3ª Autonómica: Cerqueda, Coristanco e Cabana achéganse ao Corcubión

18:44 21/02/11
A atención da xornada centrábase no encontro do Pino do Val entre dous dos líderes. O Mazaricos sacou 3 puntos fundamentais na loita polo título, e queda de líder empatado co Nantón. 3 puntos por detrás queda agora o Corcubión de Manín, que vía cortada a súa boa racha e ve como Cerqueda, Coristanco e Cabana se achegan con perigo.
Sen dúbida o partido da xornada e do que estaban ben pendentes Cerqueda e Cabana, pois por el pasaban as opción de seguir con vida na loita polo ascenso, agora son catro puntos os que separan ao Cerqueda do Corcubión, o cabana teno un pouco máis complicado pero segue a espera. No Pino do Val víronse dous equipos que concederon moi poucas ocasións de gol, moita intensidade e moita brega.
Moita igualdade durante os 90 minutos, aínda que os locais tiveron máis a posesión do balón. Na primeira metade non houbo moitas ocasións, adiantáronse os locais por medio de Kevin que se aproveitou dun fallo no despexe de Manuel Cartamil, plantouse só ante Cristian, regateouno e marcou a porta valeira. Pouco despois os corcubioneses puideron empatar, pero en varios remates tras un barullo na área ningún dos xogadores de Manín foi quen de marcar.
Ao pouco de saír do descanso, unha falta botada por Marcos dende case o medio campo, foi peiteada polo central Óscar e o balón entrou tras tocar no pau. Parecía que se mataba o choque. Os locais repregáronse e apenas pasaron apuros, ata o minuto 73, cando unha internada de Lourido acabou coa entrada de Marcos caendo este dentro da área, os locais protestaron moito a decisión arbitral, pois entendía que Marcos tocara antes o balón, pero co campo rápido como estaba, este varreu tamén ao dianteiro visitante. Marcos lanzou a pena máxima e balón entrou ben axustado polo pau dereito defendido por Gómez que apiques estivo de detelo. Tan só un minuto despois os de Manín puideron empatar, Lourido entrou por banda dereita e o seu lanzamento cruzado foi desviado a córner por Gómez cos pés.
Vendo que o partido se lle podía complicar, Raúl Periscal sacou un home de ataque do campo dándolle entrada a Tuco para xogar con cinco atrás. O partido foi morrendo pouco a pouco e non houbo moito perigo máis nas áreas. Ao final o Corcubión acabou con 10 pola expulsión de Cartamil tras saltar cos codos e ver o segundo cartón amarelo.
Mazaricos - Corcubión (2-1)

- MAZARICOS: Gómez, Casais, Marcos, Ramón, Oscar, Matías (Coxo, min.83), Martín (Chico, min.70), Brais, Estéfano (Tuco, min.77), José Angel (Aldo, min.68) e Kevin.
- CORCUBIÓN: Cristian, Carlitos, Balucho (Pablo, min.63), Manuel Cartamil, Chisco, Santi (Javier, min.67), Estrella, Jose (Diego Lojo, min.60), Borja Munitis, Mario (Yoni, min.76) e Lourido.
- Goles: 1-0, min.23: Kevin; 2-0, min.52: Óscar; 2-1, min.73: Mario, de penalti.
- Expulsión: O visitante Manuel Cartamil (min.89) por dobre cartón amarelo.


Xaviña - Cerqueda (0-5)
- XAVIÑA: Juan, Chiri (Adrián, min.60), Javi, Juan Antonio, Gallego, Chapu, Carlitos, Búa, David (Fran, min.70), Elvis (Sergio, min.46) e Dani.
- CERQUEDA: Fredi, Róber, Dani (Che, min.80), Athu, Javi, Alberto, Lorenzo, Gabi (Josiño, min.46), Álex (Dani Añón, min.46), Dieguito (Uru, min.62) e You (Garrido, min.56)
- Goles: 0-1, min.4: You; 0-2, min.12: Álex, de falta directa; 0-3, min.70: Álex; 0-4, min.82: Josiño; 0-5, min.84: Che.
- Expulsión: Juan, do Xaviña, (min.85) con cartón vermello directo por protestas.
Independiente de Carballo - Lira (3-2)

