mércores. 30.04.2025
El tiempo

A SD Fisterra xa ten adestradores e psicólogo para os equipos base

A SD Fisterra xa ten adestradores e psicólogo para os equipos base

Continúa en marcha o proxecto desta nova SF Fisterra. Xa vimos a renovación de Nico, e agora fan unha aposta pola formación deportiva e psicoloxica dos xogadores da canteira. Así, a directiva da S.D.Fisterra considera que no apartado deportivo os mellores adestradores son aqueles que poden saber o que lle pasa pola cabeza dun xogador dentro do campo. Por iso aposta por xogadores do primeiro equipo como adestradores das categorias inferiores, así os xogadores:

  • Roberto Martinez Insua, Roco, Xuvenís.
  • Rodrigo Pérez Trillo, Roa, Cadetes.
  • Antonio Canosa Lopez, Guardiola, Infantíl.

Os tres teñen demostrado a sua valia dentro do campo de futbol, creemos que son as persoas axeitadas para poder transmitirlle os rapaces os valores do futbol e o que significa xogar no equipo do seu pobo, xa que os tres comparten unha característica, son xogadores que comenzaron no mundo do futbol no Fisterra e marcharon para equipos da zona, por eso, teñen a experiencia de saber o que é o Fisterra por dentro e por fora.

Un psicólogo para o clube

Para completala formación das categorias inferiores e o seu entorno (compañeiros, pais, etc..), a directiva tomou a decisión de contratar a un psicologo deportivo. Considerando que unha das premisas fora que aquela persoa que desempeñara esa función debía coñecelo futbol por dentro, e a poder ser a xente de Fisterra, a directiva considera que a persoa mais axeitada que reune estas condicións é Santiago López Insua, Santi, Ex-xogador do Fisterra de Futbol, Futbol Sala Fisterra, Lira, Vimianzo, Corcubión entre outros.

Merchandising

E como a directiva quere que Ara Solis se vista de verde, xa están á venda os equipamentos da entidade da tenda Cabo Sport. Xa van máis de 50 equipacións vendidas entre nenos e maiores da vila do Cristo.

Novas relacionadas

Máis información

h3>Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).

Comentarios