Xoves. 25.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: As dúas loitas seguen fervendo

3ª Autonómica: As dúas loitas seguen fervendo
Xornada 31 da 3ª da Costa e seguen as espadas en todo o alto. E nunca mellor dito, pois continúa a loita pola primeira praza, da que parece que se descolga o Cabana tras caer ante un sorprendente Soneira B. O Carnota segue líder trala complicada vitoria no derbi co Lira, 2 puntos por diante do Outes, que sufría para superar a un Montelouro que queda, por primeira vez en moito tempo, lonxe dos 6 primeiros postos. E cabe aquí unha mención ao Conchido e á afección da Serra. Son, sen lugar a dúbidas, a envexa da Costa, e cada domingo enchen o campo, traendo moita máis xente que todo un Compostela en Preferente. Así, na segunda loita, por meterse entre os 6 primeiros, a cousa ferve. 3 prazas, e 4 equipos en 2 puntos de distancia. Coristanco, Cerqueda, Volantes e o propio Montelouro loitarán por 3 prazas, unha vez que o Porteño perdeu o tren precisamente ante os de Baño.

Outes - Montelouro (2-1)

  • OUTES: Gato, Saúl (Damián, min.57), Martín, Chúa, Lago, David, Arturo, Fabio (Fernando, min.61), Deivi, Potro (Lass, min.78) e Pesco (Kin, min.70).
  • MONTELOURO: Isma, Bolo (Teo, min.88), García, Canelo, Pablo, Chema, Denías, Raúl (Edu, min.85), Geiko, Pesco e Rico.
  • Goles: 0-1, min.50: Rico; 1-1, min.60: Chúa; 2-1, min.80: David.
Tivo que sufrir moito o Outes para dobregar aos veciños que lle deron o balón aos de Outes e defenderon moi ben dende a primeira liña, froito deste traballo os de Manu Roque que acostuma a ter moitas ocasións de gol, desta vez tiveron menos, pero souberon sacarlle proveito. Rico abriu o marcador para os de Louro tras unha boa xogada de Pesco que tira ao longueiro, o rexeite aproveitouno o dianteiro para subir o gol ao marcador. Pouco despois chegou a maior xogada explotada polos locais, unha falta sacada por Potro encontra a cabeza de Chúa que xa leva aportando moito goles. Cando semellaba que o partido se ía quedar en empate, un centro de Damian e rematado maxistralmente por David dende o punto de penalti colándose o balón por toda a escadra.

Carnota - Lira (4-2)

