As bicis de montaña de peques e maiores volven invadir os montes de Dumbría
Este sábado 24 de maio, teremos doble cita no Circuito BTT, situado nas instalacións deportivas do Conco en Dumbría. Por unha banda, o II Trofeo Mini BTT, despois do éxito do ano pasado; e pola outra o Rallie XC Norbrook, unha proba xa con solera, no marco do Circuito Provincial BTT.
Para as dúas probas, clubs de toda Galicia desplazaránse a Dumbría para seguir o calendario de competición marcado pola Federación Galega de Ciclismo. Ao longo do día o número de deportista pode superar os 250 ciclistas.
Mini BTT
A proba de Mini BTT, comeza as 11,00h, apertura de inscricións nas oficinas da instalación deportiva municipal a partir das 9,00h. As categorías que participarán nesta proba son: Prebenxamín, promesas, principiantes, alevíns e infantís. Para estas categorías, a organización dispón de 2 circuitos preparados para as distintas idades, a categoria infantil correrá nun circuito cunha lonxitude total por volta de 1,600m e na que completarán un total de 4 voltas. As categorías restantes, terán un percorrido de 1000m, correndo as voltas marcadas por cada categoria. Ao final da proba os primeiros 3 clasificados por cada categoria tanto masculina coma feminina entregaráselles trofeos.
Open Rallie XC Norbook
Dentro do circuito da Deputacion Provincial Da Coruña, a proba de Rallie XC Norbook en mountain bike, desputarase a partir das 16,30h, con apertura de inscricións a partir das 15,30h. O circuito ten unha lonxitude total de 6,800m por volta, dependendo das categorias terán que dar un número determinado de voltas. As características do percorrido pasan por ser un circuito rápido con moita visibilidade para o espectador, o ter gran parte do trazado nas instalacións deportivas Municipais. A competición terá duas saidas, na primeira en horario de 16,30h saldrán as categorias: cadetes, féminas, master 40, 50 e 60. A segunda saida en horario de 17,45h as categorias: élite sub 23, junior, senior e master 30.
Novas relacionadas
- Dumbría, único concello costeiro no Circuito Provincial BTT.
- O Desafío do Atlántico tamén se espalla por Pontevedra.
- 130 ciclistas disfrutaron da beleza das nosas estradas no II Trofeo Luso-Galaico.
- Dumbría subiuse á bici de montaña.
- A tregua meteorolóxica permitiu un espectáculo de primeira no Ciclocross de Dumbría.
- Un 2014 sen Vuelta pero cun gran Desafío del Atlántico.
- 2013: Pequenos e maiores, a dúas rodas polos montes de Dumbría.
- BTT 2013: Dumbría tamén supera a meteroloxía adversa e afianza a BTT no panorama galego.
- BTT 2012: Dumbría xa é cita fixa para os “beteteros” do país.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).