mércores. 30.04.2025
El tiempo

De maratóns e Asembleas no fútbol costeiro

De maratóns e Asembleas no fútbol costeiro
Varios-membros-da-actual-directiva-nas-oficinas-do-Sporting-Zas Maraton da SD Ameixenda

Hoxe achegámonos ata Zas e ata Cee para dous asuntos radicalmente opostos. E o facemos cando xa comezan os movementos nos clubes, mesmo nas directivas. Por Corcubión están pendentes dunha nova Directiva, mentres que en Zas veñen de convocar unha Asemblea para este sábado 25 de maio ás 21:00h na oficinas do clube, na que se elixirá probablemente a nova directiva.

Mentres, en Cee, a SD Ameixenda quere rematar o fantástico ano cun Maratón de Fútbol Sala. A cita será esta fin de semana do 25 e 26 no Pavillón de Cee e hai moitos "puntos" en xogo. Xa se poden inscribir ata o venres ás 14:00h no 653 011 857.

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).

Comentarios