Axenda futboleira dunha fin de semana de entroido

Nova xornada futboleira nesta fin de semana de Entroido, que xa sabedes vén cargada de actividades e troula. Pero tamén moito Fútbol da Costa, e arrincamos o repaso por arriba.

Na Preferente - Senra Sport, tralo pau da pasada semana en casa, os XSC e Dumbría teñen visitas ben diferentes. O cadro xalleiro enfróntase ao pechacancelas, mentres que o Dumbría o fai ante o líder.

Choques importantes na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra, sobre todo trala malísima pasada xornada. Como o derbi entre o Sofán, que precisamente perdía o liderato tras 3 partidos sen gañar, e o Soneira no Carral, onde o cadro sofanista só se deixou 2 puntos no que vai de temporada. Finalísima para a Esteirana na casa ante o Piloño, equipo da zona media, sen nada en xogo, e ante o que hai que sumar si ou si se quere chegar ao treito final con opcións reais de manterse. Ademais, o Corme, tamén en postos de descenso, quere que o seu fútbol se traduza en resultados, pero ollo, que recibe a un Puebla na 4ª praza, e que vén de gañar a todo un Baio. O cadro de Félix recibe ao Flavia e o Malpica ao Bertamiráns B, todos na zona morna.

Terá o líder unha complicada saída na xornada da 2ª Autonómica - ES Bazarra, pois se enfronta a un dos equipos máis en forma, o Camariñas, que suma 4 vitorias seguidas. Non pode fallar o San Lorenzo pois o Outes está no seu mellor momento, con 11 partidos sen perder, e busca seguir a xeira ante o Baíñas en Vimianzo. Ademais, o Zas visita a un Buño con problemas, e o Castriz recibe ao Porteño.
Por abaixo, o partidazo da xornada, e toda unha final para o Montelouro, xogarase no Eleuterio Balayo, o exilio dos loureáns mentres duran as obras de instalación do céspede artificial, ante o Seaia, que marca a salvación con 6 puntos de vantaxe.

Buscará o Cerqueda a súa 9ª vitoria consecutiva, na complicada saída ao Cubeleiro na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. Atento estará o Ameixenda, que non pode fallar ante o pechacancelas Laxe. Ademais, o Muxía segue pelexando por meterse na Promoción e recibe ao Nantón, mentres o Coristanco quere escapar do cadro muxián pero terán que superar ao Lira.

Nova sesión Xuvenil

Veremos se o Entroido non fai moitos estragos na xornada sabatina neste ecuador da Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil. O Dumbría, tras sufrir a primeira derrota do curso da man do XSC, ten que manter o seu poderío ante un Camariñas que se gaña no Conco se colocaría líder. Ten opcións o Cabana, tamén a 2 do cadro dumbriés, pero en fronte terá a Os Miúdos, un equipazo.. Ademais, Porteño e XSC xogarán unha final, pois o que perda practicamente perderá opción de meterse nos dous primeiros postos.

Xa na insulsa Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, o líder, con 4 de 4, enfróntase ao pechacancelas, tamén con 4 de 4, pero en derrotas, o Baio. os baieses buscarán estrear o taboleiro, mentres Cee e Zas enfrontaranse buscando a súa primeira vitoria para intentar escapar das 3 últimas prazas. Tamén necesita gañar o Castriz, pero visiata a un bo Outes-

Novo paso nas Ligas Autonómicas

Trala última xornada da primeira fase; o Dumbría infantil empeza na Coruña o Play Off por evitar o descenso. E o fai nunha posición complicada, pois parte con 5 puntos e a salvación e a salvación está nos 13 puntos do Ural, precisamente o rival desta primeira das 14 xornadas.

Ademais, o Dumbría da División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría recibe ao pechacancelas, un Ourense con 5 puntos, ante o que o cadro dumbriés ten que seguir sumando.
E o XSC da Liga Galega Cadete, algo máis apurado, ten un choque directo ante o Compostela. Unha vitoria en Fontenla sería fundamental para escapar do descenso.

BASE: Un choque no cumio

Nas ligas comarcais haberá tamén moita actividade. Sobre todo na 1ª Cadete, cun choque no cumio, entre os dous destacados e favoritos para meterse na Fase de Ascenso á Liga Galega. O Corme, líder, recibe ao inmediato perseguidor, un Cabana a só 1 punto.

Na 1ª Infantil, XSC, Fisterra e Os Miúdos terán rivais da zona baixa.

E nos peques do F8 terán o foco de atención no coque entre Outes e Os Miúdos, 2º e 3º da F8 Benxamín Costa Sur.

Finais das LCFs

A fin de semana arrincará coas finais peques das Ligas Comarcais de Fútbol Sala. Unhas finais que se disputarán o vindeiro venres 13, a partir das 18:00h no pavillón de Dumbría, co Fisterra como gran protagonista, pois está clasificado nas 3 categorías.

Os Veteranos

Apretada está la 1ª División de Veteranos, con ata 8 equipos en apenas 10 puntos. O líder, o San Román, recibe a un laxe na zona media-baixa, e o Hosgran, a 3 puntos, visita a un Zas aí metido. Teremos un par de choques directos no grupo de arriba, como o Coristanco-San Lorenzo e o Bértoa-Milagrosa.

