3ª Autonómica: O Montelouro non deixa escapar ao Baíñas


Segue o Baíñas embalado na 3ª Autonómica e xa leva 5 vitorias e un empate nos seus últimos partidos, con só unha derrota. Onte tivo que pelexar para superar á revelación da temporada, o Seaia. Pero o Montelouro non vai dexar escapar facilmente aos vimianceses. Os loureáns superaron con máis facilidade da esperada ao Laxe cunha boa segunda metade.
Por detrás, importante a vitoria do Lira en Coristanco, que o pon na 3ª praza. A cousa está apretada no grupo que loita pola promoción, pois o propio Seaia, o Nantón, o Ameixenda, o Muxía e mesmo o Coristanco seguen en apenas 5 puntos de diferencia.
Laxe - Montelouro (0-4)

- LAXE: Diego, Sergio, Manuel, Gora, Jacinto (Simal, min.75), Santi (Djamel, min.60), Saleta, Carrabete, Elías (Baliña, min.60), Adri e Samueliño.
- MONTELOURO: Isma, César, Álvaro, Abel (Pablo), Chema, Edu, Pedro, Geico, Benja (Isma Cosme, min.55), Pesco (Dani) e David (Pepe).
- Goles: 0-1, min.25: Benjamín; 0-2, min.60: Pepiño; 0-3, min.80: Dani; 0-4, min.88: Isma Cosme.
- Expulsións: o adestrador laxense Toni.
Vitoria do Montelouro que non quere deixar escapar ao Baíñas. E iso que no primeiro tempo foi de toque e posesión do equipo local, ante un cadro visitante algo dubitativo.
Pero tirou de oficio o Montelouro para vencer a un Laxe cheo de xuvenís e cunha boa segunda metade os de Jurjo solventaron o partido.

Ameixenda - Cerqueda (2-1)
- AMEIXENDA: Óscar Riolo, José Manuel (David, min.65), Javichu (Grille, min.80), Alberto, Bruno (Samuel, min.5), Chiru, Alex, Diego (Brais, min.85), Borja, Iván e Miro.
- CERQUEDA: Ángel, Manuel, Pailos, Javi Pazos, Bastón, Lorenzo, Uru, Juanjo (Pena, min.m65), Darío, Dani Seaia e Eliseo.
- Goles: 0-1, min.30: Darío en xogada individual característica dende o medio campo chutando dende a frontal; 1-1, min.77: Paulino nun córner; 2-1, min.88: Brais nun rexeite tras unha falta.
Outra sufrida vitoria do Ameixenda con remontada incluída, ante o Cerqueda que chegaba con tres vitorias seguidas pero con 12 baixas. Así e todo, adiantábase o cadro cerquedán cun golazo de Darío, que está nunha forma espectacular. O partido seguía sendo bastante aburrido, cun Cerqueda que lle deixou o balón ao Ameixenda, esperando replegados atrás e buscando algunha contra. Eliseu avisou cun pau no longueiro aos 25 minutos e foi despois cando Darío abría o marcador.
O Ameixenda o buscaba a balón parado e durante toda a segunda metade estivo enriba do rival. Paulino empataba nun córner e a dous para o final Brais marcaba o gol da vitoria tras moitos minutos colgando balóns ante un Cerqueda máis canso polas dimensións do campo.
Castrelo - Muxía (0-7)
- CASTRELO: Miguel, Esteban (Fidalgo, min.80), Luís, Fran, Rodrigo (Gustavo, min.65), Roi (Óscar, min.75), Roberto, Esteban Lado, Félix (Edreira, min.35), Marcos e David.
- MUXÍA: Santi Papi (José Antonio, min.80), Pataca, Currás, Peski (Ruso, min.80), Denís (Martín, min.75), Javi (Julián, min.46), Pereira, Juan, David (Adrián, min.60), Jonathan e Iván.
- Goles: 1-0, min.6: David; 2-0, min.10: Javi; 3-0, min.15: Jonathan; 4-0, min.40: Javi; 5-0, min.57: David; 6-0, min.60: Pereira de penalti; 7-0, min.65: Jonathan.
Bo partido do Muxía ante un Castrelo que vía como a cada chegada do cadro visitante caía un gol. Efectividade total dos de Suso Rey, que tomou o relevo de Juan Prado no banco muxián, no que xa estivo o curso pasado, para facer unha dura goleada. A volta de Jonathan está sendo fundamental para a mellora do equipo.
Coristanco - Lira (2-3)
- CORISTANCO: Fredy, Marquiños, Rubén, Héctor, Torreira, Mato, Iván (Gonzalo, min.50), Luís, (Magovi, min.70), Pazos (Mallón, min.60) e Benítez, Toniño.
- LIRA: Simón, Josérra, Herminio, Adrián, Fran Figueroa, David Carballo, Manu Goyanes, Fran Perico, Cristian, Suso Perico. Tamén: Demetrio, Oliver, Aitor.
- Goles: 1-0, min.50: Toniño; 0-2, min.55: Toniño de penalti; 2-1, min.60: Joserra nunha falta; 2-2, min.75: Fran Perico; 2-3, min.80: Suso Perico de cabeza a pase de Fran Perico.
Vitoria traballadísima a do Lira ante un Coristanco, que empezaba ben a Liga pero que leva xa só 2 puntos nos últimos 5 partidos. Foi un partido ben fermoso, con alternativas e que puido caer de calquera lado.
Comezaba mellor o cadro local nunha primeira metade na que non se movería o marcador a pesar das 4 boas ocasións das que dispuxeron os de Da Silva. Pero nin Pazos, nin Benítez estiveron acertados.
Nada máis comezar a segunda Toniño adiantaba aos locais, e pouco despois ampliaba a renda dende os 11 metros. Recurtaba o Lira, que se viu arriba coa entrada de Oli e marcaría o empate aos cinco minutos. Cambiaba o conto do visto na primeira, e se aí perdoaba o Coristanco, non perdoaba o Lira na segunda.
Corcoesto - Nantón (1-2)