- INDEPENDIENTE: Noé, Manuel, Toni, Dani, Efrén, David, Rubén, Míchel (Upi, min.85), Panucci, Iván Lorenzo e Ivi.
- LIRA: Romaní, Boni, Santi, Pelexo, Víctor, Iago, Pepiño, Germán, Ancho, Suso Patachín e Rico.
- Goles: 0-1, min.30: Ancho; 1-1, min.40: Rubén; 1-2, min.50: Ancho; 2-2, min.71: Iván Lorenzo; 3-2, min.87: Iván Lorenzo.
Cabana - Muros B (3-0)
- CABANA: Toni, Rubén García, Marcos, Alfredo, Eloi, Sandro, Josiño, Rubén Rama, Darío (David Toja, min.75), Suso Docampo e Adán (Jacobo, min.50).
- MUROS B: Dida, José María (Casco, min.60), Canote, Yeray, Paky, Mingos, Ramón, Pedro de Nieto, Pesco, Pardelo (Fastu, min.75) e Ivi (Piru, min.30)
- Goles: 1-0, min.14: Suso Docampo; 2-0, min.75: Rubén García; 3-0, min.85: Alfredo.
Corcoesto - Alcaián (1-1)
- CORCOESTO: Siro, Manuel, Rivera, Germán, Edelmiro, Roi, Luís, Lista (Couto, min.70), Martín, Pichón (Toñito, min.60) e Miguel.
- ALCAIÁN: Portillo, París, Iván Souto, Dani, Víctor, Pío, Luisito, Pistolas, Toñito (Javito, min.85), Daviciño (Fabio, min.55) e Pablo Framil.
- Goles: 1-0, min.6: Pichón; 1-1, min.38: Iván Souto, de falta directa.
Nantón - Atl. Pereiriña (2-1)
- NANTÓN: Martín, David, Carlos Santos, Diego, Felix (Javi, min.38), Carlos Vidal (Pedro, min.75), Martín, Amado, Luís, Rubén e Manu.
- ATL. PEREIRIÑA: Andrés, Simón (Serxio, min.75), Riki, Javi, Mario, Villar, Adán, Alex, Morcillo, Víctor e Álvaro (Grille, min.60)
- Goles: 1-0, min.5: Luís; 2-0, min.16: Luís; 2-1, min.90: Víctor.
- Expulsión: O local Martín (min.85) por dobre cartón amarelo.
Muxía - Outes (0-0)

- MUXÍA: Angel Luís, Luís Romaní (Felipe, min.88), Josiño, Angel, Chori, Dani, Chans, Alberto, Oscar Canario, Papi e Peski.
- OUTES: Moncho, Alvaro (Debé, min.46 (Fabio, min.60)), Primo, Chúa, Saúl, Arturo, Lass, Martín, Quin (Pitu, min.69), Pesco (Damian, min.69) e Marico.
- Expulsión: O local Santi Papi (min.69) con cartón vermello directo por protestas.

Coristanco - Laxe (5-1)
- CORISTANCO: Gonzalo, Luís, Óscar, Iván, Marcos (Germán, min.80), Gustavo, Fran Fariña (Arantón, min.46), Mallón, Benitez (Dani, min.65), Palermo (Pistolas, min.75) e Toniño.
- LAXE: Diego, Aarón, Óscar, Jaja, López, Adán, Rubén, Antonio (Beizana, min.46), Dani, Mandi e Felipe (Carlos Fuentes, min.75).
- Goles: 1-0, min.15: Gustavo; 2-0, min.30: Toniño; 2-1, min.35: Mandi; 3-1, min.41: Marcos; 4-1, min.48: Gustavo, de falta directa; 5-1, min.70: Toniño.
Máis información
Novas relacionadas
- 2ª Autonómica: Frenazo pontecesán no Carral.
- 1ª Autonómica: 10 xornadas para o final e 3 equipos con opcións de ascenso.
- Prerefente: Alonxando a zona de perigo e dando minutos ás nova promesas.
- Resultados do fútbol da Costa.
- Crónica de Manuel Varela: Exercicio de democracia.
- Crónica de Alberto Pose: Momento para a asociación de clubs da Costa.
- Os segredos máis íntimos dos xogadores do Camariñas.
- As outras pelotas dos xogadores do Camariñas.
- O San Lorenzo quita a roupa.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Colabora Martín Suárez.
- Fotos do Muxía-Outes de Luis Alberto Sambad.