Mércores. 19.02.2020
El tiempo

Axenda deportiva da fin de semana

Axenda deportiva da fin de semana
Imaxe do Dumbria-O Val da semana pasada- Foto- Jorge Parri

Tras ver o parte de sancións, que volve a QPC polas peticións dos nosos lectores, repasamos a actividade deportiva desta fin de semana de 20 e 21 de outubro de 2012. Con moito fútboldacosta pero tamén con voleibol, taekwondo, balonmán, ou a primeira viaxe do Fisober ao País Vasco. E ollo, que esta será tamén a fin de semana na que o piloto dumbriés de Quads Toni Trillo reciba o 1º Premio Oftrack.

O partido da semana xa no que atinxe ó fútbol costeiro será o sábado entre Fisterra-Camariñas, ao que chega máis necesitado o cadro local, pero contará co apoio da parroquia local para meter presión ós palilleiros. Ademais na 1ª, o Ponteceso terá que gañar na cancha do pechacancelas e o Malpica recibe ao Laro, co que está igualado.

A xornada na Preferente chega parcial, pois o Soneira descansa. O XSC ten a oportunidade de abrir unha pequena fenda entre os 3 de arriba e o resto se gaña ao Bertamiráns, que está 4º a 3 puntos dos xalleiros. Mentres, o Dumbría recibe o sábado a un Sada e horas baixas.

A xornada na Liga da Costa chega interesante. O líder terá un difícil saída ante o irregular Castriz, que medras nas grandes ocasións. Por detras, os Corme e Esteirana terán complicadas saídas contra o Volantes e o San Lorenzo, mentres que o partido máis igualado será o Cee-Baio, con dous equipos que veñen de gañas os 3 últimos partidos. O Outes-Carnota de seguro que é intenso tamén nun ateigado Conchido.

Na hai partidos de alta tensión. O Porteño terá derbi ante o Xaviña. Pero o partido da semana será o Camelle-Independiente, entre dous dos que mellor comezaron a campaña.

Nos xuvenís, no sur o Dumbría-Fisterra será o partidazo da semana, mentres que polo norte o Malpica-Baio non lle queda á zaga en calidade e intensidade.

Atentos aos Veteranos, que verán un Ponteceso-Cabana moi intenso que servirá para medir as posibilidades do Cabana.

En marcha a Comisión organizadora dos actos do 50 aniversario da Copa da Costa

Segundo nos informan dende a Asociación de Clubes do Fútbol da Costa, esta fin de semana foi enviado un escrito os clubes para que todos podan participar nos actos do 50 aniversario da Copa da Costa. O primeiro paso destes actos vai consistir en crear a Comisión que vai organizar o evento. A intención é a de formalizar unha reunión antes do 30 de outubro para formar a Comisión e empezar a traballar canto antes.

A Asociación, en colaboración ca Federación Galega de Fútbol, pretende levar a cabo unha serie de actos para conmemorar estes cincuenta anos da competición de Copa máis prestixiosa a nivel regional.


Preferente, xornada 9

Dumbría 20/10 - 17:00 Sada
Bertamiráns 21/10 - 17:00 Xallas StComba
  • Descansa Soneira.

1ª Autonómica, xornada 8

Fisterra 20/10 - 16:30 Camariñas
Piloño 21/10 - 16:30 Ponteceso
Malpica 21/10 - 17:00 Laro

2ª Autonómica, xornada 8

Corcubión 20/10 - 16:30 Muros
Cabana 20/10 - 18:00 Zas
Dumbría B 21/10 - 16:30 Montelouro
San Lorenzo 21/10 - 16:30 Esteirana
Cee 21/10 - 16:30 Baio
Volantes 21/10 - 16:30 Corme
Buño 21/10 - 17:00 Mazaricos
Castriz 21/10 - 17:00 Sofán
Outes 21/10 - 17:00 Carnota

3ª Autonómica, xornada 8

Soneira B 20/10 - 16:00 Alcaián
Camelle 20/10 - 16:30 Indep. Carballo
Castrelo 20/10 - 18:30 Fisterra B
Baíñas 21/10 - 16:30 Muxía
Nantón 21/10 - 16:30 Cerqueda
Porteño 21/10 - 16:30 Xaviña
Coristanco 21/10 - 16:30 Laxe
Ameixenda 21/10 - 18:30 Corcoesto
  • Descansa Lira.

Ligas Xuvenís, Gr.3, xornada 8

Dumbría 20/10 - 11:30 Fisterra
Soneira 20/10 - 12:00 Mazaricos
Esteirana 20/10 - 12:00 Cee
Corcubión 20/10 - 12:30 Outes
Xallas StComba 20/10 - 16:30 Muros

Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 8

Cabana 20/10 - 16:00 Corme
Muxía 20/10 - 16:30 Ponteceso
Camariñas 20/10 - 16:30 Laxe
Malpica 20/10 - 16:30 Baio
Coristanco 20/10 - 16:30 Zas

Liga Galega Cadete, xornada 6

S.de Compostela 20/10 - 18:15 Dumbría
Bergantiños 20/10 - 19:00 S.D. Compostela

Liga Galega Infantil, xornada 6

Bergantiños 20/10 - 10:00 Montañeros B
S.de Compostela 20/10 - 11:15 Dumbría

1ª Infantil, xornada 5

Xallas StComba 20/10 - 10:30 Outes
Os Miudos 20/10 - 11:00 Fisterra
Cee 20/10 - 16:30 Esteirana
Baio 21/10 - 10:30 Cabana
Corme 21/10 - 10:30 Ponteceso
Muxía 21/10 - 10:30 Coristanco
Sofán 21/10 - 17:00 E.M.F. Vimianzo
  • Descansa As Baleas.

