiro tempo cando Insua recolle un balón no mediocampo arranca por banda levando ata tres contrarios e definindo ao pau longo ante o meta liracho. Os locais reclamaron con moita insistencia que o balón sairá fóra do campo considerablemente. Foron os mellores minutos dun Fisterra B que non era capaz de enlazar o seu xogo de toque por mor do campo. Pouco despois, Marco Castreje de falta directa dende a frontal aumentaba a vantaxe antes do descanso.

Logo do descanso os visitantes relaxáronse, e o Lira pasou ter boas ocasións sobre todo fabricadas por Ancho e Óscar, pero Nin Gabri nin Edu estiveron acertados nos remates, quen non desaproveitaría ocasión de marcar foi o visitante Carlos que a contra matou o encontro. De pouco serviu nos minutos finais o gol do Lira que segue sen saír dos postos de abaixo mentres que o filial xa se atopa sexto, un posto que pode ter premio ao final da campaña.

Laxe - Soneira B (3-2)

  • LAXE: Illote (Diego, min.61), López, Jaja, Jacinto, Aarón, Rubén (Antonio Castro, min.78), Iván Ventura (Oscar, min.54), Felipe, Darío, Zurich (Adán, min.36) e Samuel.
  • SONEIRA B: Víctor, Vicente, Alberto, Roi, Marquitos, Jemisa, Quilmes, Chans, Félix (Chuchi, min.85), Cristian de Carantoña e Cho.
  • Goles: 1-0, min.13: Samuel; 1-1, min.26: Félix; 1-2, min.56: Dani; 2-2, min.87: Felipe; 3-2, min.88: Samuel.
  • Expulsións: Os visitantes Vicente (min.92) por dobre cartón amarelo e Cristian de Carantoña con cartón vermello directo por protestar a expulsión do seu compañeiro.
  • Lesión: O local Zurich no nocello por unha forte entrada de Roi.

Non soubo pechar o encontro o filial soneirán e ao final atopouse cos arreóns clásicos do Laxe nas segundas metades que lle deron os tres puntos. Os Soneiráns estiveron mellor nos primeiros 45 minutos, pese a que se atoparon cun gol en contra, no que o meta Víctor non estivo acertado nun despexe e o balón lle quedou franco a Samuel para que marcar a porta valeira. Félix cun tiro cruzado dende o vértice grande da área poría o empate e así se irían ao descanso. Semellaba que o filial Soneirán estaba máis metido no partido, pero o gol de Dani non sentou moi ben aos de Vimianzo que se foron relaxando e creando moita incertidume en defensa, disto aproveitáronse os de Laxe que foron avisando e ao final marcaron, por partida dobre e nos minutos finais deixando sen marxe de reacción ao equipo de Mayco que ademais perde a dous xogadores para a semana por expulsión.

Atl. Pereiriña - Porteño (0-2)

  • ATL. PEREIRIÑA: Simon, Alvaro, Jose, Javichu (Javier, min.75), Mateo (Grille, min.85), Mario, Alex, Poqui, Nestor, Morcillo (Rafa, min.60) e Victor.
  • PORTEÑO: Asiel, Iago, Maikol, Iagos Carril, Brais, Asier, Ismael (Oscar, min.65), Piti (Tajes, min.80), Jorge (Gabi, min.75), Wii (Jimy, min.85) e Varela.
  • Goles: 0-1, min.50: Toniño.
  • Expulsión: O xogador local Mario (min.60) por cartón vermello directo por unha agresión a Piti.

Encontro moi igualado no que o acerto rematador do Porteño e o bo facer do seu porteiro Asiel foron determinantes para sumar os tres puntos. A primeira parte estivo moi igualada en canto a ocasións de gol, aínda que os visitantes tiveron mais o balón. Unha perdida de balón do equipo de Cee ocasionoulles o primeiro gol. Néstor tivo o empate xusto antes do descanso, pero a porta valeira, incomprensiblemente mandou o balón fora.

Na segunda parte os locais pasaron a ter máis posesión e mandar no encontro, pero Asiel estivo moi acertado e non lle deu opción de remontada aos da Pereiriña. Xa cando estaban con 10 pola expulsión de Mario, os da Ponte puxeron a sentencia.

Pese a perder os tres puntos a alegría reina por Cee ao ver como o seu compañeiro Gabri xa está en planta e se recupera do tráxico golpe que fixo a toda a familia estar en vilo no último mes.

Volantes de Baño - Corcoesto (5-3)

  • VOLANTES: Masu, Juan, Maikel, Josiño, Paquy, Pardelo (Pirujo, min.60), Nimo, Brais (Varito, min.85), Ivi (Javi, min.80), Piti e Edu (Fran, min.50)
  • CORCOESTO: Siro, Lista, Edelmiro, Germán, Pablo, Longo (Miguel, min.55), Uru, Luís, Javi, Miguel e Héctor (Rodri, min.20).
  • Goles: 0-1, min.5: Longo; 1-1, min.8: Nimo; 2-1, min.20: Piti; 3-1, min.24: Piti, de penalti; 3-2, min.30: Miguel; 4-2, min.33: Juan; 5-2, min.40: Pardelo; 5-3, min.80: Miguel.
  • Lesións: Os visitantes Héctor, por problemas musculares e Edelmiro, cunha brecha nunha cella.

