mércores. 30.04.2025
El tiempo

Camariñas prepárase para un novo Campionato de Pesca

Camariñas prepárase para un novo Campionato de Pesca
Campionato de Pesca Spinning de Carnota-Foto- Jorge Parri

Xa van 7 anos armando o Campionato de Pesca de Camariñas. A Asociación de Empresarios de Camariñas abriron xa o prazo de inscripción dunha proba que se celebrará o sábado 07 de Marzo de 2015, e que conta con 1372,00 € en premios.

O escenario será dende o Monte Pedrosa-A Praia de Trece. Para a saída haberá dous puntos de encontro, a Portela de Reira e o Cemiterio dos Ingleses.

Os pescadores pelexarán polos premios en metálico (o primeiro de de 500€ e o 2ª de 300€) ee pola Cana (valorada en 100 €), o carrete (valorado en 80€) e a cana (valorada en 72 €) dos seguintes premios. Ademais, o Premio á maior captura será de 200€ e o mellor pescador Local levará un reloxo.

Inscrición

A cota é de 50,00 € (inclúe licenza federativa, comida e cea con pintxos durantes a entrega de premios). Se xa dispoñe de licenza federativa para o 2015 a inscrición son 35,00€, que deben ingresar na conta ES10 2080 0061 53 3040002859.
Xa poden inscribirse ata o 05/03/2015 ás 12:00h enviando un correo a asociacionempresarioscamarinas@gmail.com, ou nos teléfonos 647.60.81.58 - 647.39.80.23. Ademais, teñen máis información en asociacionempresarioscamarinas.blogspot.com

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios