A Asemblea de Clubes da Costa analizará este martes os ascensos á Liga da Costa


A Xunta Directiva da Asociación Deportiva e Cultural de Clubs de fútbol Federados da Costa da Morte, acordou convocar a Asemblea Xeral Ordinaria para o vindeiro martes día 28 de febreiro de 2012, en primeira convocatoria ás 20:30 horas e en segunda ás 21:00 horas, non Auditorio do Pavillón de Baio.
Un dos temas a falar será o dos ascensos á Liga da Costa.
Ascensos á Liga da Costa
I é que parece que xa están determinadas as prazas que ascenderán á Liga da Costa. Os 2 primeiros ascenderán directamente e o resto de prazas que queden vacantes polos ascensos á nova 1ª Autonómica, xogaranse en sistema de Copa entre o 3 e o 6º, enfrontándose o 3º contra o 6º e o 4º contra o 5º.
Así, entre os gañadores xogarase un novo partido para determinar quen é 1º e 2º, e entre os perdedores ocorrirá o mesmo. Faise necesario determinar a orde pois ao ser incerto o número de ascensos, é preciso determinar as posicións na táboa. Agárdase que non haia en ningún caso a posibilidade de que ascendan máis de 6 equipos.
En todo caso, esta semana a Federación enviará unha circular explicando concretamente o proceso.
Máis información
Crónicas da semana
- 3ª Autonómica: Xa temos ascensos.
- 2ª Autonómica: O Fisterra cólase arriba.
- Preferente: O Santa Comba resurxe a base de derbis.
- 1ª Autonómica: Nova xornada de derrotas.
- Resultados da última fin de semana de febreiro no fútbol da Costa.
Máis novas
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido con José Carlos e Piña.
- A SCD Malpica chega á Univesidade.
- Alberto Pose: Unha de formación dos formadores do fútbol da Costa.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa da Asociación Deportiva e Cultural de Clubs de fútbol Federados da Costa da Morte.