Completa Axenda Deportiva para a fin de semana con fútbol, autocross, baile e taekwondo


Imos chegando ao treito final da temporada e xa son menos os encontros do fútbol da Costa para esta fin de semana. De feito, ademais do triangular no que participará a Selección da Costa (podedes ver a convocatoria), só temos 4 partidos.
As semifinais de Copa chegan ben interesantes pero con dous claros favoritos, dada a diferencia de categoría. O Soneira buscará sentenciar ante un Nantón que chega ata aquí para disfrutalo logo dunha tempada excepcional. Mentres na outra semifinal atopamos un derbi xalleiro, polo que malia diferencia de categoría será bastante tenso e igualado.
Ademais, o Santa Comba xuvenil poderá celebrar o seu ascenso á Liga Galega, mentres que o Cabana cadete buscará un bo resultado en Santiago ante o Peleteiro, que vén de eliminar ao potente Dumbría, para sentenciar o ascenso a semana que vén nas Redondas.
Nova fichaxe
Dende o Independiente Carballo nos contan que xa teñen novo adestrador. Manuel Garcia Varela "Gorri" (Carballo-1960) será o míster para a próxima temporada. Antes entrenou ao Bergantiños "B", Alcaián e ao Coristanco en distintas ocasións e cos que conseguíu dous ascensos de categoría ó igual que nos seus comenzos no Atl. Milagrosa co que tamén logrou ascender. Tamén foi segundo entrenador co Bergantiños con José Antonio Cambón e co finado Jose Luis Vara.
Asemblea en Cee
Ademais, este sábado 11 ás 21:00h o Unión Club Cee ten asamblea xeral de socios na sede do clube.
Semifinais da Copa da Costa

Triangular amigable
A Selección da Costa participa este domingo ás 18:00h na Porta Santa de Paiosaco nun triangular contra a Selección das Mariñas e a da Coruña.
Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil

Fase de Ascenso á Liga Galega Cadete

Cee acolle a gala do Clube Arte e Movemento
Este domingo 12 de xuño celebrarase en Cee a exhibición de baile, taekwondo e kickboxing que cada ano realiza o Club Arte e Movemento. Nesta edición actuarán 330 deportistas. Comezara ás 16:30h no pavillon polideportivo de Cee, e durará 4 horas. A entrada é gratuita.III Autocross de Carballo

O III Autocross Bergantiños celébrase no Circuíto de Motor de Bértoa, Carballo este sábado 11 de xuño. A nova reforma do circuito deixará un espectáculo moito máis vistoso.
Novas relacionadas
- A Selección da Costa xoga esta fin de semana copeira con poucos sancionados.
- Crónicas dos Cuartos da Copa: Semifinais servidas con sorpresa.
- Resultados da fin de semana copeira.
Máis información

- Resultados e clasificacións 2010/2011.
- Copa da Costa: www.copadacosta.com.
- QPC MOTOR: quepasanacosta.gal/motor.
- www.facebook.com/quepasanacosta.
- Tuenti de Quepasanacosta.
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).