  • CARNOTA: Nowita, Manolo Chouza (Boni, min.70), Pedro, Sergio, David Brea, Tono da Caixa (Urko, min.75), Jacobo, Rodrigo, Pumuki (Andrés de Fandiño, min.10), Joselu e Manoliño (David Castreje, min.80).
  • LIRA: Miguel Anxo, Iago (Pelexo, min.46), Fran, Edu, Miche (Óscar, min.65), Gabri, Manolo, Yerai (Suso Patachín, min.45), Ancho, Suso Perico e Fran Perico.
  • Goles: 1-0, min.24: Manoliño; 2-0, min.55: Jacobo; 3-0, min.60: Tono da Caixa; 4-0, min.65: Manoliño; 4-1, min.69: Fran Perico, de penalti; 4-2, min.80: Fran Perico, de penalti.
  • Expulsión: O local Pedro (min.79) por dobre cartón amarelo.
Derbi entretido e con polémica dende o comezo, pois en Carnota quéixanse que o Lira solicitara trío arbitral cando fai pouco estaban a queixarse de que llo mandaran, e o custe do mesmo tivo que soportalo o equipo carnotán. No plano deportivo foi un partido con dúas partes ben diferenciadas, onde o inicio e final de partido foron para os afeccionados un derbi en toda regla. O Carnota estivo mellor na primeira metade, pero tan só levou unha renta de un gol. Comezaba o choque cos dous equipos respectándose ata que Suso Perico mandou un balón o pao dende o lateral da area no min.5. Aí espertou o Carnota, cun Manoliño que era capaz el só de crear ocasións de gol. Nestas o mesmo Manoliño tivo unha ocasión no min 20 para adiantar aos locais nun man a man co porteiro visitante pero a súa vaselina foi defectuosa. O partido rompeuse por un erro defensivo visitante cando Gabri cedeu o balón atrás e Manoliño. dunha impresionante volea á reviravolta dende a frontal, inaugurou o marcador. Xa era o Carnota nese momento o dominador malia sen crear perigo claro. As dúas afeccións protestarían sendos penaltis a Fran Perico e a Manoliño á media hora. A segunda metade tivo dúas partes ben diferenciadas, unha primeira onde o Lira demostrou por que está na clasificación polos seus erros de concentración, e o Carnota por que vai camiño de 2ª Autonómica, debido a unha pegada enorme. Deste xeito no 46, un saque do curruncho, profundamente protestado polos visitantes, botado por Manoliño, deixou a Pedro, que de cabeza lle deixaría o gol a placer a Jacobo. No 48. outro pase atrás mal executado deixou a Joselu só por banda chegando a liña de fondo para deixar a pracer a Manoliño poñer o terceiro. E sen deixar levantar aos visitantes do golpe chegou o cuarto nunha falta lateral na que os visitantes voltaron a protestar un agarron no salto do remate que puxo o cuarto no marcador local. A partires de aí os visitantes baixaron os brazos e só o carrusel de cambios locais fixo que non caesen máis. Pero un derbi e un derbi e o Ancho, outro vello rockeiro coma Manoliño, aproveitou un pase en longo para plantarse diante de Mowita e este derrubariao cando encaraba porteria, o que desembocou en penalti e cartón amarela, e non vermello como pedían os visitantes. Fran Perico encargaríase de poñer o 4-1 no marcador. Neste intre, nun partido de ida e volta, Pedro cometeria un erro o facer a segunda amarela e deixar os locais con 10 no 70, para na seguinte xogada facer outro penalti os locais (profundamente protestado polos locais por caída de Fran Perico) que el mesmo se encargaria de meter tras un rexeite de Nowita. E aquí o partido seguiu tendo tensión, pero non se materializaría un final de infarto xa que o 4-3 que poñería todo o vermello vivo errouno Suso Patachin nun man a man que sacaría ben Nowita.

Camelle - Laxe (2-3)

  • CAMELLE: Purrúa, Coruña (Buri, min.80), Manuel, Carlos de Dido, Adrián, René, Iván, Sergio, Barreiro, Mario e Jose (Varu, min.75).
  • LAXE: Diego, Rellán (Illote, min.78), Aarón, Naya, Ventura, Jacinto (Saleta Xuvenil, min.46), Borja, Roi (Rivera, min.46), Darío, Samuel e Iván Ferreiro.
  • Goles: 0-1, min.3: Samuel; 1-1, min.20: Barreiro; 1-2, min.48: Saleta; 2-2, min.53: Mario, de penalti; 2-3, min.88: Saleta.
  • Expulsións: O local Varu e o porteiro visitante Diego ambos por cartón vermello directo por un rifirafe verbal (min.78).
Moito premio se levou o Laxe de camelle na tarde do sábado. Os locais tiveron as mellores ocasións do encontro nos pes do seu dianteiro Barreiro que non estivo acertado e fallou ata catro man a man. Ao final o xuvenil Manuel Saleta converteuse no heroe visitante ao marcar os dous goles para o equipo de Lilo, o segundo todo un golazo cunha volea dende o vértice da área grande que se colou polo pau longo do porteiro.

Soneira B - Cabana (4-3)

