Completísima axenda deportiva da fin de semana
 
           
Fin de semana intensa deportivamente na Costa da Morte esta do 17 e 18 de marzo de 2012. Haberá moito fútbol, pero tamén ciclismo, taekwondo, baloncesto, balonmán, fútbol sala, volei... Coma sempre, comezamos polo #futboldacosta logo de ollar os resultados da antepenúltima xornada da Liga de Fútbol Sala de Cee.
Nova xornada futboleira con derbi na Preferente. Este domingo o Conco acollerá un Dumbría-Soneira con máis necesidade para os vimianceses. Ademais o Xallas recibirá ao Laracha o sábado e poderá facerlle un favor ao Santa Comba, que se vence ao Unión (á súa vez botando unha man ao Soneira afundindo aos unionenses), poderá subir prazas.
Na 1ª, o Ponteceso visitará o campo do Riveira o sábado, mentres que o Cee ten, este case seguro, o último vagón para a permanencia. A falta de 8 xornadas os ceenses reciben ao Cariño, no segundo posto de descenso a 9 puntos.
A xornada 27ª na Liga da Costa terá como partido da xornada o Club do Mar - Fisterra. Ademais, hai un derbi Buño-Malpica que medirá a constancia do 4º da táboa, e un Baio-Muros tamén interesante. 
Por abaixo haberá choques directos como o Corcubión-Mazaricos ou o Castriz-Nantón.
Xa na 3ª, o Carnota visita ao Camelle, o Outes ao Corcoesto e o Ccabana recibe ao Fisterra B. Pero o partido máis dispitado será o Coristanco-Cerqueda, naloita pola 5ª e 6ª praza, na que o Volantes terá que superar ao Alcaián.
En xuvenís, a Liguilla de Ascenso segue vibrante e esta semana haberá novos choques directos cun Dumbría B- Malpica máis que interesante.
Preferente, xornada 28
| Xallas | 17/03 - 17:00 | Laracha | 
| Dumbría | 18/03 - 17:00 | Soneira | 
| Unión | 18/03 - 17:00 | Santa Comba | 
1ª Autonómica, xornada 27
| Atl. Riveira | 17/03 - 17:15 | Ponteceso | 
| Cee | 18/03 - 16:30 | Cariño | 
2ª Autonómica, xornada 27
| Club do Mar | 17/03 - 16:30 | Fisterra | 
| Buño | 18/03 - 16:30 | Malpica | 
| Baio | 18/03 - 16:30 | Muros | 
| O Pindo | 18/03 - 16:30 | San Lorenzo | 
| Corcubión | 18/03 - 16:30 | Mazaricos | 
| Corme | 18/03 - 17:00 | Esteirana | 
| Sofán | 18/03 - 17:00 | Dumbría B | 
| Camariñas | 18/03 - 17:00 | Zas | 
| Castriz | 18/03 - 17:15 | Nantón | 
3ª Autonómica, xornada 31
| Xaviña | 17/03 - 16:00 | Camelle | 
| Atl. Pereiriña | 17/03 - 16:00 | Indep. Carballo | 
| Laxe | 17/03 - 17:00 | Carnota | 
| Cabana | 17/03 - 17:00 | Fisterra B | 
| Coristanco | 18/03 - 16:30 | Cerqueda | 
| Volantes | 18/03 - 16:30 | Alcaián | 
| Montelouro | 18/03 - 16:30 | Porteño | 
| Corcoesto | 18/03 - 16:30 | Outes | 
| Muxía | 18/03 - 17:15 | Soneira B | 
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 7
| Baio | 17/03 - 16:00 | Cee | 
| Soneira | 17/03 - 16:00 | Camariñas | 
| Santa Comba | 17/03 - 16:30 | Corcubión | 
| Dumbría B | 17/03 - 16:30 | Malpica | 
Copa da Costa Xuvenil, Gr.1, xornada 7
| Outes | 17/03 - 16:30 | Zas | 
| Esteirana | 17/03 - 16:30 | Fisterra | 
| Dumbría | 17/03 - 18:30 | Coristanco | 
Copa da Costa Xuvenil, Gr.2, xornada 7
| Mazaricos | 17/03 - 16:30 | Corme | 
| Muros | 17/03 - 16:30 | Cabana | 
| Ponteceso -- Descansa | 
2ª Cadete, xornada 27
| Esteirana | 17/03 - 10:30 | Ponteceso | 
| Coristanco | 17/03 - 10:30 | Muxía | 
| Santa Comba | 17/03 - 10:30 | Outes | 
| Soneira | 17/03 - 10:30 | Cee | 
| Cabana | 17/03 - 12:00 | Muros | 
| Porteño | 17/03 - 20:00 | Zas | 
| Baio | 18/03 - 11:00 | Camariñas | 
| Dumbría | 18/03 - 12:00 | Malpica | 
2ª Infantil, xornada 27
| Santa Comba | 17/03 - 12:30 | Dumbría | 
| E.M.F. Vimianzo | 17/03 - 20:00 | Con. de Carnota | 
| Fisterra | 18/03 - 10:30 | Esteirana | 
| Outes | 18/03 - 10:30 | As Baleas | 
| Muxía | 18/03 - 10:30 | Cee | 
| E.D. Os Miudos | 18/03 - 11:45 | Baio | 
| Ponteceso | 18/03 - 12:00 | Corme | 
Ligas de Veteranos, xornada 25
1ª División
| Bergantiños | 18/03 - 10:00 | Corcubión | 
| Cabana | 18/03 - 11:00 | Buño | 
| Xv. Bergantiños | 18/03 - 11:00 | San Román | 
| Castriz | 18/03 - 11:00 | Zas | 
| Camariñas | 18/03 - 11:00 | Ponteceso | 
| Baio | 18/03 - 11:00 | en Zas San Lorenzo | 
| Vimianzo | 18/03 - 12:00 | Bértoa | 
2ª División
| Muros | 18/03 - 10:00 | Porteño | 
| Dep. Carballo | 18/03 - 10:00 | Soneira | 
| Leiloio | 18/03 - 11:00 | Agualada | 
| Malpica | 18/03 - 11:00 | Camelle | 
| Corcoesto | 18/03 - 11:00 | Club do Mar | 
| Corme | 18/03 - 11:00 | Coristanco | 
| At. Milagrosa | 18/03 - 12:00 | Cerqueda | 
Ruta BTT en Dumbría
Estes sábado día 17 arrinca a 2ª Ruta BTT Concello de Dumbría, unha ruta moi desexada polos amantes deste deporte.
Finais comarcais en Muros, Xallas e Barcala
 
