domingo. 01.12.2024
El tiempo

As lesións alonxan a Martín Varela das Paraolimpiadas de Río 2016

As lesións alonxan a Martín Varela das Paraolimpiadas de Río 2016
Martin Varela no Vinci Wheelchair Open Czech Martín Varela di adeus ás Paraolimpiadas de Río 2016

Esfúmase o soño de Martín Varela de chegar ás Paraolimpiadas de Río 2016. O tenista cormelán está sufrindo demasiado este curso as lesión, e tras unhas complicacións na súa recuperación asume que ten que dicir adeus á súa participación.

Os prazos de recuperación da operación da hernia crural á que foi sometido o tenista cormelán estanse alongando maís do esperado. Ata febreiro non poderá volver ás pistas, polo que as posibilidades de seguir pelexando pola clasificación para as paraolimpiadas do próximo ano estáselle botando enriba e Martín practicamente di adeus ao seu soño.

Pero o cormelán xa está pensando en novos obxectivos e novas metas.

Carta de Martín Varela

Durante os doce anos que levo competindo, en moi poucas ocasiones tiven que deixar as pistas por lesión e este ano sería outro máis de non ser porque coincide coa tempada na que pretendía intentar la clasificación para as Paraolimpiadas de Río 2016.

Debido á data na que estamos e a que no poderei coller unha raqueta ata o mes de febreiro, como mínimo, é imposible seguir intentando a clasificación. Este é un duro revés pero nestes anos conseguín resultados que nin eu mesmo podería soñar e esto sírveme para seguir adelante con mi carrera deportiva.
Con cada charla que dou nun colexio ou con cada visita que fago a persoas con discapacidade, síntome útil e sinto que estou facendo algo para que todos os que teñen dificultades poidan darse de conta que se pode seguir adiante a pesar dos obstáculos que nos encontramos ao largo da vida.

Por eso e porque teño a sorte de estar rodeado de xente que me apoia e que me está axudando a conseguir as miñas metas desde que comecei, vou a seguir adiante como sempre.
Nuns meses estarei recuperado e volverei a prepararme para seguir dando que falar no mundo do deporte adaptado.
Espero seguir tendo o mesmo apoio porque teño máis gañas e forza que nunca.

DALLE!!!
Gracias a tod@s!!

  • Martín Varela Dourado, Tenista e presidente da A.D. Vidú.

Entrevistas con Martín Varela

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de David Castro.

Comentarios