Copa da Costa: Os favoritos non perdoan e se prantan na final
11:54 23/06/14
Teremos unha grandísima final da Copa da Costa 2014. Dumbría e XSC, os dous mellores equipos, por clasificación, do Fútbol da Costa, serán os protagonistas da gran Festa do noso fútbol.
E tiveron que sufrir para chegar aquí, e onte Cee e Castriz, dous equipos en dúas categorías máis abaixo, demostraron que na Copa da Costa pode pasar de todo. A piques estiveron de dar a sorpresa pero o oficio dos equipos teóricos grandes foi suficiente para meterse na final. Unha final na que o XSC querrá repetir o título do ano pasado, e do anterior aínda só coas cores laranxas, e o Dumbría quere volver levar un trofeo que non gaña dende o 2010.
Un Xallas de Santa Comba que en principio está descendido por mor dos arrastres, pero que ten a esperanza posta en que algún equipo da 3ª División ou da Preferente. se dea de baixa.Nova lista de torneos de verán en Carballo, Camariñas, Outes e Cabana.
Dumbría - Cee (3-1)
- DUMBRÍA: Iván, Jose, Jota, Aarón Fdez., Doro, Oscarín, Aarón López, Rivi, Dani Casal, Jesús e Adrián Nieto. Tamén: Couto, Rudi Cotelo, Adrián Makaay, Pablo Muíño e Luisito.
- CEE: Parroto, Fiuza, Jorgito (Javi, min.80), Jacobo, Dani Freire, Angeliño, Piquero (Josiño, min.55), Diego Cespón (Cristian, min.55), Penedo (Paulo, min.43), Nico e Llanero.
- Goles: 1-0, min.40: Doro; 2-0, min.47: Adrián Nieto; 2-1, min.73: Llanero; 3-1, min.90: Luisito á contra.
- Expulsión: Parroto no min.42.
XSC - Castriz (2-1)
- XSC: David, Rubén Forján, Cristian, Rubio, Héctor, Jesús, Mata, Richi, Marcos, Darío Capelo e Arnejo. Tamén xogaron: Alberto, César, Steven, Diego e Toño.
- CASTRIZ: Pablo, Martín, Chinda, Bruno, Álex, Cili, David Agra, Castro, Pablo Muni e Víctor. Tamén xogaron: Yortdi, Balsa, Pose, Juan e Sergio.
- Goles: 1-0, min.40: Héctor de cabeza nun córner; 2-0, min.50: Richi; 2-1, min.55: Agra de penalti.
Un Xallas de Santa Comba que en principio está descendido por mor dos arrastres, pero que ten a esperanza posta en que algún equipo da 3ª División ou da Preferente. se dea de baixa.
Crónicas da Copa da Costa 2014
- Ida das Semis: A tensión e a calor marcan os dous derbis.
- Volta dos Cuartos: Doble derbi para as Semifinais.
- Ida dos Cuartos: Menudos Cuartos.
- Volta dos Oitavos: Quedan uns Cuartos fantásticos.
Máis información
- Os cadros das Copas e as Fases de Ascenso en: www.copadacosta.com.
- www.futboldacosta.com.
- Facebook “Fútbol da Costa”.
Novas da III Gala do Fútbol da Costa
- As completamente abertas votacións dos Premios da III Gala do Fútbol da Costa-QPC.
- Fran Hermida volverá ser A Voz do Fútbol da Costa.
- O cartel definitivo da Gala do Fútbol da Costa: De patrocinadores e premios.
- En marcha a III Gala do Fútbol da Costa.
- 2013: A noite das estrellas do Fútbol da Costa.
Crónicas da semana
Máis novas
Fútbol base
- Os pequenos colchoneros de Dumbría cumpliron o soño de xogar no Calderón.
- Xa temos os cadros da I Copa Alevín, Bexamín e Prebenxamín.
- Fútbol Base: O Dumbría poderá ter 3 equipos en Liga Galega.
- Fases de Ascenso: O XSC xa é de Liga Galega e Dumbría Xuv. e Cee Inf. dan un paso adiante.
- 4 campións con Biberón.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).