Este sábado, o Pavillón de Fontenla de Santa Comba acolle a Fase Final de Fútbol Sala das comarcas de Muros, Xallas e Barcala, en categorías benxamíns, alevíns e infantís.
Este é o cadro de Semifinais:
- INFANTIL:
 - 10.00h. E.D. Os Miudos – A Baña Fem.
 - 10.45h. Amarelle F.S.F – Atletes Fem.
- ALEVÍN:
 - 11.30h. E.D M.Negreira – E.D.M. Mazaricos.
 - 12.15h. E.D.M. Santa Comba– E.D. Os Miudos A.
- BENXAMÍN:
 - 12.45h. E.D. Os Miudos B – C.F. Portomouro.
 - 13.15h. E.D. M.Negreira – Amarelle F.S.F.
As finais serán a partir das 16:00h
Fútbol Sala
- Liga Autonómica: - Marcón F.S.F. - Fisober F.S.F.: sábado ás 20:00 h no Pavillón Municipal Monte Carrasco de Marcón.
- Liga Provincial:
 - F.S.F. O Pino - Concello de Ponteceso F.S.F. - Aprazado ata o día 24 de marzo.
 - Espartanas F.S. - Fisober F.S.F. "B": 17/03/2012 ás 12:00h no Pavillón da Sagrada Familia.
 - A Salina (descansa).
Balonmán
- O sábado 17 de marzo ás 18:30h o Boya no Areal ao Cisne de Pontevedra, equipo onde xoga o ex-camariñan Canedo.
- O sábado 17 de marzo ás 18:30h no Municipal Vila de Noia o Calvo Xiria recibe ao SAR de Redondela no penúltimo partido na casa.
Baloncesto
- Sénior masculino: O domingo a partir das 19:00h no pavillón de Cluny en Santiago o Oso Polar ten unha nova oportunidade de achegarse á permanencia.
- Sénior Feminino: PULPALIA - ES BAZARRA, a falta da confirmación oficial o partido está aprazado e disputarase o 8 de abril.
- Cadete feminino: Este próximo domingo a partir das 12 da mañá no Pavillón de Brens dispútase un partido crave para determinar o primeiro clasificado do grupo entre o Romar Moreira Construcións e o Calasancias.
 - Infantís: os mozos ábado ás 10 no pavillón do Burgo Culleredo-Ferroatlántica Costa da Morte; e as mozas do Ferroatlántica Costa da Morte farano o venres ás 18:00h no Pavillón Municipal de Cee ante o Obradoiro.
Taekwondo en Cee
 
Se os bailaríns do Club Arte e Movemento terán unha cita importante en A Estrada, os taekwondistas celebrarán este domingo 18 de marzo, a partir das 10.00 horas no Pavillón Municipal, o Campionato Escolar de Técnica de Taekwondo da Provincia, que se celebra por primeira vez na vilad a Xunqueira.
- Fin de semana de vertixe para o baile e o taekwondo costeiro.
- O carnotán Anxo Fernández representará a Galicia nun Open Internacional de Taekwondo.
Volei
Este domingo 18 de marzo en Dumbría:
- Infantil femenino: Manuela Rial- Liceo ás 11:00h.
- Cadete femenino Voleibol Dumbría- Liceo ás 12:30h.
- Cadete masculino Voleibol Dumbría-Boiro ás 12:30h.
Piragüismo en Irún
Un equipo de 6 piragüistas do Clube Deportivo Municipal dumbriés viaxarán a Irún para disputar a primeira proba da Copa de España de Slalom.
Nova relacionadas
- David Castro entrevista ao árbitro Adrián Varela.
- A Federación decide os ascensos e a Asociación de Clubes dá novos pasos.
Máis información
Crónicas da semana
- Parte de sancións cun ollo nos movementos de fichas.
- Fases Xuvenís: Intensidade na Liga e apatía na Copa.
- 3ª Autonómica: Doble loita no alto da táboa.
- 2ª Autonómica: O Malpica frea ao Club do Mar mentres ferve a zona baixa.
- Preferente: Novo derbi con táboas.
- 1ª Autonómica: O Cee xa suma fóra da casa.
- Resultados da fin de semana no #futboldacosta.
Máis novas
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido co porteiro fisterrán Joselu.
- A SCD Malpica chega á Univesidade.
- Alberto Pose: Unha de formación dos formadores do fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
 
       
       
             
             
             
         
           
          