mércores. 30.04.2025
El tiempo

Axenda futboleira para unha fin de semana de infarto

Axenda futboleira para unha fin de semana de infarto
Un tremendo Corme-Sofán no Cairo para decidir a Liga da Costa

Espectacular chega esta fin de semana de Fútbol costeiro. Con moitas cousas en xogo xa cando quedan 3 xornadas para o final en moitas categorías, e na que se decidirá un título, o da Liga da Costa, unha promoción na 1ª Autonómica, a final do PlayOff da 3ª, ademais dos títulos das categorías base do Sur, e as os equipos pasan a cuartos na Copa da Costa Xuvenil e ás semis na Infantil.

Así que sen máis comezamos a previa, e hoxe o facemos pola Liga da Costa, que ten no Cairo unha finalísima difícil de recordar. I é que practicamente xogarse o título a falta de 3 xornadas non soe acontecer. O Corme, líder con 73 puntos e 20 xornadas sen perder, recibe a un Sofán creado para gañar o título. Os dous mellores equipos do ano terán o domingo a ocasión de dar unha estocada definitiva ao título, e ao ascenso directo, pois o segundo non terá tan sinxelo ascender a través da Promoción. Seguro que o Cairo se viste de gala.
Por abaixo, e co Corcubión virtualmente descendido (pode selo matematicamente este sábado se perde ante o Fisterra), o Muros ten a última final para evitar unha das dúas prazas case fixas de arrastres ante o Carnota. Ademais, choques claves para San Lorenzo, que recibe ao Outes, para Volantes, que visita ao Cee, para o Castriz, que visita ao Mazaricos, e para o Camelle, que viaxa a Zas, ante 4 equipos sen nada en xogo.

E como dicimos, finalísima tamén na 1ª Autonómica, pois a falta de 3 xornadas o Malpica, 4º, enfróntanse ao Arzúa, 3ª, ambos loitando pola 2ª praza, que dá acceso á Promoción de Ascenso á Preferente, co permiso do Villestro, que conta con dous puntos máis e recibe en casa ao Agolada. Pedra Queimada terá que ser un fortín. Como o Xosé Luís Vara, que na semana do 5º aniversario do pasamento do ex xogador deportivista, recibe a todo un Noia, xa ascendido, cunha Esteirana que necesita sumar para evitar posibles arrastres. Ademais, o Baio quere seguir certificando a súa gran campaña ante o Piloño, e Ponteceso e Camariñas, con toda probabilidade, dirán adeus matematicamente á categoría.

E volvendo á Preferente, cando xa só faltan 4 xornadas para o final, a atención céntrase no Dumbría e no XSC, unha vez que o Soneira xa pode perder matematicamente a categoría. Mentres o XSC necesita sumar para escapar do Val, que ademais terá un duelo directo co Riveira, outro dos implicados na loita por evitar os postos de arrastres, polo que calquera resultado lle servirá ao cadro xalleiro, sempre que sume, para sacar vantaxe. Por arriba, o Dumbría segue loitando co Silva pola 4ª praza, de ascenso, pero terá que visitar Cantalarana, para enfrontarse a un Viveiro que ten a 3ª praza case asegurada.

Estaremos atentos tamén á volta das semifinais da Promoción de Ascenso 3ª Autonómica. O Ameixenda, cun pé na finalísima, visita ao Lira, e o Coristanco-Seaia aínda ten todo en xogo tralo empate da ida.

Temos tamén en xogo a ida dos Cuartos da I Copa da Costa Infantil, con 3 eliminatorias igualadísimas e un Corme que deu un paso importante na ida.
E atentos, que o xoves 1 de maio terá lugar a final da I Copa da Costa Cadete, unha vez que en División de Honra Cadete o Dumbría viaxa a Moaña, os Dumbría e XSC da Liga Galega Infantil terán dúas citas, sábado e xoves, que poden decidir a súa permanencia ou descenso de categoría.

Ademais, rematan as Ligas Sur das categorías Alevín e Benxamín, e os dous grupos dos Prebenxamíns. En Alevíns Sur, co Dumbría xa campión, queda un fermoso partido en Ara Solis ante o Fisterra, que quedará 2º na táboa. O mesmo acontece na Benxamín Sur, co Outes xa campión dende hai varias xornadas.
Os que tamén rematan son os máis pequenos. En Prebenxamín F-8 Costa Este a Esteirana, xa é campiona e iso que descansa, pero saca 3 puntos e o golaverage ao Outes. Polo Oeste si que teremos finalísima, en Cee, entre Cee A e Fisterra, á que chegan empatados a puntos, pero o empate lle vale ao Fisterra, que vencía na ida pola mínima.
Mentres, cun dificilmente comprensible desfase de datas, nas Ligas Alevín de Benxamín Norte quedan aínda 8 xornadas.

Ademais, rematan sen nada en xogo as Ligas de Veteranos. E o fai cun partidazo que podería ter sido unha gran final entre o campión, o Coristanco, e o ex campión e 2º na táboa, o Soneira. Ademais, os postos de descenso e ascenso xa están decididos, e Milagrosa e Corcoesto ocuparán os postos de Nantón e Camariñas Vet. Uns Veteranos que xa pensan na Copa, e de feito, hoxe venres 25 de abril hai sorteo ás 21:30h no Local Social de Neaño, en Cabana, en fronte do Bar París. Estaremos atentos e tamén incluiremos o cadro e seguiremos a competición en www.copadacosta.com.

Estes son os 70 partidos que terán lugar esta fin de semana.

Preferente, xornada 35

Soneira 27/04 - 17:00 Lemos
Viveiro 27/04 - 17:30 Dumbría
Chantada 27/04 - 19:00 Xallas StComba

1ª Autonómica, xornada 32

Malpica 27/04 - 17:00 Arzúa
Ponteceso 27/04 - 17:00 Cordeiro
Esteirana 27/04 - 17:00 Noia
Piloño 27/04 - 17:00 Baio
Unión 27/04 - 18:00 Camariñas

2ª Autonómica, xornada 32

Cabana 26/04 - 17:00 Buño
Corcubión 26/04 - 18:00 Fisterra
Zas 27/04 - 17:00 Camelle
San Lorenzo 27/04 - 17:00 Outes
Muros 27/04 - 17:00 Carnota
Corme 27/04 - 17:00 Sofán
Cee 27/04 - 17:30 Volantes
Mazaricos 27/04 - 18:30 Castriz

Promoción de Ascenso 3ª Autonómica, Volta das Semifinais

1-1Seaia - Coristanco27/04 - 17:00
5-0Ameixenda - Lira27/04 - 18:00

Copa da Costa Xuvenil, Ida dos Cuartos


División de Honra Cadete, xornada 30

Moaña 27/04 - 12:15 Dumbría

Play Off Descenso da Liga Galega Infantil, Grupo 2 Norte, xornada 10

Dumbría26/04 - 12:00 (x.10) Foz
Santiago de Compostela 26/04 - 10:30 (x.10) XSC
Lugo 01/05 - 12:00 (x.11) Dumbría
XSC 01/05 - 10:30 (x.11) Val do Ulla

1ª Cadete, xornada 23

Cabana 3-1 Muros
Fisterra 26/04 - 10:30 Baio
Esteirana 27/04 - 11:00 Outes
Cee 27/04 - 11:00 Coristanco
Zas27/04 - 11:00 As Baleas
Xallas StComba 27/04 - 11:30 Muxía

I Copa da Costa Infantil, Volta dos Cuartos

3-3Muxía - Fisterra27/04 - 10:30
4-5Esteirana - Cee 26/04 - 18:00

3-3Sofán - Os Miúdos27/04 - 12:00
1-4Cabana - Corme 27/04 - 10:30

Alevín, F-8 Costa Norte, xornada 11

Sofán 25/04 - 19:00 (x.10) Baio
E.M.F. Vimianzo 25/04 - 18:15EF Corcubión
Corme 26/04 - 18:00 Sofán
Baio 26/04 - 19:30 As Baleas
Cabana 26/04 - 20:00 Muxía
  • Descansa Coristanco.

Alevín, F-8 Costa Sur, xornada 22

XSC A 26/04 - 10:30 XSC B
Zas 26/04 - 11:30 Os Miúdos A
Outes 26/04 - 12:00 Os Miúdos B
Cee 26/04 - 12:00 Esteirana
Fisterra 26/04 - 17:30 Dumbría

Benxamín F-8 Costa Norte, xornada 11

Sofán 25/04 - 20:00 (x.10) Baio
E.M.F. Vimianzo 25/04 - 19:15 Ponteceso
As Baleas B 26/04 - 10:30 Coristanco
Corme 26/04 - 17:00 Sofán
Baio 26/04 - 18:30 As Baleas A
Cabana 26/04 - 19:00 Muxía

Benxamín F-8 Costa Sur, xornada 22

XSC A 26/04 - 11:30 XSC B
Esteirana B 26/04 - 12:15 Lira
Zas 26/04 - 12:30 Os Miúdos A
Outes 26/04 - 13:00 Os Miúdos B
Cee 26/04 - 13:00 Esteirana A
Fisterra 26/04 - 16:30 Dumbría

Prebenxamín F-8 Costa Este, xornada 10

Outes 26/04 - 11:00 Cee B
Xallas StComba 26/04 - 12:30 Baio
  • Descansa Esteirana.

Prebenxamín F-8 Costa Oeste, xornada 8

As Baleas 26/04 - 11:30 Dumbría
Cee A 27/04 - 15:30 Fisterra
  • Descansa EFB Corcubión.

Ligas de Veteranos, xornada 30

1ª División

Cabana27/04 - 11:00 Zas
Coristanco 27/04 - 11:00 Soneira
Dumbría 27/04 - 11:00 San Román
Castriz 27/04 - 11:00 Xv. Bergantiños
Laxe 27/04 - 11:00 Ponteceso
Bértoa 27/04 - 12:00 Nantón
Camariñas Vet 27/04 - 11:00 San Lorenzo
Muros 27/04 - 10:00 Baio

2ª División

At. Milagrosa 27/04 - 09:30 Sofán
Erbecedo 27/04 - 11:00 Camelle
Porteño 27/04 - 11:00 Vimianzo
Agualada 27/04 - 11:00 Dep. Carballo
Corcoesto 27/04 - 11:00 Buño
Leiloio 27/04 - 11:00 Cerqueda
  • Descansa Malpica e Poniente.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios