As Escolas de Baloncesto de Zas gañan e perden

Unha de cal e unha de area para os equipos de baloncesto de Baio. As maiores vencían ao concello de Laracha por 39-19. Pola contra, os pequenos infantís, nun encontro que non estivo de cara, perderon co Franciscanas.
Liga Provincial Junior Feminino

- Resultado: CONCELLO DE ZAS, 39 – CONCELLO DE LARACHA, 19
- Parciais: (7 – 2; 4 – 6; 8 – 6; 20 – 5) (Acumulado: 7 - 2; 11 - 8; 19 - 14; 39 - 19)
- CONCELLO DE ZAS: Patricia, 7 ptos; Nerea, 6 ptos; María, 2 ptos; Nazaret, 4 ptos; Sabrina, 0 ptos – quinteto inicial – Elena, 0 ptos; Sandra, 14 ptos; Lucía: 0 ptos; Sara: 4 ptos; Carla: 2 ptos.
Partido aprazado correspondente a xornada nº 6. Partido no que nos 3º primeiros cuartos o equipo de Baio foi quen de poñerse por diante no marcador e manter un marxe no marcador de ata 10 puntos de vantaxe nalgún momento para chegar ao inicio do último cuarto con 5 puntos de vantaxe. No último cuarto o equipo de Baio saiu a defender con mais intensidade, logrando roubar varios balóns ao equipo de Laracha, o cal permitiolle facer contraataques e canastras rápidas que fixeron que no último cuarto o parcial fora de 20 – 5 sentenciando o encontro, e non dando facilidades o equipo de Laracha para poder remontar o marcador. Nese traballo do último cuarto destacar o traballo de Sandra, con 10 puntos.
Vindeira cita
- BCA Castros - Concello de Zas.
Liga Provincial Infantil Masculino
- Resultado: CLUB BALONCESTO BAIO, 12 - FRANCISCANAS, 48.
- Parciais: 6-10; 8-28; 10-38; 12-48.
- Club Baloncesto Baio: Alberto (10), Brais (2), Dario, Cristina, Lidia, Fabio.
Mal partido dos de Soneira que acusaron as numerosas baixas que tiña o equipo (David, Dani e Carla). O partido empezo moi igualado no primeiro cuarto (6-10) pero a medida que ían pasando os minutos o cansanzo ía facendo madeixa no mermado persoal de Club Baloncesto Baio, que acabou xogando con catro xogadores por eliminacion de Dario e Cristina.
Todo este cúmulo de situacións adversas os rivais souberon aproveitalo para dar un tiron o o marcador que ao cabo sería definitivo (12-48). Con todo, foi un bo partido de Alberto Collazo que se botou o equipo ás costas cando máis o necesitaba exercendo de base improvisado, beirado anotador e ata pivot, e asinou unha xogada ao máis puro estilo de Vlade Divac que o público asistente ao partido, tando locais como visitantes, aplaudiu estruendosamente.
Máis información
Novas relacionadas
- Doble derrota para as Escolas de Baloncesto de Baio nas Ligas Provinciais.
- O Oso Polar non puido remontar ante o Adfro.
- Debutan os pequenos baloncestistas de Cee e Zas.
Máis novas
Fonte
- Notas de prensa do Ferroatlántica Costa da Morte e do Club Baloncesto Baio-Zas.