A Esteirana Cadete canta alirón nun fantástico sábado de #futboldacosta
Adiantámonos hoxe a facer unha crónica sabatina pois está a ser un día importante, pero seguides tendo a Axenda completa disponible. De arriba, ata abaixo. Destacando a consecución da Liga de cadetes dunha Esteirana espectacular. Distrutaba a conseución do título na casa endosando unha boa goleada ao Porteño demostrando a súa superioridade que se leva facendo patente toda a campaña.
Esta Esteirana Cadete campión de Liga cuna números que marean!! 23 vitorias en 23 partidos, case 130 goles a favor e 15 en contra!
Parabéns para toda a parroquia de Esteiro e Muros e tamén para a do Dumbría, que cuallaban unha vitoria importantísima de cara ao ascenso á División de Honra Cadete. Os de Diego Lobelos e Oscar leis se metían por diate con 3-2 e sufrían para rematar vencendo pola mínima contra o seu meirande rival na loita polo ascenso, o Ural.
Por arriba houbo tamén grandes noticias. Como a vitoria do Fisterra ante o Piloño, por 5-2 nunha tarde inmellorable de Hugo, para dar de novo alento a imparable afección verde, que de novo enchía de cor e música de charanga Ara Solis.
O Malpica ademais acadaba un empate en Riveira que os mantén arriba. Ademais o Camariñas tiña un partido vital ante o Puebla, tamén para dar un salto pero caía no min.88.
E ollo á sorpresa de 3ª Autonómica, na que o Camelle se deixaba tres puntos ante o Nantónen casa que poden ser claves na loita polo título e pola 2ª praza de ascenso directo.
E mentres, en Fontenla, derbi entre XSC e Dumbría que acababa sen goles.
Copa da Costa Xuvenil. Ida cos Cuartos
Tensa tamén, a ida dos cuartos da Copa. E tdo queda para a volta, tralos dous empates entre Malpica e Cee e entre Laxe e Dumbría. Os laxenses seguen sendo a sospresa desta Copa e irán ao Conco con toda a ilusión de dar a segunda campanada tras eliminar a un dos que loitarán pola Liga Galega, o XSC.
E iguales resultados no Conchido e nas Redondas. Outes e Cabana viaxarán a Mazaricos e Baio cunha vantaxe de 3-1, tras sendos choques tremendamente igualadados, que analizaremos o martes.
E atentos, que mañá aínda queda moito #futboldacosta, con xornadas completas de 2ª e 3ª título de infantís :
Máis información
Artigos relacionados
- Alberto Pose: Do auténtico fútbol da Costa. Con Manolín.
Crónicas da semana
- O Comité pecha o campo do Laxe por un petardo.
- Xuvenís: Tensión e sorpresas para chegar a Cuartos.
- 2ª Autonómica: O Cee descólgase.
- 1ª Autonómica: Fisterra e Ponteceso segue metidos no lío.
- Preferente: Xornada de paso.
- Resultados e análise da xornada do #futboldacosta neste ecuador de abril.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).