- CORCOESTO: Edelmiro, Alberto, Longo, Germán, Patelo, Pablo, Pichu, Javi, Dani, Couto e Cristian.
- NANTÓN: Ernesto, Eloy, Félix, Amado, Carlos R., Daniel, Martín, Iván, Carlos Vidal, David, Cachi.
- Goles: 0-1, min.75: Carlos Vidal; 1-1, min.79: Javi; 1-2, min.90: Carlos Vidal de penalti.
- Expulsión: o local Alberto no min.89 por mans no penalti.

Con poucos efectivos recibía o Corcoesto a un Nantón que parece ir a máis. Foi un derbi cabanés intenso, con moitas ocasións para os dous bandos, nun campo en mal estado, e no que as imprecisións foron protagonistas. O cadro local foi lixeiramente mellor pero non creou ocasións claras.
Na segunda mellorou o Nantón, que dominou un pouco máis máis. As mellores ocasións foron para o cadro visitante, pero o porteiro local Edelmiro quitou dous man a man a David e a Carlos Vidal.
Curiosa foi a xogada do primeiro gol, cando Edelmiro pensa que o colexiado pitou fóra de xogo de Maikel e non intenta parar o balón. Poucos minutos despois Javi poñía a igualada cun golazo dende a frontal ante o que nada pode facer Ernesto. Cando parecía que o partido ía rematar en empate, o árbitro pita penalti a prol do Nantón por mans dun xogador local, ademais expúlsao xa que tiña unha amarela. Carlos Vidal é o encargado de materializar o definitivo 1-2 no minuto 90.

Baíñas - Seaia (3-1)
- BAÍÑAS: Sergio Puto, Capote, Héctor, Luís, Braulio, Esteban (Víctor, min.55), Mario, Diego (Iván, min.57), Cristian, Javi e Tasky.
- SEAIA: Jesús, Lesi, Martínez, Vistas, Ramón, Parga (Richard, min.65), Alberto, Uru, Camilo, Vilariño (Juni, min.46) e Medros (Martuxa, min.70).
- Goles: 1-0, min.2: Diego tras un rexeite que pelexou Tasky; 1-1, min.15: Camilo; 2-1, min.20: Tasky tras unha contra levada por Javi Suárez; 3-1, min.30: Diego tras pase de Cristian.
- Expulsión: o malpicán Alberto (min.80).
- Lesión: o local Esteban nun nocello e o visitante Medros con rotura de fibras.
A rachas consegue vencer o Baíñas, e cando parece que ten o partido controlado, ás veces reláxase, perde o medio campo e comeza o equipo rival a crear algo de perigo. Onte o Seaia tampouco foi capaz de facer moito dano, e iso que conseguía empatar tralo tempraneiro gol de Diego. Pero o Baíñas reaccionaba pronto e sentenciada antes do descanso cos tantos de Tasky e Diego.
O Seaia protestou a actuación arbitral, sobre todo considerando unha xornada clave. Co 2-1 no marcador Camilo encaraba ao porteiro cando era trabado por un defensa. Os visiotantes pedían unha expulsión e que puido ter cambado o rumbo do partido. Ademais, despois vían como o colexiado expulsaba rigosoramente Alberto, momento no que tras unha segunda metade moi equilibrada, o partido quedaba sentenciado.
Máis información
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
- Facebook Fútbol da Costa.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
Crónicas da semana
- 2ª Autonómica: Emoción ata o último suspiro no carrusel da Liga da Costa.
- 1ª Autonómica: O Malpica mete en problemas á Esteirana e o Ponteceso asoma a cabeza.
- Resultados dunha nova xornada completa no Fútbol costeiro.
Artigos relacionados
- A maquinaria colchonera en Dumbría conta cos grandes formadores da zona.
- Máis dun milleiro de persoas comprobaron a importancia social do clube decano do Fútbol da Costa.
- Doro e Antonio Mouro, xalleiros do ano.
- Santa Comba será a sede dun novo curso de Adestradores.
- A Escola dumbriesa do Atlético de Madrid abre as súas portas a toda a bisbarra.
- A Pipa de Corredoira: 30 novos adestradores diplomados na Costa.
- Alberto Pose: Da ilusión que xeneran os cromos da Costa.
- O libro Mar de Paixón presentouse cos grandes mitos do Fútbol da Costa.
- Manuel Varela: A Costa do Fútbol.
- #Regateegol: Vídeoentrevista cos presidentes máis novos do Fútbol da Costa.
O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).