Nova xornada futboleira nesta fin de semana de Entroido, que xa sabedes vén cargada de actividades e troula. Pero tamén moito Fútbol da Costa, e arrincamos o repaso por arriba.
Na Preferente - Senra Sport, tralo pau da pasada semana en casa, os XSC e Dumbría teñen visitas ben diferentes. O cadro xalleiro enfróntase ao pechacancelas, mentres que o Dumbría o fai ante o líder.
Choques importantes na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra, sobre todo trala malísima pasada xornada. Como o derbi entre o Sofán, que precisamente perdía o liderato tras 3 partidos sen gañar, e o Soneira no Carral, onde o cadro sofanista só se deixou 2 puntos no que vai de temporada. Finalísima para a Esteirana na casa ante o Piloño, equipo da zona media, sen nada en xogo, e ante o que hai que sumar si ou si se quere chegar ao treito final con opcións reais de manterse. Ademais, o Corme, tamén en postos de descenso, quere que o seu fútbol se traduza en resultados, pero ollo, que recibe a un Puebla na 4ª praza, e que vén de gañar a todo un Baio. O cadro de Félix recibe ao Flavia e o Malpica ao Bertamiráns B, todos na zona morna.
Terá o líder unha complicada saída na xornada da 2ª Autonómica - ES Bazarra, pois se enfronta a un dos equipos máis en forma, o Camariñas, que suma 4 vitorias seguidas. Non pode fallar o San Lorenzo pois o Outes está no seu mellor momento, con 11 partidos sen perder, e busca seguir a xeira ante o Baíñas en Vimianzo. Ademais, o Zas visita a un Buño con problemas, e o Castriz recibe ao Porteño.
Por abaixo, o partidazo da xornada, e toda unha final para o Montelouro, xogarase no Eleuterio Balayo, o exilio dos loureáns mentres duran as obras de instalación do céspede artificial, ante o Seaia, que marca a salvación con 6 puntos de vantaxe.
Buscará o Cerqueda a súa 9ª vitoria consecutiva, na complicada saída ao Cubeleiro na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. Atento estará o Ameixenda, que non pode fallar ante o pechacancelas Laxe. Ademais, o Muxía segue pelexando por meterse na Promoción e recibe ao Nantón, mentres o Coristanco quere escapar do cadro muxián pero terán que superar ao Lira.
Nova sesión Xuvenil
Veremos se o Entroido non fai moitos estragos na xornada sabatina neste ecuador da Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil. O Dumbría, tras sufrir a primeira derrota do curso da man do XSC, ten que manter o seu poderío ante un Camariñas que se gaña no Conco se colocaría líder. Ten opcións o Cabana, tamén a 2 do cadro dumbriés, pero en fronte terá a Os Miúdos, un equipazo.. Ademais, Porteño e XSC xogarán unha final, pois o que perda practicamente perderá opción de meterse nos dous primeiros postos.
Xa na insulsa Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, o líder, con 4 de 4, enfróntase ao pechacancelas, tamén con 4 de 4, pero en derrotas, o Baio. os baieses buscarán estrear o taboleiro, mentres Cee e Zas enfrontaranse buscando a súa primeira vitoria para intentar escapar das 3 últimas prazas. Tamén necesita gañar o Castriz, pero visiata a un bo Outes-
Novo paso nas Ligas Autonómicas
Trala última xornada da primeira fase; o Dumbría infantil empeza na Coruña o Play Off por evitar o descenso. E o fai nunha posición complicada, pois parte con 5 puntos e a salvación e a salvación está nos 13 puntos do Ural, precisamente o rival desta primeira das 14 xornadas.
Ademais, o Dumbría da División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría recibe ao pechacancelas, un Ourense con 5 puntos, ante o que o cadro dumbriés ten que seguir sumando.
E o XSC da Liga Galega Cadete, algo máis apurado, ten un choque directo ante o Compostela. Unha vitoria en Fontenla sería fundamental para escapar do descenso.
BASE: Un choque no cumio
Nas ligas comarcais haberá tamén moita actividade. Sobre todo na 1ª Cadete, cun choque no cumio, entre os dous destacados e favoritos para meterse na Fase de Ascenso á Liga Galega. O Corme, líder, recibe ao inmediato perseguidor, un Cabana a só 1 punto.
Na 1ª Infantil, XSC, Fisterra e Os Miúdos terán rivais da zona baixa.
E nos peques do F8 terán o foco de atención no coque entre Outes e Os Miúdos, 2º e 3º da F8 Benxamín Costa Sur.
Finais das LCFs
A fin de semana arrincará coas finais peques das Ligas Comarcais de Fútbol Sala. Unhas finais que se disputarán o vindeiro venres 13, a partir das 18:00h no pavillón de Dumbría, co Fisterra como gran protagonista, pois está clasificado nas 3 categorías.
Os Veteranos
Apretada está la 1ª División de Veteranos, con ata 8 equipos en apenas 10 puntos. O líder, o San Román, recibe a un laxe na zona media-baixa, e o Hosgran, a 3 puntos, visita a un Zas aí metido. Teremos un par de choques directos no grupo de arriba, como o Coristanco-San Lorenzo e o Bértoa-Milagrosa.
Na 2ª División, o líder destacadísimo, o Agualada, quere seguir ampliando a vantaxe e terá en fronte ao Porteño, 3º a 10 puntos.
| Escairón | 15/02 - 17:00 | Xallas StComba |
| Negreira | 15/02 - 17:00 | Dumbría |
| Esteirana | 14/02 - 16:30 | Piloño |
| Baio | 14/02 - 17:15 | Flavia |
| Malpica | 15/02 - 16:15 | Bertamiráns B |
| Sofán | 15/02 - 16:30 | Soneira |
| Corme | 15/02 - 16:45 | Puebla |
| Carnota | 14/02 - 16:30 | Camelle |
| Ponteceso | 14/02 - 17:00 | Volantes |
| Baíñas | 14/02 - 18:00 | Outes |
| Montelouro | 15/02 - 16:15 | Seaia |
| Camariñas | 15/02 - 16:15 | San Lorenzo |
| Mazaricos | 15/02 - 16:15 | Fisterra |
| Buño | 15/02 - 17:00 | Zas |
| Cee | 15/02 - 17:00 | Cabana |
| Castriz | 15/02 - 17:00 | Porteño |
| Corcubión | 14/02 - 16:15 | Cerqueda |
| Muxía | 15/02 - 16:15 | Nantón |
| Laxe | 15/02 - 16:15 | Ameixenda |
| Coristanco | 15/02 - 17:00 | Lira |
| Os Miudos | 14/02 - 16:15 | Cabana |
| Porteño | 14/02 - 16:15 | Xallas StComba |
| Dumbría | 14/02 - 17:00 | Camariñas |
| Outes | 15/02 - 11:00 | Castriz |
| Corcubión | 14/02 - 12:00 | Ponteceso |
| Coristanco | 14/02 - 12:00 | Corme |
| Esteirana | 14/02 - 12:15 | Baio |
| Fisterra | 14/02 - 16:15 | Muxía |
| Cee | 14/02 - 18:00 | Zas |
| Dumbría | 14/02 - 12:00 | Ourense |
| Xallas StComba | 14/02 - 11:30 | Compostela |
| Ural | 14/02 - 12:00 | Dumbría |
| Fisterra | 14/02 - 10:00 | As Baleas |
| Muxía | 14/02 - 10:30 | Os Miudos |
| Cee | 14/02 - 10:30 | Sofán |
| Esteirana | 14/02 - 10:30 | Coristanco |
| Corme | 14/02 - 11:00 | Cabana |
| Ponteceso | 15/02 - 11:00 | Outes |
| Vimianzo | 13/02 - 18:30 | Ponteceso |
| Xallas StComba | 14/02 - 16:00 | Coristanco |
| Cee | 14/02 - 16:00 | Corme |
| Sofán | 14/02 - 16:30 | Fisterra |
| Cabana | 15/02 - 10:00 | Esteirana |
| Os Miudos | 15/02 - 10:30 | Zas |
| Dumbría B | 4-0 | As Baleas |
| Outes A | 14/02 - 10:00 | Os Miúdos A |
| Dumbría | 14/02 - 11:00 | Os Miúdos B |
| Lira | 14/02 - 12:00 | Esteirana B |
| Cee B | 14/02 - 13:00 | Cee A |
| Fisterra | 14/02 - 13:00 | XSC A |
| Esteirana A | 15/02 - 12:00 | Sofán |
- Dumbría B-As Baleas alterna a orde e se xoga no Conco.
| Dumbría | 14/02 - 10:00 | Os Miúdos B |
| Outes | 14/02 - 11:00 | Os Miúdos A |
| Lira | 14/02 - 11:00 | XSC B |
| Fisterra | 14/02 - 12:00 | XSC A |
| Cee B | 14/02 - 12:15 | Cee A |
| Esteirana | 15/02 - 11:00 | Sofán |
Finais da LCFS (13-02-2015)
| Categoría | Equipos | Pavillón | Hora |
| Benxamín | C. Fisterra – C. Muxía | Dumbría | 18:00 |
| Alevín | C. Fisterra – Manuela Rial | Dumbría | 19:00 |
| Infantil | C. Fisterra – As Baleas | Dumbría | 20:00 |
Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 21
| Zas | 15/02 - 11:00 | Hosgran |
| Cabana | 15/02 - 12:00 | Dumbría |
| San Román | 15/02 - 10:00 | Laxe |
| Bértoa | 15/02 - 12:00 | At. Milagrosa |
| Castriz | 15/02 - 11:00 | Soneira |
| Coristanco | 15/02 - 10:00 | San Lorenzo |
| Xv. Bergantiños | 15/02 - 11:00 | Ponteceso |
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 21
| Vimianzo | 15/02 - 11:00 | Sofán |
| Camariñas | 15/02 - 11:00 | Cerqueda |
| Corcoesto | 15/02 - 11:00 | Poniente |
| Dep. Carballo | 15/02 - 12:00 | Malpica |
| Erbecedo | 15/02 - 11:00 | Nantón |
| Buño | 15/02 - 11:00 | Leiloio |
| Agualada | 15/02 - 11:00 | Porteño |
- Descansa San Isidro-Razo.
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).