sábado. 15.03.2025
El tiempo

As xuvenís do Volei Dumbría xogarán a fase de ascenso á Liga Galega

As xuvenís do Volei Dumbría xogarán a fase de ascenso á Liga Galega

As xuvenís do Volei Dumbría acabaron segundas na Liga Provincial e disputarán as prazas de ascenso á Liga Galega. O seu último encontro rematou cunha vitoria fácil ante Rianxo por 3-0 (25-6, 25-15, 25-13). Con este resultado rematan en 2ª posición e teran a posibilidade de ascender a liga galega nunha fase final que disputarán ante Ames en marzo.

Outra vitoria importante para eludir os postos de descenso foi a das infantís do Manuela Rial ante Cambados por un apretado 2-3 (25-18, 18-25, 25-22,12- 25, 6-15).

Pola súa banda o equipo cadete masculino perdeu con Boiro 2-3 (21-25, 20-25, 25-12, 25-21,17-19) e ante CV Ourense por 0-3 (19-25, 10-25, 20-25).

O infantil masculino do Manuela Rial caeu ante CV Ourense por 1-3 (25-21, 12-25,19-25, 21-25) e ganaron a Rianxo por 3-0 (25-7, 25-4, 25-11).

E para rematar o equipo cadete femenino tamén perdeu ante Cambados por 3-1 (25-16, 19- 25, 25-15, 25-17).

Horarios para esta fin de semana

Comentarios