  • SONEIRA B: Víctor, Chans, Curra, Chuchi (Héctor, min.58), Alberto, Dani (Kevin Cadete, min.67), Quilmes, Cristian Figueroa (Aarón, min.62), Cristian Canosa, Richi (Portugués Cadete, min.87) e Capote (Marquitos, min.56).
  • CABANA: Añón, Eloi García, David, Jose, Rubén García (Eliseo, min.46), Sandro (Jacobo, min.68), Diego (Miki xuvenil, min.62), Josiño (Eloi Pereira, min.46), Fernando, Rubén Rama e Adrián Santamarina.
  • Goles: 1-0, min.12: Richi; 2-0, min.34: Capote; 2-1, min.54: David; 3-1, min.58: Cristian Figueroa; 4-1, min.62: Dani; 4-2, min.75: Rubén Rama; 4-3, min.91: Jose, de penalti.
  • Expulsión: Eloi García (min.76) por dobre cartón vermello directo por unha patada por atrás.
Gran partido dos pupilos de Mayco que chagaron a ir gañando 4-1 con comodidade e dominio no xogo, pero acabou pedindo a hora. Salvo os primeiros quince minutos da segunda metade o encontro estivo dominando polos xoves xogadores do Soneira B que se recrearon en moitas xogadas e marcaron catro goles tras combinación de equipo de gran beleza. Richi arrancando por banda, recibe un balón entre liñas e marcaba o primeiro ao definir no man a man con Añón. Logo unha boa xogada por banda dereita acaba cun centro raso para richi que de primeira fai unha parede con capote para marcar no man a man. Con superioridade local, tanto no xogo como no marcador chagábase ao descanso, cun equipo visitante que tan só gozou dunha ocasión clara de gol a cargo de Adrián Santamarina que Víctor desviou a córner. Tralo descanso, un córner sacado por Fernando é rematado de cabeza polo central David no segundo pau. Este gol espoleou aos cabaneses que tiveron uns minutos de prisión e desconcerto do filial que non souberon aproveitar. Eliseo non acertou a marcar, pero quen o faría pouco despois foi Cristina Figueroa, que fai unha parede con Cristian Canosa, este devólvelle o balón cunha vaselina e Figueroa marca con outra ante a saída de Añón. Pouco despois, outra boa xogada de Cristian Figueroa pola dereita que centra para Richi, este en vez de rematar a porta valeira, esperou por Dani que non ten máis que empurrar. Semellaba que o encontro estaba sentenciado e máis trala expulsión de Eloi García, pero os cambios locais, dando entrada a 3 cadetes, e o empurre dos visitantes, que non se deron por vencidos, fixo que os cabaneses se puxeran no encontro, aínda que case sen tempo para remontar. Primeiro Rubén Rama, recibindo entre liñas e fusilando a Víctor e logo Jose de penalti, xa no desconto, fixeron crer na igualada.

Independiente - Muxía (10-0)

  • INDEPENDIENTE: Upi, Jonathan, Brais, Dani Rosalía (Scott, min.71), Efrén (Rafa, min.46), Rubén (Gustavo, min.61), Carlos (Toni, min.46), Jorge, Héctor (Ivi, min.46), Sande e Yuni.
  • MUXÍA: Jose Antonio, Fabian, José Manuel, Sergio, Marticiño, Arxires, Rial, Ángel Luis, Ramón e Felipe.
  • Goles: Yuni (4), Sande (2), Gustavo (2), Scott e Ivi.
A presenza de soamente 10 futbolistas do Muxía no seu envite contra o Independiente de Carballo significou á postre un castigo por idéntico número no marcador (10-0). Os locais non deixaron pasar unha oportunidade pintiparada para engordar o ‘golaverage’ xeral a modo de segundo resultado máis folgado do curso. Un 4-0 deixaba o encontro sentenciado ao descanso. Co paso dos minutos, o Muxía terminou de baixar os brazos e encaixou media ducia de goles máis. Ao menos, o colexiado coruñés Baldomar Obelleiro non tivo problemas no partido, posto que só amoestou a dous xogadores.

Cerqueda - Atl. Pereiriña (4-0)

  • CERQUEDA: Rubén, Bastón, Dani, Javi, Javi pazos, Maikel (Cota, min.60), Manu, Dani Añón, Dieguito, Lorenzo e Juanjo (You, min.65).
  • ATL. PEREIRIÑA: Adrián, Simón, Darío (Abraham Xuvenil, min.70), Javichu, Javi, Adán, Biorto, Alvaro, Alex Xuvenil, Morcillo e Víctor.
  • Goles: 1-0, min.36: Dani Añón; 2-0, min.44: Dieguito, de penalti; 3-0, min.50: Dieguito; 4-0, min.83: Lorenzo.
Non foi doado para o Cerqueda abrir o marcador e só cando conseguiu romper o encontro puido goleadar ao un Pereiriña que acusou moito na segunda metade o esforzo físico. Un erro defensivo deu lugar oa prmeiro gol, e unhas discutidas mans do míster Javi, orixe ao penalti que suporía o 2-0 para os locais. Na segunda metade Dieguito e Lorenzo marcaría dous goles máis para infrinxir nunha excesiva goleada para os ceenses.

