A Liga de Barrios de Esteiro homenaxea a Richard


Este sábado 7 de xaneiro, o Xosé Luís Vara Oliveira de Esteiro acollerá un partido Homenaxe a Ricardo Núñez Veloso. Máis coñecido como Richard é toda unha lenda da Liga de Barrios de Esteiro á fronte do Canchester. Unha homenaxe que dá conta da importancia da Liga de Barrios na vila muradá.
Richard faleceu no 2009, aos 56 anos, repentinamente un día mentres xogaba ao fútbol sala cos seus compañeiros de veteranos.
A homenaxe será completa, cun partido entre o propio Canchester e unha Selección de Barrios de Esteiro, a partir das 16:00h.
Pero ás 19:00h continúa a homenaxe no Camiña, cun Serán Cultural amenizado coa actuación de Fernando do Campo, Manuela Alsina, o Dúo "Mucho más que dos", Xosé Ramón e Kike e a Coral Santa Mariña de Esteiro.
E a fin de semana futboleira complétase cun derbi máis que interesante entre Esteirana e Muros da Liga da Costa, que se disputará o domingo ás 16:00h.
Máis información
Máis novas
- Aberta a convocatoria de axudas para os clubes e agrupacións deportivas.
- Alberto Pose analiza a primeira volta da 3ª Autonómica.
- O poder dos Miúdos.
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido co colexiado Marcos Ordóñez.
- Vídeo entrevista co muradán Seluco.
- A Bitacora da Semana: O blog da S.D. Camelle.
- A bitácora da semana (CXLI): O blog do San Lorenzo de Verdillo.
- Video entrevista co xuvenil malpicán Juny.
- Un Dumbría descarado.
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (II).
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (I).
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido a Alberto Pose.
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
- Vimianzo lembrou a Martín Pena.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).