Na 2ª División, o líder destacadísimo, o Agualada, quere seguir ampliando a vantaxe e terá en fronte ao Porteño, 3º a 10 puntos.

Preferente - Senra Sport, xornada 24

Escairón 15/02 - 17:00 Xallas StComba
Negreira 15/02 - 17:00 Dumbría

1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 23

Esteirana 14/02 - 16:30 Piloño
Baio 14/02 - 17:15 Flavia
Malpica 15/02 - 16:15 Bertamiráns B
Sofán 15/02 - 16:30 Soneira
Corme 15/02 - 16:45 Puebla

2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 23

Carnota 14/02 - 16:30 Camelle
Ponteceso 14/02 - 17:00 Volantes
Baíñas 14/02 - 18:00 Outes
Montelouro 15/02 - 16:15 Seaia
Camariñas 15/02 - 16:15 San Lorenzo
Mazaricos 15/02 - 16:15 Fisterra
Buño 15/02 - 17:00 Zas
Cee 15/02 - 17:00 Cabana
Castriz 15/02 - 17:00 Porteño

3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 23

Corcubión 14/02 - 16:15 Cerqueda
Muxía 15/02 - 16:15 Nantón
Laxe 15/02 - 16:15 Ameixenda
Coristanco 15/02 - 17:00 Lira
  • Descansa Castrelo.

Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 5

Os Miudos 14/02 - 16:15 Cabana
Porteño 14/02 - 16:15 Xallas StComba
Dumbría 14/02 - 17:00 Camariñas

Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, xornada 5

Outes 15/02 - 11:00 Castriz
Corcubión 14/02 - 12:00 Ponteceso
Coristanco 14/02 - 12:00 Corme
Esteirana 14/02 - 12:15 Baio
Fisterra 14/02 - 16:15 Muxía
Cee 14/02 - 18:00 Zas
  • Descansa Malpica.

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 23

Dumbría 14/02 - 12:00 Ourense

Liga Galega Cadete, xornada 23

Xallas StComba 14/02 - 11:30 Compostela

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría - Play Off Descenso Norte Impar, xornada 1

Ural 14/02 - 12:00 Dumbría

1ª Cadete, xornada 22

Fisterra 14/02 - 10:00 As Baleas
Muxía 14/02 - 10:30 Os Miudos
Cee 14/02 - 10:30 Sofán
Esteirana 14/02 - 10:30 Coristanco
Corme 14/02 - 11:00 Cabana
Ponteceso 15/02 - 11:00 Outes
  • Descansa Baio.

1ª Infantil, xornada 22

Vimianzo 13/02 - 18:30 Ponteceso
Xallas StComba 14/02 - 16:00 Coristanco
Cee 14/02 - 16:00 Corme
Sofán 14/02 - 16:30 Fisterra
Cabana 15/02 - 10:00 Esteirana
Os Miudos 15/02 - 10:30 Zas
  • Descansa Outes.

F8 Alevín Costa Sur, xornada 14

Dumbría B 4-0As Baleas
Outes A 14/02 - 10:00 Os Miúdos A
Dumbría 14/02 - 11:00 Os Miúdos B
Lira 14/02 - 12:00 Esteirana B
Cee B 14/02 - 13:00 Cee A
Fisterra 14/02 - 13:00 XSC A
Esteirana A 15/02 - 12:00 Sofán
  • Dumbría B-As Baleas alterna a orde e se xoga no Conco.

F8 Benxamín Costa Sur, xornada 14

Dumbría 14/02 - 10:00 Os Miúdos B
Outes 14/02 - 11:00 Os Miúdos A
Lira 14/02 - 11:00 XSC B
Fisterra 14/02 - 12:00 XSC A
Cee B 14/02 - 12:15 Cee A
Esteirana 15/02 - 11:00 Sofán

Finais da LCFS (13-02-2015)

Categoría EquiposPavillón Hora
Benxamín C. Fisterra – C. Muxía Dumbría 18:00
Alevín C. Fisterra – Manuela Rial Dumbría 19:00
Infantil C. Fisterra – As Baleas Dumbría20:00

Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 21

Zas 15/02 - 11:00 Hosgran
Cabana 15/02 - 12:00 Dumbría
San Román 15/02 - 10:00 Laxe
Bértoa 15/02 - 12:00 At. Milagrosa
Castriz 15/02 - 11:00 Soneira
Coristanco 15/02 - 10:00 San Lorenzo
Xv. Bergantiños 15/02 - 11:00 Ponteceso
  • Descansa Baio.

Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 21

Vimianzo 15/02 - 11:00 Sofán
Camariñas 15/02 - 11:00 Cerqueda
Corcoesto 15/02 - 11:00 Poniente
Dep. Carballo 15/02 - 12:00 Malpica
Erbecedo 15/02 - 11:00 Nantón
Buño 15/02 - 11:00 Leiloio
Agualada 15/02 - 11:00 Porteño
  • Descansa San Isidro-Razo.

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).