Copa Infantil: O Cee culmina o doblete


A I Copa da Costa Infantil xa ten gañador. E non é outro que o Cee, que ademais de proclamarse campión de Liga, este domingo 18 levantou o primeiro trofeo copeiro da categoría infantil. E o fixo ante o Corme, que nunha tarde perdía dúas finais a pesar da gran temporada que fixo todo o pobo, cun título da Liga da Costa e dúas finais.
Corme - Cee (2-3)

- CORME: Fran, Mauro, Roque, Martín, Eloy, Javi (Noel, min.54), Marcos, Tasende, Isra (Hugo, min.41), Samuel e Aitor.

- CEE: Carlos, José Carlos, Borja, Jon, Ángel, Carlos Gómez (Anxo, min.69), David (Leo, min.80), Sergio, Luis Lojo, Fabio e Álex.
- Goles: 1-0, min.4: Martín; 1-1, min.24: Luís Lojo; 1-2, min.42: Luís Lojo; 2-2, min.66: Eloy; 2-3, min.70: Luís Lojo.
- Expulsión: o ceense Ángel, no minuto 65 por dobre cartón amarelo.

Partido igualadísimo e con moita intensidade o que nos deparou esta final da Copa da Costa infantil, entre dous dos mellores conxuntos da categoría.
Comezou o encontro cun Cee intentando dominar o encontro cun fútbol máis vistoso, mentres que o Corme quería crear o perigo con transicións rápidas e xogadas a balón parado. E nunha xogada de estratexia chegaría o primeiro tanto da tarde dos cormeláns, logo dun saque de esquina que remata Martín, rexeita Carlos e o central local non perdoa a segunda para poñer o 1 a 0 no instantáneo. Aos trece minutos, Eloy a piques está de facer o segundo cun potente lanzamento que repele o meta ceense con dificultades. Pero finalmente chegaría o empate por medio do protagonista do encontro, Luis Lojo, que finaliza unha xogada individual cun disparo que acaba na escadra dereita da portería cormelana. Antes do descanso, ambos equipos puideron marcar, pero o lanzamento de falta de Samuel vaise a rentes do pau e por parte dos visitantes, Luis Lojo envía fóra tras o centro de Borja, cando tiña todo ao seu favor.

Á volta do tempo de lecer, o pichichi do Cee resarciríase do seu erro na primeira metade e poñería o 1-2 no marcador cun potente disparo dende tres cuartos de campo que sorprende a Fran. Eloy avisou das súas intencións cun lanzamento de falta que se vai fóra, antes de que Fabio estivera a piques de facer o terceiro para o conxunto que dirixe Carlos Pazos, ao rematar unha xogada combinativa pero o seu potente disparo vaise rozando o longueiro. No minuto 65, chegaría a expulsión de Ángel logo dunha fea entrada sobre Eloy que lle costou o segundo cartón amarelo. E un minuto despois, o propio Eloy faría o empate a dous tras bater a Carlos no man a man, gol que desatou o delirio na afección cormelana, pero esa alegría tan só duraría catro minutos, o tempo que tardou en aparecer de novo Luis Lojo para facer o definitivo 2 a 3 logo de aproveitar un erro de Fran para marcar a pracer. Este gol foi protestado polos azulóns xa que puido vir precedido dunha posible falta anterior. Antes do remate do partido, o capitán cormelán, Martín, estivo a piques de sorprender a Carlos cun lanzamento de falta que se vai rozando o longueiro cando xa se cantaba o gol.
O Corme, que no cómputo global non mereciu a derrota, foi un digno rival para un gran Cee que completou o doblete logo do seu título de liga.



Novas relacionadas
- 19-03-14: Os Infantís do Cee celebran a Liga e xa pensan na I Copa da Costa Infantil.
- Os Infantís, que triufan nas Comarcais de FS, xa teñen finalísima da Copa da Costa.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
Crónicas da semana
- Copa Xuvenil: O Dumbría gáñao todo.
- Copa da Costa: Malpica, Dumbría e Corme meten un pé nos Cuartos.
- Preferente: O XSC queda pendente dos ascensos.
- Crónica e resultados dunha fin de semana copeira no Fútbol da Costa.
Artigos relacionados
- Juan de Dora: “Diego Lobelos e Óscar Leis son coma dous irmáns.
- Unha Liga da Costa por ti, Guille.
- Dous xogadores e unha xogadora costeiros á Selección Coruñesa sub-14.
- 4 campións con Biberón.
- Pablo Varela; O Corme bate nas portas do Paraíso.
- Os Biberones tamén teñen a súa I Copa da Costa.
- A febre deportivista espállase por Verdillo.
- Baio e Porteño celebraron os 50 anos da Liga da Costa.
- Xa chegaron os cromos da SD Fisterra.
- Lema Suárez: O 12 de abril, a data exacta dos 50 anos da Liga da Costa.
O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte
- Redacción de David Castro, de O Fútbol unha pasión (davidcastro@quepasanacosta.gal).