Martes. 15.10.2024
El tiempo

Fases de Ascenso: Dumbría e Cabana van cara adiante e Miúdos e XSC frean

Fases de Ascenso: Dumbría e Cabana van cara adiante e Miúdos e XSC frean
O Cabana sacou un bo empate en Palas-Foto-Cabana

Trala primeira ocasión perdida para nosos campións, 5 equipos están nas Fases de Ascenso ás Ligas Galegas base. E tivemos sorte dispar. Se o Corme cadete aprazaba o partido co Abanqueiro, o resto de equipos si que disputaron a ida desta primeira eliminatoria das 3 que hai que superar para alcanzar o ascenso.

O Dumbría, despois do fiasco do Cerceda, parece que vai en serio, e sen facer un gran partido deixou a eliminatoria sentenciada. Sentenciada tamén quedou a dos Miúdos co Betanzos, pero parece que do revés, pois o equipos muradán acusou levar máis dun mes parado, e con pouco adestramento. En Cadetes, bo resultado do Cabana, que sacou un 1-1 ante o Palas e que poderá facer das Redondas un fortín e meterse na seguinte. Mentres, en infantís, o noso campión do doblete, o XSC, parece algo canso e se deixou pisar polos balóns mikasa do campo de terra do Fátima.

Sabedes que tendes sempre o cadro visible en www.copadacosta.com.

Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil

  • Resultado: Bastavales - Dumbría (2-4)
  • DUMBRÍA: Bruno, Pablo Paz, Jose Miguel, Canario, Jano, Marcos Mouro, Cacha, Mauro, Charly, Marcote e Juan de Dora. Tamén xogaron: Jorge, Lucas, Cabana, Edu e Isma.
  • Goles: 1-0, min.3; 1-1 min.20: Juan de Dora; 1-2, min.25: Juan de Dora a pase de Marcote; 2-2, min.35: nun barullo; 2-3, min.42: Juan de Dora tras unha boa xogada combinativa; 2-4, min.70: Marcote de penalti sobre el mesmo.

Chegaba do equipo de Óscar Leis e Diego Lobelos con varias baixas importantes como son Roberto, Maikel, Pablo Pardiñas e Yeray, polo tiveron que xogar cadetes como Pablo Paz, Marcos Mouro ou Jorge. Pero deron a cara e iso que empezou mal a cousa porque no quentamento o porteiro Bruno lesionouse e ainda que quixo intentalo tivo que ser cambiado aos 15 minutos. Froito de esa lesión no hombreiro chegou o primer gol no minuto 3 nun balón ao que a dor lle impediu chegar. Aguantou uns minutos mentres o cadete Jorge quentaba.

Pero o cadro dumbriés reaccionou, e pronto empatou Juan de Dora cabeza e de novo el tras pase de Marcote poñía o 1-2 . Nun barullo na area empataron e a 3 do descanso Juan de Dora firmaba un triplete tras unha gran xogada combinativa.

Tras o descanso dominio era dumbriés e con varias ocasions falladas. Un penalti sobre Marcote que el mesmo transformou supuxo o 2-4. Non foi o mellor partido dos dumbrieses pero o resultado si foi bo.


Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil

  • Resultado: Betanzos - Os Miúdos (4-0)
O Betanzos celebra un dos tantos ante Os Miudos-Foto-Betanzos

Practicamente dixo adeus ao soño da Liga Galega o cadro muradán, que tras algo máis dun mes sen competir, chegou frío ao campo de Betanzos. E malia que tivo un bo inicio, con dúas ocasións para poñerse por diante, aos 25 minutos chegaba o primeiro gol local que provocou un baixón no equipo negro.

A segunda metade, ademais, co equipo fisicamente moi frouxo, non puido aguantar as contras dos locais, que estiveron moi serios atrás e que fixeron un partido moi completo que deixa a volta moi complicada para os costeiros.


Fase de Ascenso á Liga Galega Cadete

  • Resultado: Palas - Cabana (1-1)
  • CABANA: Darío, Fernando (Oscar, min.65), Rubén, Alex (Enrique, min.70), Bieito, Samuel, Breo (Oscar, min.65), Alberto, Manuel (Simón, min.62), Pedro (Castro, min.52) e Santi.
  • Goles: 1-0, min.23: Rebolo 23; 1-1, min.56: Santi.
Cabana-Palas-Foto-Cabana

Saíu mui forte o Palas e, aproveitando a falta de adaptación do Cabana ao campo, fíxose co control do partido creando perigosas ocasións que non acabaron en gol gracias o acerto de Darío e a falta de puntería dos dianteiro locais. Este dominio culminou co gol de Rebolo logo de unha contra levada por banda dereita perfectamente rematada lonxe do alcance de Darío. Nos derradeiros 15 minutos conseguiu o Cabana sacudirse o dominio do Palas que empezou a acusar o esforzo realizado e dixpuxo de algunha aproximación a mais clara a cargo de Santi que estrelou o balón no corpo do porteiro cando se atopaba solo ahinda que un pouco escorado. O partido tomou outro xeito e o Cabana asentouse no campo creando certa inseguridade na defensa local.

Xa no segundo tempo sairon os cabaneses moito máis centrados e rondaron a portería local sendo agora o meta Víctor o que se lucía en tiros dos xogadores visitantes. Nunha destas aproximacións chega o baón a Santi, logo dunha boa xogada combinativa e despois de sentar a defensa e porteiro manda o balón o fondo da porteria do Palas. O partido estaba xa máis do lado cabanés pero non chegaron máis goles aínda que os dous equipos o intentaron, deixando todo para o partido de volta nas Redondas.

Partido cun exquisito comportamento dos dous equipos e cunha boa arbitraxe do colexiado Rubén Folgueira.


Fase de Ascenso á Liga Galega Infantil

  • Resultado: Fátima - XSC (4-0)

Tiña ben estudiado o Fátima ao equipo de Rupper, e os rapaces xalleiros non se adaptaron ao campo de area e aos míticos balóns Mikasa, probablemente no que puido ser o seu primeiro partido nun campo así nas súas vidas. Foi determinante pois os xalleiros non podían co balón, o que foi mermando as súas opcións.

Ademais, o equipo, tralo doblete, está algo canso.

Novas relacionadas

Primeiros títulos colleitados

Máis información

Fonte

Comentarios