luns. 02.06.2025
El tiempo

Basket: Os peques colleron o protagonismo

Basket: Os peques colleron o protagonismo

Foi a foto da fin de semana baloncestística. O bo de Romay rodeado de 500 cativos de toda a comarca nomagnífico Día do Pequebasket. Ata acodiron toda a rapazada carballesa, pero tamén os máis pequenos da familia do ACB Costa da Morte.

Exemplar a organización da Escola Basket Xiria, con case un cento de persoas por detrás, moito deporte, moita diversión e mesmo teatro cos Quinquilláns.

Fernando, "se eu digo Carballo, ti que dis?":

Dia do Pequebasket de Carballo 2015

Polo demais, a familia ACB non tivo demasiada sorte cos partidos, salientando un fermoso derbi nos Junior con vitoria do Xiria nos Cuartos da Copa Primavera.
Mentres por Carballo, a familia Artai, e co fin da tempada máis cerca, tampouco tiñan demasiada sorte.


Familia ACB

Copa Primavera Junior Masculina, volta dos Cuartos

  • Resultado: EB XIRIA – CE CUME CEE (40-34)
  • Parciais: 13-8; 27-14; 33-24; 40-34.

Partidazo vibrante e disputado na tarde do sábado en Carballo. Chegaban os ceenses ca eliminatoria moi costa arriba, e iso fíxose patente o inicio do partido, onde os carballeses levaban a batuta e endosaban un parcial de 7-0 un pouco mais de dous minutos. Despois dun tempo morto, o equipo adestrado por Lucas comezaba a anotar e maquillaban o resultado do cuarto cun 13-8. O segundo cuarto foi un vendaval, no que os de Carballo anotaban con facilidade e os costeiros non paraban de perder balóns.

Tras o descanso, mellores pases, calma nas transicións e unha defensa moi férrea, fixeron que o equipo ceense se mantivera no partido. No derradeiro cuarto xogouse moi bo baloncesto, chegando a acercarse a so seis puntos do equipo local. Gran partido dos ceenses ca eliminatoria xa sentenciada ante un equipo superior.

Pasan a semifinais os carballeses que se medirán este fin de semana ao Básquet Coruña 98, vencedor da eliminatoria fronte ao CB Ferrol.

Fase de Ascenso Júnior Feminina

  • Resultado: PONTUMIO IRIS SOC – ESTACION SERV BAZARRA ACB COSTA DA MORTE (84-27)
Nada puideron facer as júnior no seu desprazamento a cancha do líder do grupo, o pontumio, e se levaron unha derrota merecida para casa. Despídense así matematicamente do ansiado ascenso, xa que non conseguiron gañar aínda un so partido nesta fase decisiva, despois de colleitar unha gran campaña durante a liga regular.

Copa Primavera Cadete Feminina

  • Resultado: BASKET CORUÑA LEYMA 99 – ACB COSTA DA MORTE (53-29)
Bo arranque das cadetes o inicio do partido ante un equipo sempre correoso como e o Basket Coruña. Pese o esforzo inicial a falta de fondo de banquillo notouse e a partir do descanso as locais impuxeron a súa lei e se levaron unha clara e merecida vitoria.

Copa Primavera Infantil Feminina

  • Resultado: ESCOLA BASKET XIRIA – FERROATLANTICA COSTA DA MORTE (24-32)
Importantísima vitoria para as pequenas do ACB Costa da morte. Na tarde do sábado xogábanse un novo derbi onde os dous equipos median as súas opcións de ser primeiras de grupo. Partido durísimo e moi igualado durante os cuarenta minutos de xogo, onde as máximas rendas foron de 4 puntos para as carballesas e de dous puntos para as ceenses. A presión notábase na pista ante o partido que se estaban xogando, pero no ultimo cuarto, a fantástica defensa e o acerto no ataque das costeiras fixo que cun parcial de 2 – 14 conseguisen a falta de cuarenta segundos deixar o partido decidido. Fantástico partido das seis xogadoras que viaxaron ata carballo e que a próxima semana se xogan o liderado do grupo, nunha autentica final contra EMBAL.

Familia Artai

Liga Galega Infantil, xornada 22

  • Resultado: SEIS DO NADAL - CB ARTAI (71-59)
  • PARCIAIS: 13-15; 31-32; 53-43; 71-59.
  • C.B. ARTAI (13 18 11 16): Carlos (8), Edu (8), Manu (13), Pérez (8), Pablo, Mario (8),Yago Igrexas (3),Rubén, Xullo e Marco (11).

Partido correspondente á última xornada de liga disputado na mañá do domingo en Balaídos. Vitoria para o máis necesitado, un equipo local que necesitaba gañar e esperar outros resultados para salvarse e os carballeses xa descendidos. Ao final vitoria para os olívicos que de todos os xeitos non lles serve para escapar do descenso.
Bo partido de ambos equipos, moi igualado nos dous primeiros cuartos, con lixeiras vantaxes para os carballeses. O partido rómpese no terceiro cuarto, cun parcial de 22 a 11 que acababa coa igualdade dos dous primeiros cuartos. Intentárono os xogadores de Iván Villaverde no último cuarto sen éxito.

Copa Primavera Cadete Feminina, xornada 5

  • Resultado: CB ARTAI - AS MARIÑAS (34-38)

Derrota das carballesas.

Crónicas da temporada

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios