Martes. 12.11.2019
El tiempo

3 días para votar polo teu 11 da Costa: Repasamos as votacións

3 días para votar polo teu 11 da Costa: Repasamos as votacións

Tras 3 días nos que a votación polo teuoncedacosta estivo paralizada, reanudamos hoxe as mesmas. I é que conseguistes facer petar ao mesmo señor google que non nos permitía abrir máis celdas na votación.

Xa temos actualizado o sistema de votacións (agora hai que rexistrarse cun simple nome de usuario e correo electrónico para controlar algo máis que non haia ningún que vote unha ducia de veces... algún seguro que xa houbo...) polo que xa podedes, e ata este domingo 10 de xuño.

E xa saben que estes 11 serán lembrados na vindeira Festa do Deporte QPC, que organizaremos a comezos da tempada que vén.

As votacións seguen ben igualadas.

Comezando polo equipo da 2ª Autonómica, vemos que Pombo supera a Joselu na portería da 2ª; Maikel está descado nos centrais, cun Nico por detrás; o baiés Matías está forte no lateral dereito e Rubén no esquerdo; Moriño arrasa no medio centro e parece que irá acompañado de Roco; con Sexo (ou Canai, ou Santi Silva) na esquerda; e Brais na dereita (ou Bertín); mentres que arriba a loita está entre Juan oBello, Javi Suárez e Alejo. Ollo que a loita no banco está quente.

Na 3ª Autonómica, Peipo se sitúa como o porteiro con máis votos polo de agora; no lateral dereito loitan Arturo do Outes e Jonathan do Independiente; Chúa está como mellor central pero a loita segue moi aberta; ao mesmo que David do Outes no medio centro; pola dereita poden estar Lorenzo do Cerqueda ou Borja Santos, e pola esquerda Joselo ou Seluco; e arriba a loita está tremenda. A loita no banco céntrase entre Pablo Mallón e Manu Roque.

Así que seguide votando e animade aos vosos amigos a facelo en teuoncedacosta.tk.

Xogador Super Bock da Final da Copa da Costa

Precisamente o luns 11 de xuño abriremos unha nova votación, desta volta patrocinada por Super Bock Costa da Morte. Trátase o premio ao Xogador Super Bock da Final da Copa da Costa, e consistirá nun lote de produtos Super Bok.
O procemento será semellante a este, pero a través do noso Facebook. Escolleremos varios xogadores dos dous equipos finalistas, publicaremos diferentes fotos dos mesmos e o que leve máis "megustas" levará ese premio.

Máis eleccións

Así mesmo, o sábado 30 de xuño celébrase en Muros a Gala da Asociación de Clubes da Costa da Morte , que darán os premios da campaña 2011-2012.
A entidade prantexou xa os candidatos:

  • MELLOR EQUIPO: SANTA COMBA-XALLAS-CORME-DUMBRIA-CLUB DO MAR.
  • MELLOR DIRECTIVA: OUTES-DUMBRIA-VOLANTES-CLUB DO MAR-FISTERRA.
  • MELLOR XOGADOR: LEO-VITUCO-VIA RAPIDA-XELUCO-ALEX (CERQUEDA).
  • MELLOR ENTRENADOR: CAMBEIRO-SIL-MANOLIN-REPI-DAVID BAÑA.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios