Nova xornada completa de Fútbol da Costa con máis de 60 partidos en liza. E bo tempo, que esta primeira fin de semana de outono vén moi soleada.
E comezamos o repaso á xornada pola Preferente - Senra Sport, na que os nosos teñen ocasión de seguir sumando en casa, e subir posicións. O Dumbría recibe ao Negreira, equipo moi enchufado que chega empatado a 7 puntos. Mentres o XSC recibe a un Escairón que comezou a campaña de xeito regular e chega empatado cos xalleiros a 5 puntos.
Xa na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra temos o partidazo da xornada. Un derbi ademais xa coa necesidade de sumar xa que tanto Soneira como Esteirana chegan con só 1 puntos. Ten que sumar tamén o Malpica, con só 2 puntos, pero visita a todo un Villestro. Xa por arriba, os Sofán, Corme e Baio teñen máis tranquilidade, e terán complicadas saídas ao campo do Cordeiro, a Silleda co pechacancelas e a Bertamiráns.
Horario unificado para esta 4ª xornada na 2ª Autonómica - ES Bazarra. Con partidos intensos ademais, como ese derbi camariñán na Grixa, un Volantes-Outes sempre intenso ou un Cee-Buño no alto da táboa.
Un partido en horario matutino na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. O Lira-Muxía, un dos máis interesantes da xornada xa que descansa o líder, o Coristanco, celebrarase pola mañá en Lombáns, entre un Lira que se pode poñer á cabeza e un Muxía que aínda non estreou o taboleiro de puntos.
Na Liga Xuvenil Sur - MáisDeporte, o Dumbría terá que superar unha das que parecen as pedras máis duras da temporada, o novo equipo dos Miúdos. Ademais, o Outes-XSC é unha incógnita pois o cadro da Serra só leva un partido, e o Esteirana-Cee seguro que ten moito interese.
E na Liga Xuvenil Norte - MáisDeporte, o Coristanco e o Cabana non queren baixar o ritmo e reciben en casa a Porteño e Malpica. O Camariñas-Corme parece o choque máis igualado, loitando pola 3ª praza.
Nas ligas autonómicas, triple ocasión para comezar a sumar de 3 en 3. O Dumbría da División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría recibe ao Valmiñor para conseguir a primeira vitoria da temporada. O mesmo lle acontece ao XSC da Liga Galega que recibe ao Lugo B, mentres que o equipo infantil dumbriés intentará facer o propio ante o Portuarios.
| Dumbría | 28/09 - 17:00 | Negreira |
| Xallas StComba | 28/09 - 17:30 | Escairón |
| Villestro | 28/09 - 16:30 | Malpica |
| Soneira | 28/09 - 17:00 | Esteirana |
| Silleda | 28/09 - 17:00 | Corme |
| Cordeiro | 28/09 - 18:00 | Sofán |
| Bertamiráns B | 28/09 - 18:00 | Baio |
| Cee | 28/09 - 17:00 | Buño |
| Zas | 28/09 - 17:00 | Montelouro |
| Cabana | 28/09 - 17:00 | Castriz |
| Seaia | 28/09 - 17:00 | Carnota |
| Porteño | 28/09 - 17:00 | Camariñas |
| Camelle | 28/09 - 17:00 | Mazaricos |
| San Lorenzo | 28/09 - 17:00 | Ponteceso |
| Fisterra | 28/09 - 17:00 | Baíñas |
| Volantes | 28/09 - 17:00 | Outes |
| Ameixenda | 27/09 - 18:00 | Castrelo |
| Lira | 28/09 - 11:00 | Muxía |
| Nantón | 28/09 - 17:00 | Corcubión |
| Cerqueda | 28/09 - 17:00 | Laxe |
| Os Miudos | 27/09 - 17:00 | Dumbría |
| Esteirana | 27/09 - 17:00 | Cee |
| Outes | 27/09 - 17:00 | Xallas StComba |
| EF Corcubión | 27/09 - 17:00 | Fisterra |
| Castriz | 27/09 - 17:00 | Muxía |
| Cabana | 27/09 - 12:00 | Malpica |
| Laxe | 27/09 - 17:00 | Zas |
| Coristanco | 27/09 - 17:00 | Porteño |
| Baio | 27/09 - 17:00 | Ponteceso |
| Camariñas | 27/09 - 18:30 | Corme |
| Dumbría | 27/09 - 17:00 | Valmiñor |
| Dumbría | 27/09 - 11:30 | Portuarios |
| Coristanco | 27/09 - 10:30 | Os Miudos |
| Esteirana | 27/09 - 10:30 | Cee |
| Outes | 27/09 - 10:30 | Fisterra |
| Ponteceso | 27/09 - 11:00 | Corme |
| As Baleas | 27/09 - 16:00 | Sofán |
| Baio | 28/09 - 10:00 | Muxía |
| Cabana | 27/09 - 10:00 | Xallas StComba |
| Cee | 27/09 - 16:00 | E.M.F. Vimianzo |
| Fisterra | 28/09 - 10:30 | Ponteceso |
| Corme | 28/09 - 10:30 | Coristanco |
| Esteirana | 28/09 - 10:30 | Zas |
| Outes | 28/09 - 12:00 | Os Miudos |
Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 3
| Bértoa | 28/09 - 10:00 | Dumbría |
| San Román | 28/09 - 11:00 | Cabana |
| Castriz | 28/09 - 11:00 | Laxe |
| Ponteceso | 28/09 - 11:00 | Soneira |
| Zas | 28/09 - 11:00 | San Lorenzo |
| Baio | 28/09 - 12:00 | Hosgran |
- Descansa Coristanco.
- Xuv. Berg - Milagrosa aprazado.
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 3
| Dep. Carballo | 28/09 - 10:00 | Sofán |
| Corcoesto | 28/09 - 11:00 | Camariñas S.D.V |
| Erbecedo | 28/09 - 11:00 | Cerqueda |
| San Isidro-Razo | 28/09 - 11:00 | Poniente |
| Buño | 28/09 - 11:00 | Malpica |
| Agualada | 28/09 - 11:00 | Nantón |
| Vimianzo | 28/09 - 11:00 | Leiloio |
Máis información
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).