Mércores. 18.09.2024
El tiempo

Axenda deportiva da fin de semana

Axenda deportiva da fin de semana
Imaxe do Soneira - Dubra

Chega unha nova fin de semana e parece que teremos unha pequena tregua deste duro inverno. De feito teremos ata surf nas nosas praias, ademais de volei, baloncesto, balonmán, fútbol sala, tenis de mesa… E como non, #futboldacosta.

Xornada tranquila na Preferente, na que o Dumbría terá o choque máis complicado e bonito recibindo ao 3º, o Boiro.
Non será tranquila, nin moito menos, a xornada na 1ª Automómica. Con grandes urxencias chegan os 3 equipos de abaixo a esta xornada 30, que presenta o seu foco de atención no derbi entre Malpica e Camariñas. Os de Berto necesitan a vitoria ante un Malpica que non se xoga nada. Tamén necesita a vitoria o Ponteceso, pero recibirá no Pinguel nada menos que ao líder, o Estudiantil. Mentres, o Fisterra visita ao Amio e necesita romper a mala xeira de resultados que trae.

Na 2ª Autonómica toca fin de semana de derbis. Como o Volantes-Esteirana no novo campo Eleuterio Balayo, unha vez que o pleno de Muros tivo a ben poñerlle o nome do finado presidente fundador do Muros SD ao campo de Miraflores.
Ademais, o Cee terá que superar a un sempre motivado Corcubión para manter o ritmo dos de arriba, e case que podemos considerar derbis os Carnota- Mazaricos e Outes-Muros.

A xornada da 3ª Autonómica, a xornada trae un partidazo. O Porteño intentará romper a racha do lider, o Independiente, e recurtar os 4 puntos cos que conta o cadro carballés. Preséntase clave este choque para o devir da temporada, mentres que o Camelle non pode fallar ante un Ameixenda en plena loita pola promoción.

A Copa da Costa Xuvenil coñecerá aos seus cuartofinalistas este sábado. Con Malpica (o Muxía retirouse e non xogará a volta), Cabana e Dumbría case que clasificados, queda moita tensión para esta volta dos Oitavos.

Na Liga Galega Cadete ten o Dumbría unha boa ocasión para afianzarse na 3ª praza de ascenso á División de Honra, xa que visita a un Victoria B na zona baixa, e o Ural, o rival dos dumbrieses co que están empatados, tócalle recibir ao líder, o Deportivo B.

Mentres, os Veterenos teñen esta fin de semana a penúltima e crucial xornada, cunha saída do líder, o Soneira, ao campo das Redondas, onde o Castriz espera o seu tropezo para superalo.
Ademais, os clubes de Veteranos teñen cita o venres 19 de abril co sorteo da Copa da Costa de Veteranos, que se celebrará a partir das 21:30h no Local da 3ª Idade de Neaño, en Cabana.

Preferente, xornada 33

Dumbría 13/04 - 17:30 Boiro
O Val 14/04 - 17:00 Soneira
Taboada 14/04 - 17:00 Xallas StComba

1ª Autonómica, xornada 30

Malpica 14/04 - 17:00 Camariñas
Estudiantil 14/04 - 17:00 Ponteceso
Amio 14/04 - 18:00 Fisterra

2ª Autonómica, xornada 30

Cabana 13/04 - 18:00 Dumbría B
Corcubión 14/04 - 17:00 Cee
Buño 14/04 - 17:00 San Lorenzo
Volantes 14/04 - 17:00 Esteirana
Castriz 14/04 - 17:00 Baio
Outes 14/04 - 17:00 Muros
Carnota 14/04 - 17:00 Mazaricos
Sofán 14/04 - 17:00 Zas
Corme 14/04 - 17:00 Montelouro

3ª Autonómica, xornada 30

Ameixenda 13/04 - 17:00 Camelle
Baíñas 14/04 - 17:00 Castrelo
Nantón 14/04 - 17:00 Lira
Porteño 14/04 - 17:00 Indep. Carballo
Coristanco 14/04 - 17:00 Muxía
Laxe 14/04 - 17:00 Corcoesto
Alcaián 14/04 - 17:00 Cerqueda
  • Soneira B - Fisterra B (2-0) pola retirada do filial fisterrán.
  • Descansa Xaviña.

Copa da Costa Xuvenil, Volta dos Oitavos


Liga Galega Cadete, xornada 28

Victoria B 13/04 - 16:00 Dumbría
Bergantiños 14/04 - 12:00 Portuarios

Liga Galega Infantil, Playoff polo Título, xornada 9

Bergantiños 13/04 - 12:00 Pabellón Ourense

Liga Galega Infantil, Playoff Descenso Gr. B, xornada 9

Dumbría 13/04 - 11:30 Xuventude Oroso

1ª Cadete, xornada 22

Xallas StComba 13/04 - 10:30 Muxía
Baio 13/04 - 10:30 Cee
Fisterra 13/04 - 10:30 Zas
Con. de Carnota 13/04 - 10:30 Esteirana
Ponteceso 13/04 - 16:30 Muros
Porteño 14/04 - 16:30 Outes
Cabana 14/04 - 18:15 Coristanco

1ª Infantil, xornada 26

Ponteceso 12/04 - 18:30 E.M.F. Vimianzo
As Baleas 13/04 - 18:00 Cee
Corme 14/04 - 10:00 Baio
Fisterra 14/04 - 10:30 Esteirana
Coristanco 14/04 - 10:30 Sofán
Muxía 14/04 - 10:30 Xallas StComba
Cabana 14/04 - 16:30 Outes
  • Descansa Os Miúdos.

Ligas de Veteranos, xornada 29

1ª División

Vimianzo 14/04 - 10:00 Camariñas
Cabana 14/04 - 11:00 Soneira
Castriz 14/04 - 11:00 Bergantiños
Baio 14/04 - 11:00 Coristanco
Zas 14/04 - 11:00 Nantón
San Lorenzo 14/04 - 11:00 Corcubión Vet.
San Román 14/04 - 12:00 Ponteceso
Bértoa 14/04 - 12:00 Xv. Bergantiños

2ª División

Porteño 14/04 - 10:00 Corme
Dep. Carballo 14/04 - 10:00 Buño
Malpica 14/04 - 11:00 Leiloio
Agualada 14/04 - 11:00 Poniente
Cerqueda 14/04 - 11:00 Laxe
Corcoesto 14/04 - 11:00 Muros
Camelle 14/04 - 12:00 At. Milagrosa
  • Descansa Sofán.

Surf

Íamos ter doble competición surfeira esta fin de semana na Costa da Morte. Pero finalmente a 1ª Proba do Circuíto Galego Open de Longboard-Paddleboard, na Praia de Nemiña (Muxia) queda apradaza para o 20 / 21 de abril.

A que si acollerá unha proba será a Praia de Area Maior (Malpica de Bergantiños), que tanto o sábado 13 como o domingo 14 de abril acollerán a 1ª Proba do Circuito Galego Open de Surf, proba clasificatoria para a Final do Campeonato Nacional de España 2013.

I Liga Intermunicipal de Tenis de Mesa

O seguinte encontró será o vindeiro sábado 13 de abril en Muxía entre Muxía e Corcubión.

Volei

O o domingo as 17:00h as cadetes do Voleibol Dumbría disputan en Corcubión (polas obras no pavillón de Dumbria) o cruce de promoción para manter a categoría na Liga Galega ante o Dompa Gestión de Ourense.

Fútbol Sala

A Volta da Copa Provincial de Fútbol Sala protagonizará a fin de semana, cun choque entre Ponteceso FSF e Esteirana moi intenso. As pontecesás superaron en Esteiro por 0-3 ás esteiranas polo que contan cunha boa vantaxe para pasar a Semifinais.
Tamén na Copa, o Fisober B rematara este sábado a temporada 2012-13 coa visita a Arteixo donde se enfrontaran ó Manureva, as rapazas de Jemisa e Mauro intentaran facer un bo partido ante un rival moi superior e favorito para alzarse co titulo de Copa Provincial. O partido disputarase no Pazo dos Deportes de Arteixo o sábado ás 16:00 h.

Ademais, o equipo alevín do Fisober adestrado por Elsa e Olalla xogara este sábado ás 12:00 h no Pavillón Jose Lago de Esteiro a Fase Intercomarcal, o rival será o Atletes de Esteiro.

Balonmán

- 1ª Estatal: MMT SEGUROS ZAMORA - CALVO XIRIA: sábado 13/04/201 ás 18:00 no POLIDEPORTIVO MANUEL CAMBA.
- 1ª Autonómica, Liga polo ascenso: VITALDENT BALONMAN PONTEVEDRA - BM CAMARIÑAS: domingo 14/04/2013 as 12:00 no PAV.MCPAL.PONTEVEDRA (xa sen posibilidades de ascenso para os conserveiros).

Baloncesto

Sábado 13 no Municipal de Brens:
- 18:00h - Cadete masculino: ACB Costa da Morte - Basquet Coruña Maristas B.
- 20:00h - Senior masculino: ACB Costa da Morte - Fontiñas.
- 12:00h - Cadete femenino: STA MARIA DEL MAR - ACB COSTA DA MORTE.
- 12:00h - Infantil masculino: FERROL BALONCESTO MESÓN O ESCUDO - ACB COSTA DA MORTE.
- 11:00h - Minibasket femenino: OBRADOIRO - FERROATLANTICA COSTA DA MORTE.
- 12:00h - Minibasket maculino: E.M. ABEGONDO - FERROATLANTICA COSTA DA MORTE.

Domingo 14 no Municipal de Brens:
- 12:00h - Infantil feminino: Ferroatlántica Acb Costa da Morte - Calasancias.
- 17:00h - Senior femenino: CB LARACHA NOVA FACIAL - E.S. BAZARRA COSTA DA MORTE.

Baile Deportivo

A próxima cita do clube Arte e Movemento, trátase dunha das máis importantes da temporada. Sera esta próxima fin de semana en Zaragoza. 2 parellas do clube foron seleccionadas para optar ó ascenso de categoria, son as parellas formadas por Cristian Dominguez e Laura Rivadulla, Roberto Ezara e Patricia Tuñez.
Pero ademais, nas mesmas instalacions disputase o Campionato de España de Baile Standard 2013, onde participarán Diego Rivadulla e Ariadna Leis, sendo esta a primeira vez para esta parella que participa no campionato de España, que lles servirá para medirse e saber en que nivel estan.

Comentarios