Mércores. 09.10.2024
El tiempo

A febre deportivista espállase por Verdillo

A febre deportivista espállase por Verdillo
Inauguracion Pena Deportivista Verdillo

Xa non só o vermello será o equipo de Verdillo. I é que segue medrando a febre branquiazul na Costa da Morte. Hoxe, 23 de abril, cando se cumpren 5 anos do pasamento dun dos iconos do deportivismo, como é o esteirán Xosé Luís Vara, co equipo líder da 2ª División, as 20 peñas deportivistas da Costa manteñen toda a ilusión por volver cos grandes, e hai quen mesmo prepara a viaxe a Lugo co equipo.

Mañá, estas 20 peñas terán unha irmá carballesa. Este xoves 24 ás 21:00h estréase a Peña Deportivista de Verdillo. A presentación oficial será no Bar Manolo de Lisca, e contará ademais coa presencia dun dos capitáns, Alex Bergantiños, e do cancerbeiro Germán Lux.

Todo un luxo ver as estrellas tan de preto, pois a pesar de non soen ser moi falangueiros, si que amosan a súa cara máis amable, como xa vivimos na última inauguración, na Peña Deportivista de Castriz.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios