Barrido de Torneos futboleiros na Costa da Morte
Chegamos case que a Semana Santa e as propostas deportivas van diversificándose. Ademais das xornadas de Liga, que pronto serán dobles co comezo da Copa, vense completadas por novos torneos de fútbol base, fútbol 3 ou fútbol sala. Imos repasando as propostas que nos achegan dende Vimianzo, Esteiro, Cee, e mesmo Arteixo.
II Torneo Fisober&Concello de Vimianzo
O Club Fisober en colaboración co Concello de Vimianzo xa ten en marcha a II Edición do Trofeo Fisober Concello de Vimianzo de fútbol femenino. Un Torneo que chega trala fantástica acollida que tivo o ano pasado, e que este ano dá unha volta e se convrte en solidario.
I é que este ano os organizadores decidiron que o prezo da entrada sexa aportar calquera tipo de alimento non perecedero (pastas, conservas, etc) que serán entregados a Cáritas.
Así, o vindeiro venres 6 de abril (venres santo), dende as 17:00h, terá lugar un triangular no Campo Municipal de Vimianzo entre os equipos: Dubra SD (recén ascendido a Preferente Autonómica), Orzán SD (2ª División nacional) e una Selección da Costa.
Maratón de póker
Ademais, o propio Fisober organiza un Maraton de Poker NL Holden Texas para o xoves 5 de abril (xoves santo). Para inscribirse haberá que achegarse ao Centro Social vimiancés (ó lado do Vía Rápida) entre as 19:00h e as 20:00h, hora á que comezará o torneo.
Son 25 puntos de inscrición e uns 1.500 de premios. E haberá pinchos ademais!
Final en Esteiro
Antes de continuar cos torneos propiamente ditos temos que ir ata Esteiro, pois o cadete masculino da Esteirana de Fútbol Sala xoga contra o mesmísimo Lobelle na Fase de Ascenso á Liga Galega. A cita será o domingo 1 de abril ás 12:30h no Pavillón Xosé Lago, e dende o clube animan a toda a veciñanza a acodir en masa a animar.
I Torneo Fútbol 3 da Costa da Morte
Dende Cee están a organizar o I Torneo Fútbol 3 da Costa da Morte. A cita será os vindeiros 6 e 7 de abril e hai dúas categorías: sénior (maiores de 15 anos) e Junior (de 12 a 15 anos). Nos maiores haberá 800 puntos en premios e xa poden formalizar a vosa inscrición no 622 052 194.
Torneo Infantil en Arteixo
E a incidencia de QPC no fútbol segue medrando. E se xa nos convertimos en unha webs amigas de Marcador Galego, xa nos chega información dende Arteixo.
Trátase do I Torneo Infantil de F7, que artella o clube Atlético Arteixo, e que se celebrará en plena Semana Santa nas instalacións de Ponte dos Brozos. Xoves 5 e venres 6 estarán repletos de deportes de 10:00h a 18:00h case sen parar. 16 equipos de toda Galicia competirán por todo o alto.
Aló estarán o Arteixo, Sporting Coruñés, Paiosaco, Santa Comba, Deportivo, Laracha, Ponteceso, Larín, Bergantiños, Imperátor, Cabana, Cerceda, Galicia Caranza, Villestro e Dumbría.
Aerobic na rúa
E incluímos aquí unha proposta singular que artellan os establecimentos deportivos Aurora Sport e Cabo Sport. Trátase dunha quedada de aerobic na rúa, que se celebrará en Cee este sábado 31 de marzo ás 19:00h. A cita forma parte das actividades da "noite máxica" que están a organizar desde a Asociación de Empresarios Cee.
Nova relacionadas
- I Torneo Fisober: Debut da Selección da Costa feminina nun ambiente de festa.
Máis información
Crónicas da semana
- 3ª Autonómica: As dúas loitas seguen fervendo.
- 2ª Autonómica: Escapa o Club do Mar, afiánzase o Fisterra e afunde o Nantón.
- 1ª Autonómica: Xornada para esquecer.
- Preferente: A complicada xornada sáldase con dous empates e dúas derrotas.
- Resultados do futbol da Costa.
Nova relacionadas
- Entrevista de David Castro co internacional Santi Canedo.
- Xa temos cadro da Copa da Costa 2012.
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido coa vimiancesa Ana Mouzo.
- Entrevista de David Castro con Toni, un muradán en Dumbría.
- A Federación decide os ascensos e a Asociación de Clubes dá novos pasos.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).