David García Pichel triunfa en Europa mentres a 1ª Estatal remata con derbi


A unha xornada para rematar a 1ª División Estatal, as alegrías chegan da man dun carballés. Se a semana pasada celebraba o título xuvenil co Ifecgas Pereira, sen tempo a descansar David García Pichel arrincaba para Noruega, onde a Selección Española Xuvenil conseguiu a clasificación para o Campionato de Europa, que se terá lugar durante o verán en Austria.
O combinado español acabou na segunda posición da Fase de Clasificación disputada a pasada fin de semana en Noruega, logo de derrotar a Israel e Montenegro e caer nunha terceira e intrascendente xornada ante Noruega, ambos xa estaban clasificados antes da disputa deste último partido. O carballés asinou 9 goles nos 3 encontros.
No tocante á competición sénior, o Conservas estase a deixar ir tras confirmar o seu descenso pero asegura non rematar de faloriño vermello, e caía en Lalín con contundencia. Pola súa banda, o Xiria despediuse da súa afección cunha vitoria, para celebrar o xa asegurado 5º posto.
A vindeira semana, Conservas e Calvo disputarán o segundo derbi da historia no que os camariñáns querrán a revancha tralo partido de ida.
Calvo Xiria - Cafes Toscaf (29-20)
- Calvo Xiria (15+14): Naya [p], Cuco, Álex García, Ángel (3), Dubra (4), Brais (1), Manuel (4) -equipo inicial- Pablo (9, 3 de 7 metros), Sergio (4), Miguel, Alex Zas (2), Ramón (1), Christophe (1), Chimpo.
- BM. CAMARIÑAS: Cristian (p), Víctor (p), Fary, Fabián (2), Felipe (8), Pombo (1), Quin (4), Salva (1), Catalán (8), José Ramón (1), Perón, Antelo (1).
- Fed. Española Balonmán: Resultados e clasicacións da 1ª Estatal.
- balonman.blogspot.com.
- www.xiria.net/balonman.
- Xornada 24: O Ifecgas Xuvenil dá unha alegría ao balonmán costeiro.
- Xornada 23: O Conservas afunde mentres o Xiria mantén a liña e o Bm. Xallas se forma.
- Xornada 22: O Bm. Camariñas tamén perde xogando ben.
- Xronada 21: Escápase a permanencia para o Bm. Camariñas.
- Xornada 20: Só David García Pichel dá unha alegría ao balonmán costeiro.
- Xornada 19: O Bm. Camariñas melloran a imaxe e o Calvo mira cara arriba.
- Xornada 17: Derrota do Conservas e vitoria e convocatoria internacional para o Calvo Xiria.
- Xornada 15: Conservas e Xiria intercambian os papeis.
- Xornada 14: O Conservas Boya non pode co Paraxe Construcciones mentres o Calvo segue arriba.
- Xornada 13: O Calvo demostra ante o Conservas a súa hexemonia na Costa.
- Xornada 12: Dúas derrotas para preparar o histórico enfrontamento entre Calvo e Conservas.
- Xornada 10: Dúas historias distintas para Calvo e Conservas.
- Xornada 8: O Balonmán crece na Costa.
- Xornada 6: Doble vitoria a domicilio para Conservas e Calvo.
- Xornada 4: Mala semana para Calvo e Conservas pero grande data para un carballés internacional.
- Xornada 3: Conservas e Calvo caen fóra da casa.
- Xornada 2: O Balonmán Camariñas acada a súa primeira vitoria en 1ª e o Calvo Xiria xa está engraxado.
- Xornada 1: O Conservas segue pagando a novatadas e o Calvo ponse freo.
- O Balonmán Camariñas acada a súa primeira vitoria en 1ª e o Calvo Xiria xa está engraxado.
- O Balonmán Camariñas refórzase con vellos coñecidos.
- O Balonmán Camariñas xa ten adestrador para a 1ª Nacional.
- O Conservas Boya competirá en categoría nacional.
- O Balonmán invade a Costa de norte a sur.
- Carballo vive unha febre verde chamada Xiria.
- A bitácora da semana (CIV): O blog Balonmán Camariñas .
- Do Xiria á selección española de promesas.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Notas de prensa do Balonmán xallas CF, do Balonmán Camariñas e do Calvo Xiria.
Vixésimoquinta xornada da liga de 1ª Estatal na que o Calvo Xiria despedíase dos seus seareiros como local, e na que obtivo dous puntos froito da vitoria ante un Cafés Toscaf que
comperecía no Vila de Noia sen un obxectivo claro.
Dende o pitido inicial viuse ben ás claras quen tiña máis ganas, moitas máis, de levarse os puntos en xogo. O Calvo amparado nunha defensa moi activa no partido do sábado, como en todas as vitorias desta tempada, e con Naya na portería facendo un gran partido.
Logo de pequenos arreóns do Xiria para marcharse no electrónico e do Cafés Toscaf para seguir no partido, todo quedou visto para sentenza en dez minutos, cinco antes do descanso e cinco despois. Un parcial de 10 – 3 levaba a vantaxe carballesa até os nove goles e xa so quedaba deixar correr os minutos. Ao remate do tempo regulamentario o resultado de 29-20 facía xustiza aos méritos dun e outros.
Pero non todo foi tranquilidade na pista carballesa. Houbo demasiados contactos feos por parte duns e outros, Solís foi descalificado no minutos 36 por un cobadazo a Pablo na faciana... de seguro que non tiña que ter sido o único que fose para os vestiarios antes de tempo. Laboura dos colexiados tamén é saber levar este tipo de partidos sen relaxarse nin perder a concentración, o sábado semelleou que non foi así.
Ao remate do encontro, os xogadores do Calvo Xiria repartiron caramelos coa súa fiel afección, que estivo espectacular ao longo de toda a campaña.
Embutidos Lalinense - Bm. Camariñas (41-29)
Perdeu o Camariñas o partido ante o Lalín, penúltimo partido dunha liga coa que non chegou a conectar, aínda que asegure matematicamente non ser faroliño vermello no seu debut en primeira división nacional. Partido sen historia e de puro trámite para os xogadores da Costa da Morte, que agora se despedirán da afección e posiblemente da categoría o vindeiro sábado día 14, tras o descanso de Semana Santa.
Fin de campaña con derbi
Co quinto posto xa asegurado o Xiria e co descenso confirmado do Conservas, ambos equipos pechan a campaña cun derbi o sábado 14 de abril ás 19:00 horas no Pavillón do Areal.