Partido que tivo varias fases e no que os visitantes tiveron as súas opcións de engancharse na segunda metade tras o terceiro gol, pero a lesión de Edelmiro con todos os cambios feitos obrigoulles a xogar con 10.

Na primeira metade os locais souberon repoñerse ao gol tempraneiro dos de Corcoesto e marcaron cinco goles, o de penalti foi moi discutido polo bando visitante. Ao final os visitantes controlaron ben a vantaxe e co rival con 10 non pasaron apuros para defender os tres puntos.

Xaviña - Independiente (0-1)

  • XAVIÑA: Pablo, Jallejo (Diango, min.85), Sergio, Caamaño (Juan Antonio, min.46), Chiribí, Búa, Daviola (Elvis, min.60), Yuyu, Brion (Angel, min.72), Frutos e Martín.
  • INDEPENDIENTE: Upi, Jonathan, Yuni, Rubén, Iván Lorenzo (Moreno, min.55), Rafa, Dani (Jorge, min.46), Carlos, Brais, Roberto e Ivi.
  • Gol: 0-1, min.65: Yuni.

Un solitario gol de Yuni na segunda metade ao aproveitar unha balón peiteado por Roberto tras unha falta sacada por Jorge deulle os tres puntos aos de Carballo nun partido de empate, no que non houbo moito xogo nin moitas ocasións de gol.

Coristanco - Outes (1-1)

  • CORISTANCO: Gonzalo, Arantón, Luís, Germán, Marcos, Benitez, Adrián (Carlos, min.46), Iván (Sergio, min.46), Pazos, Mallón (Oscar, min.65) e Toniño.
  • OUTES: Gato, Saúl, Debé, Chúa, Arturo, David, Poque, Fabio (Quin, min.46), Deivi (Pitu, min.78), Pesco (Potro, min.63) e Damian (Martín, min.46)
  • Goles: 0-1, min.12: Deivi; 1-1, min.83: Toniño.

Partido entre os dous primeiros clasificados que acabou en táboas e deixa aos dous equipos satisfeitos. Adiantáronse os visitantes cun tanto de Deivi tras recibir un pase en longo de Arturo e o dianteiro da Serra anticipouse ao porteiro e marcou de cabeza. Estivo ben o equipo de Manu Roque na primeira metade e incluso puido poñer algo máis de renta ao seu favor.

Tralo descanso os locais melloraron foron imprimindo cada vez máis intensidade e conseguiría o empate por medio do seu dianteiro gol, Toniño que rematou no segundo pau un centro de Arantón.

Carnota - Camelle (4-0)

  • CARNOTA: Peipo, Urko (Pumuki, min.44), Pedro, Manolo, David Brea, Borja Santos (Jacobo, min.75), Joselu (Tono Goyanes, min.40), Rodrigo (David Castreje, min.90),Tono da Caixa, Manuel Luís (Raúl, min.85) e Manoliño.
  • CAMELLE: Carlos, Cristian, Mauri, Valiña, Buri, René, Alvaro Pantera, Alvaro, Mario, Jose e Sergio.
  • Goles: 1-0, min.33: Manoliño, de penalti por mans, moi protestadas polos camelláns; 2-0, min.75: Pumuki; 3-0, min.79: Manoliño, de penalti feito sobre el; 4-0, min.85: Rodrigo.
  • Expulsión: O visitante Alvaro Pantera (min.85) con cartón vermello directo por protestar.

Pese a avultada derrota o Camelle estivo moi vivo no partido ata os últimos quince minutos onde o canzanzo e a expulsión de Alvaro lles permitiu golear aos carnotáns. Aínda así os pupilos de Alfredo foron superiores e un moi desafortunado Manoliño de cara o gol impediu que os locais sentenciaran antes o encontro. No bando local debutou Jacobo, ex-xogador do Cee.

Muxía - Alcaian (1-3)

  • MUXÍA: Angel Luís, Carrera (Ramón, min.62), Martinciño (Jose Ignacio, min.46), Curras, Jose Manuel, Angel, Pataca (Pesqui, min.75 (Jose Antonio, min.82)), Javi, Ziro, Arxires e Raúl (Yuni, min.46).
  • ALCAIAN: Rizos, Luisito, Diego, Pombo, Dani, Iván Souto, Víctor Pazos, Roberto (Portillo, min.75), David e París.
  • Goles: 0-1, min.10: París; 0-2, min.50: Luisito; 1-2, min.79: Yuni; 1-3, min.86: Portillo.
  • Lesión: O local Pesquy.

Encontro de moita deportividade e pouco xogo o desputado na Arliña. Os visitantes que puxeron un pouco máis de empeño acabaron levando os tres puntos. O encontro foi moi plano e con poucas ocasións de gol, a parte negativa foi a lesión de Pesquy a pouco para o final.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Colabora Miguel de Lira e Serxio Domínguez.

Comentarios