sábado. 09.11.2024
El tiempo

A canteira do volei do Manuela Rial segue funcionando

A canteira do volei do Manuela Rial segue funcionando
Equipo benxamin do Manuela Rial de Volei

Comezou a Liga para as categorias alevíns e benxamíns do volei do Manuela Rial na fase zonal e os equipos costeiros colleitaron moitas vitorias. Os alevíns venceron a Padrón e Boiro, as alevíns a Rianxo, Ames e Lousame e os benxamíns venceron a Lousame e Boiro e perderon co Rianxo. Estes partidos permiten que aos máis pequenos aprendan e disfruten co volei.

No resto de categorias dúas vitorias e dúas derrotas. Vitorias a conta dos rapaces e derrotas das rapazas.

Os cadetes do Voleibol Dumbría venceron por 1-3 (12-25 / 25-22 / 24-26 / 15-25 ) ante Calasancias nun partido basteante disputado no tramo central do encontro ata que os dumbrieses acertaron no remate.

Os infantís do Manuela Rial venceron por identico resultado 1-3 (15-25 / 25-21 / 19-25 / 15-25) ante Calasancias nun partido que foron superiores no remate.

As derrotas foron para as cadetes con claridade 3-0 (25-8 / 25-11 / 25-5) e as infantis por 3-1 (25-22 / 25-21 / 19-25 / 25-21) nun partido moi disputado onde as nosas non superon competir nos tramos finais de cada set.

Vindeira cita

Este sabado en Dumbría:
- 10:30 h Infantil femenino Manuela Rial - Liceo La Paz.
- 10:30 h Cadete masculino Voleibol Dumbría - IES Ames.
- 12:00 h Cadete femenino Voleibol Dumbría - Liceo La Paz.
- 12:00 h Infantil masculino Manuela Rial - Rianxo.
- Os máis pequenos xogaran outra xornada de concentración o sábado pola mañá en Noia.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.

Comentarios