De Calendarios e fichaxes no #futboldacosta


Xa está en marcha a nova campaña 2012-2013 no #futboldaCosta. E como non o noso espazo de táboas xa comeza a actualizarse. Xa podedes ollar en www.futboldacosta.com os Calendarios completos da Preferente, da 1ª, da 2ª e da 3ª Autonómica.
No Grupo Norte da Preferente, este curso teremos 3 equipos en liza, trala fusión dos equipos xalleiros no bicolor Xallas de Santa Comba. Os laranxas e verdes acompañarán a Soneira e Dumbría no ano de afianzarse na zona noble da clasificación.
Na 1ª Autonómica, Grupo 2, teremos 4 equipos competindo cos da zona de Santiago por primeira vez na historia do fútbol costeiro. Ponteceso, Camariñas, Fisterra e Malpica buscarán afianzarse na categoría.
Ademais, xa está tamén dispoñible o calendario completo da 2ª Autonómica, Gr.3. Este ano serán 18 os equipos en competición, cos ascensos destacados do Outes, Cabana, Volantes e Montelouro.
E completamos os calendarios de modestos co calendario completo da 3ª Autonómica, Gr.4. Este ano temos 17 equipos en competición e as novidades son Ameixenda, Baíñas e Castrelo.
Movendo fichas
Se xa vimos o plantel do Xallas de Santa Comba de Manolo Corredoira, repasamos como afrontan Soneira e Dumbría a tempada na Preferente emais os equipos da 1ª. O cadro soneirán que este ano dirixe Felipe Cándamo conta con boas incorporacións, como Baba, ex do Boiro e do Laracha; Nico, Toni e Adrián Mackaay, columna fisterrá; Sito do Nantón; Cheli do Santa Comba; os muradáns Toni (ex do Dumbría) e Óscar de Maema; e Maikel e Javi chegados do Camariñas.
Pola súa banda, o cadro de Canosa mantén o bloque do ano pasado, pero ten as baxas do propio Toni; Suso, que se xubila; Schuster que vai para o Club do Mar e Eloy que marcha ao Malpica. De altas contan co corcubionés Brais, que estaba no Soneira, e os xuvenís que pasaron de ano e que xa contaban o ano pasado.
Serán Nacho Barreiro, ex dos xuvenís do Baio, o que colla o relevo no Ponteceso, como non, con Marco Varela de segundo. E polo de pronto teñen boas incorporacións, como Javi Peón, do San Martiño; Alberto Yáñez, dende a Ponferradina; volve David Velo do Sofán; o porteiro Gerardo; ou os xuvenís Puente e Jorge; e Brais, chaval de Ponteceso xa xogaba na Nacional co Bergantiños.
O Camariñas de Pepucho, conta con baixas importantes como as de Javi e Maikel para o Soneira e Adrián Negroque vai para o Muxía. De altas contan con Julito, ex do Cee; Basti e Rodrigo que estaban no Bergantiños de Liga Nacional; con Martín Nazo, do Xaviña; cos xuvenís Yuyo, que aínda é xuvenil pero contará co primeiro equipo, e Saviola; e seguen pendentes da carta de liberdade do Porteño de Brais e da posible e un madrileño ceense Juanjo.
Pola súa banda, no Fisterra de Juan Jesús xa contan con Sergio Manín e Cote para coller o bus da 1ª.
O Malpica de David Baña conta con varias incorpotacións importantes. Ademais dos xuvenís Víctor Martínez, Adra, M. Uruguaio e Juny; do Sofán chegan Adrián, Juanjo Rabuñal e Mario Casal; Ismael retorna do Buño; Alemán chega do Xallas e David Castro do Imperator.
Máis información
Novas relacionadas
- Muros disfrutará dunha completa fin de semana de fútbol.
- A Asociación Sorum renova a directiva e xa pensa no Torneo de Fútbol muradán.
- Continúa a Pretemporada con citas históricas.
- Nin a chuvia pode coa multifesta, con sorpresa, do Ézaro.
- As Ligas da Costa comezan o 1 de setembro.
- Corme CF: “O castigo do ascenso”.
- Novos calendarios, unha reunión e unha nova cita da Selección da Costa.
Máis novas
- Lariño disfrutou do fútbol praia e en Esteiro loitan por evitar a Cuchara.
- Un mar de paxión: Periscal e… gol!.
- Vídeoentrevista de Ángel Garrido con Charro.
- Xa temos os 11 ideais QPC do fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).