Dumbría acolle unha proba dos Campionatos Galegos de Slalom


Un ano máis, Dumbría ten o privilexio de organizar os Campeonatos Galegos de Slalom para as categorías Cadete, Xuvenil, Senior e Veterán. O lugar será o Campo de Slalom do Couquiño, en Olveira, os vindeiros 24 e 25 de setembro.
Os principais favoritos para facerse co título por clubes son o CDM Teixugos, ainda que Vamiñor, Quixos de Monforte e Tea de Mondariz poderán roubarlle o primeiro posto no podio nunha competición de de antemán se presenta igualadísima entre estes catro clubes.
En canto o CDM Piragüismo Dumbría, non ten aspiracións neste campeonato a facer un gran posto por clubes, debido á xuventude do clube, pero individualmente Marco Oreiro debería de facer un bó posto no C1 cadete, e Andrea Perez é a clara favorita na catería xuvenil. Máis complicado o terá Aarón Nuñez no K1 senior, pero xogando en casa, debería de estar moi cerquiña das medallas. Laura Antelo e Iván Pérez completan a participación do clube dumbriés.
Programa do sábado 24 de setembro
- A partir das 10:00 ata as 20:00h: Entrenamentos.
- 09:00 a 09:30 h. Confirmación de inscricións.
- 10:00 h. Reunión informativa cos xefes de equipo.
- 11:00 h. Clasificatoria una manga de todas as categorías.
- 12:30 h. Final 1 manga de todas as categorías.
- 13:30 h Slalom por equipos.
- 14:30 h. Entrega de Medallas.
- O CDM Piragüismo Dumbría estrea páxina web.
- O Piragüismo Dumbría xa é flamante campión galego.
- O Piragüismo Dumbría triunfa e crece na augas do Xallas.
- O CDM Piragüismo Dumbría quinto en Ecija e abre a escola de verán en Vimianzo.
- Os palistas dumbrieses fan de olímpicos e semiprofesionais.
- Presentada de forma oficial a nova sección de Ciclismo do C.F. Dumbría.
- Nota de prensa do CDM Dumbría.
Programa do Domingo 25 de setembro
Para a celebración desta competición, o CDM Piragüismo Dumbría conta coa colaboración do Concello de Dumbría, e da empresa Ferroatlántica.