Ligas de Veteranos, xornada 6

1ª División

Soneira
21/10 - 10:00 Camariñas
Bergantiños 21/10 - 10:00 Corcubión Vet.
Ponteceso 21/10 - 11:00 Cabana
Nantón 21/10 - 11:00 Bértoa
Coristanco 21/10 - 11:00 San Lorenzo
Castriz 21/10 - 11:00 Vimianzo
Xuv. Bergantiños 21/10 - 11:00 Baio
San Román 21/10 - 12:00 Zas

1ª División

Sofán 21/10 - 10:00 Dep. Carballo
Poniente 21/10 - 10:00 Corme
Corcoesto 21/10 - 11:00 Leiloio
Cerqueda 21/10 - 11:00 Porteño
Agualada 21/10 - 11:00 Camelle
Malpica 21/10 - 11:00 Buño
Laxe 21/10 - 11:00 Muros

Fútbol Sala

O Fisober disputara por 1ª vez na sua historia un partido oficial fora de Galicia, e será en Bilbao, ante o Stilo Berrio na 2ª xornada de Liga de 2ª División.
As xogadoras vimiancesas intentaran sacar un resultado positivo ante un equipo, o bilbaíno, que basa o seu plantel en xogadoras de canteira e que na 1ª xornada derrotaba ó Comarcal A Fervenza por 0-2 polo que chegaran ca moral alta para enfrontarse ó equipo galego.
Os adestradores vimianceses non poderán contar para este partido con Elsa Souto, pero si con Nuria Paz, recuperada, polo que se desplazaran a Bilbao un total de 10 xogadoras.

Sairán ás 0:00h de Vimianzo, para chegar a Getxo arredor das 9:00h, almorzar, descansar, ata ás 14:00h cando partirán para disputar o partido no Pavillón Municipal de Abusu-La Peña (Bilbao). Ao remate voltarán e se agarda a súa chegada ás 3:00h.

Balonmán

- 1ª Autonómica Masculina: O vindeiro sábado viaxa o Camariñas a unha das pistas máis difíciles da categoría. En Ribadavia enfrontarase ao equipo do Ribeiro Viña Costeira, un dos clásicos da categoría.
- 1ª Estatal: A vindeira xornada visitará Carballo o Mecalia At. Novás, equipo recentemente descendido da División de Honra Prata, que conta, e moito, nas quinielas para facerse cun dos postos que da acceso á fase de ascenso. De seguro un rival complicadísimo para o Calvo Xiria. Coma ven sendo habitual o sábado ás 18:00 horas no Vila de Noia.


Taekwondo

Este proximo sabado 20 de outubro o Club Taekwondo Arte e Movemento asistira a Copa Deputación-Torneo Novagalicia Banco, fase provincial da Coruña, que se celebrara en Sada. Tratase dunha competición de Técnica, que se celebrara nas catro provincias por separado este mesmo dia, na que participarán en total máis de 1.500 persoas (deportistas, técnicos e árbitros).
Estas competicións son clasificatorias para a Copa Xunta de Galicia-Torneo Pescanova, que terá lugar o día 24 de novembro en Moaña. Os tres primeiros clasificados de cada categoría en cada provincia logran unha praza para a Copa Xunta de Galicia.

O Clube Arte e Movemento desprazara nada mais e nada menos que a 40 deportistas, entre os 6 e os 35 anos, naturais de Cee, Fisterra, Carnota, Muxía e Vimianzo:

Juan Alvarellos, Cristian Domínguez, Juan Luis Lista, Cristian López, Marcos Rodríguez, Manuel Alonso, Carla Martine, Yanire Alonso, Lois Benlloch, Álvaro Lado, Maria Lado, Laura Marcote, Carmen Romero, Angel Alonso, Patricia Túñez, Marta Sambade, Aitana Ayala, Adrián Rodríguez, Gonzalo Martinez, Zaira Domínguez, Xoel García, Lois Gonzalez, Yago López, Paula Ézara, Zoraida Barrientos, Paula Canosa, Mar Marcote, Andrea Pazos, Ylenia Martinez, Alex López, Lucas Toba, Adriana Toba, Adrian Saborido, Anxo Fernández, Brais Fernández, Javier Núñez, Ismael Senande, Adrian Vazquez, Sara Fernández, Paula Insua, Mara Gionmarini, Martín Franco, Andrea García, Daniel López, Irimia Pérez e Manuel Villamisar.


Voleibol

Esta xornada os equipos de volei da bisbarra xogan en Dumbría o sábado 20 nos seguintes horarios:

10:30h:
- Infantil femenino: Manuela Rial- Calasancias;
- Cadete masculino: Volei Dumbría- Calasancias.

12:00h:
- Cadete femenino Volei Dumbría- Calasancias;
- Infantil masculino Manuela Rial- Calasancias.


Máis información

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Fonte

comentarios