Anorthosis e O Gaiteiro amosan a súa superioridade nos derbis zaenses


Pouca historia a dos derbis desta pasada fin de semana entre os equipo do clube Anorthosis. En 2ª os xogadores do Anorthosis Vimianzo, Roi e Angel foron superiores e gañaron todos os seus partidos, Marce a pesares de xogar ben non foi quen desta vez de gañar, pero xa o fará. Os de Concello de Zas Aquacenit contaron coa participación Chris Loffman (inglés)´, que gañou un partido a Marce, pero nin así puideron superar aos seus compañeiros de club pero contrarios en equipo.
Mentres, tamén había derbi na 3ª, cunha superioridade total dos máis veteranos do Gaiteiro, que de momento aínda non se deixan superar polos novos. do Pinar.
Iso si, como non podía ser doutro xeito, ao final dos encontros, a familia Anorthosis realizou o terceiro tempo cunha pequena cea, rivais na mesa de xogo pero amigos na mesa.
2ª División Galega, Grupo Centro
- Resultado: Anorthosis Vimianzo - Concello de Zas Aquacenit (5-2) / (17-11).
3ª División Galega, Grupo Noroeste
- Resultado: Concello de Zas O Gaiteiro - Concello de Zas O Pinar (7-0) / (21-2).
Vindeira cita
En 2ª aprázase os encontros frente ao Club del Mar pois unha das súas xogadoras está coa selección galega nun torneo en Cataluña.
En 3ª galega en Zas, no ximnasio do CPI a partires das 16'00h.:
- Concello de Zas O Gsaiteiro - Cambre Promesas;
- Concello de Zas O Pinar - Cambre Promesas (sobre as 18:00h).
Novas relacionadas
- O Anorthosis colle ritmo e pensa no ascenso.
- Anorthosis e Aquacénit empatan na 3ª praza.
- O Concello de Zas Auacénit ascende á 4ª praza.
- Pleno esperado para a familia Anorthosis.
- Anorthosis e Aquacénit suman pero ao Gaiteiro puidéronlle os nervos.
- O Concello de Zas Aquacenit fai de primeiro equipo.
- A canteira do tenis de mesa de Zas demostrou estar moi viva no Lalín Arena.
- O Concello de Zas Aquacénit fai o traballo do Anorthosis.
- O Anorthosis segue firme no alto da táboa.
- Anorthosis e Aquacenit caen a puntos.
- Unha de cal e unha de area para os equipos costeiros de tenis de mesa.
- Gran expectación para o derbi de tenis de mesa que abríu a tempada.
- A renovada familia Anorthosis comeza o curso a base de churrasco.
Máis novas
Fonte
- Nota de prensa da A.D. Anorthosis Vimianzo, da man de Estevo Lema.