Fisterra B - Xaviña (6-4)

  • FISTERRA B: David Perlón, Gaby, Cote, Pablo, Eloy, Rubia, Eddy, Jose Da Anchoa, Juanjete, Insua e Carlos.
  • XAVIÑA: Pablo, Diego Lala, Naki, Antonio, Pequenao, Adrián, Chiribi, Gattuso, Diego Alonso, Pisero e Caamaño.
  • Goles: 1-0, min.10: Jose da Anchoa; 2-0, min.20: Insua; 3-0, min.35: Juanjete; 3-1, min.40: Caamaño; 4-1, min.44: Eddy; 5-1, min.50: Insua; 5-2, min.55: Caamaño; 5-3, min.65: Ismael; 5-4, min.70: Caamaño; 6-4, min.80: Insua.
Insua, foi o home clave no partido disputado en Ara Solis. O punta anotou tres goles para o filial verdillo. Caamaño marcou tres para o Xaviña. O gol da tarde firmouno Juanjete.

Porteño - Volantes (0-1)

  • PORTEÑO: Asiel, Brais, Pejo (Iago Sestayo, min.70), Pirucho, Oscar, Brais Grela, Piti (Maikol, min.70), Asier (Wi, min.46), Gabri, Jorge e Ismael.
  • VOLANTES: Iago, Juan, Mou, Davi Paquy (Javi, min.75), Brais, Nimo, Ramón, Seluco (Edu, min.3), Piti e Ivi (Pardelo, min.65).
  • Gol: 0-1, min.55: Edu.
Partido clave para o Porteño, pois necesitaba gañar para manter opción de engancharse ao playoff de ascenso, ao final non puido cun Volantes que vai a máis. O único gol do encontro foi ao comezo da segunda metade obra de Edu ao recibir en largo de Ivi e só con Asiel báteo de vaselina. Tralo gol o Porteño arriscou con tres defensas e as contras foron constantes para os de Baño que non conseguiron matar o encontro. O Porteño avisa ademais da inauguración da restauración do campo de fútbol Muncipal da Grixa que terá lugar o próximo día 5 de abril. O acto inaugural dará comezo ás 16 horas e ás 16´30 pecharase o acto co encontro amigable entre CF Porteño e o Cerceda da 3ª división Galega.

Alcaián - Coristanco (2-3)

  • ALCAIÁN: Rizos, París, Diego (Nahuel, min.87), Framil, Víctor, Víctor Pazos, Luisito, Daviciño, Roberto, Rubén e Jorge (Portillo, min.36).
  • CORISTANCO: Gonzalo, Marquiños, Germán, Oscar, Marcos, Luís, Sergio (Iván, min.67), Mallón (Benitez, min.60), Pazos (Edgar, min.74), Torreira (Gonzalo, min.82) e Adrián (Magovi, min.82).
  • Goles: 1-0, min.20: Roberto; 1-1, min.38: Torreira; 2-1, min.39: Marcos; 2-2, min.70: Víctor; 2-3, min.85: Gonzalo.
  • Expulsión: O local Rubén, (min.90) por protestas ao colexiado con cartón vermello directo.
Tivo que loitar moito o Coristanco para levarse o derbi en Portorrubio e non se ver descolgado na loita por manterse nos postos de Playoff. Os locais adiantáronse ata en dúas no marcador, pero ao final o maior oficio dos coristanqueses permitiulle levarse tres importantes puntos, pois hai cinco equipos para catro postos de playoff e a loita vai a estar moi viva ata o final de tempada. Co empate a douses o Coristanco desaproveitou unha pena máxima que detivo Rizos.

Máis información

Crónicas da semana

Nova relacionadas

Fonte

Comentarios