Martes. 19.03.2024
El tiempo

Fases Xuvenís: Igualdade máxima

Fases Xuvenís: Igualdade máxima

Segunda fin de semana coas 2 competicións e os 3 grupos de xuvenís en marcha. O lío de competicións non empaña que algunha das Ligas vai ser interesante, como a Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, na que Baio e Dumbría B estanse reivindicando ante os campións Cee e Malpica.

A iguladde é tamén protagonista no Gr.1 da Copa da Costa Xuvenil, no que 5 dos 6 equipos teñen 3 puntos. No Gr.2, o Mazaricos comanda con 2 vitorias, pero parece que o Cabana comeza con forza.

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 2

Baio - Corcubión (4-0)

  • BAIO: Guillermo, Mikael, Pablo, David, Iago, Iván, Rafa, Bieito, Lucas, Martín. Tamén xogaron: Manuel de Pardo, Jose, Marcos, Edgar.
  • CORCUBIÓN: Abe, Iván, Adrián, Pablo, Toni, Sergio, Lagoa, Javi, Gabi, Lema, Adri. Tamén xogaron: David, Iago, Mario e Manu.
  • Goles: 1-0, min.22: Iván; 2-0, min.50: Martín; 3-0, min.57: Martín; 4-0, min.75: Manuel de Pardo.
  • Lesión: o corcubionés Sergio cunha escordadura de nocello.

Comezou o Baio moi forte, con moitas ocasións entre elas 2 destacables, sendos tiros a portería de Bieto e Martín rexeitados que volverían a caer nas botas dos xogadores baieses e que volverían ser rexeitados por un gran Abelleira baixo paus.

Pero non puido aguantar moito o Corcubión, e a terceira vez que se repetía a mesma xogada, remataba en gol de Iván. Tivo o Baio mesmo outra xogada igual antes do descanso pero desta vez petou no pau por medio de Iván.
No minuto 42 lesiónase Sergio por parte do corcubión nun nocello que, despois de probas médicas, supuxo unha escordadura que o terá fora dos terreos de xogo entre 1 e 2 meses.

O Baio volveu repetir xogada no minuto 5 da reanudación e tras dar no longueiro o balón foi aproveitado por Martín para facer o segundo. Tan só 7 minutos despois, unha internada pola banda acabaría nun centro rematado a gol polo propio Martín; e un cuarto gol de Manuel de Pardo tras un corner protestado por unha suposta man dun xogador local.

Non puido o cadro corcubionés cos baieses, e ademais o enorme campo do Platas Reinoso fíxoselles demasia grande e no segundo tempo non puideron aguantar o ritmo. Apenas Adri tivo un par de internadas perigosas ao longo do partido.

Cee - Camariñas (2-1)

  • CEE: Iván, José Ramón, Aitor, Yago (Martín, min.30), Tonecho (Jesús, min.65), Rubén, Tebo (Pablo, min.75), Serginho, Chiru, Lamela e Uri (Michi, min.85).
  • CAMARIÑAS: Álvaro, Mariño, Caamaño, Manuel, Maik, Santi (Bieito, min.60), Gatusso, Martín, Saviola, Carliños e Nazo.
  • Goles: 1-0, min.55: Lamela; 1-1, min.80: Martín; 2-1, min.91: Rubén.
  • Expulsión: O visitante Carliños (min.6)
  • Chegaba o Camariñas en cadro ao campo do campión da liga sur, con tan só doce xogadores, e cando o encontro comezaba xa se quedaba con dez debido a expulsión de Carliños no minuto 6. Foi mellor o cadro local na primeira metade, que tivo algunha que outra ocasión por medio de Lamela que ata en dúas ocasións non foi quen de bater a Álvaro. Tamén tería un par delas un Camariñas ben replegado atrás, por medio de Nazo, que fixo un auténtico partidazo e sacou de quicio a defensa ceense. Non deu máis de sí unha primeira metada onde a falta de fútbol foi patente. Na segunda metade saíu o Cee a pola partido e adíantaríase cedo por medio de Lamela, que agora si foi quen de superar ao porteiro camariñán. A partires de aí adiantou liñas o conxunto da Vila do Encaixe, podendo empatar por medio de Nazo, en dúas ocasións, ou nunha falta de Saviola que se estrelaba no longueiro da portería defendida por un espectácular Iván. Empataría a pouco do final Martín, tras un pequeno barullo na área ceense. Cando parecía que todo acabaría con reparto de puntos, unha xogada individual de Rubén, o mellor dos locais, deixaría os tres puntos na casa.

    Santa Comba - Malpica (2-2)

    • SANTA COMBA: Couto; Cristian, Josito, Pérez, Alberto, Yordi, (Marcos, min.91), Marquiños, Diego Maneiro, (Luis, min.65), Styven, Iván, Miguel.
    • MALPICA: Víctor Martínez; Diego, (Víctor Novo, 58), Jorge, Pereira, Martín Maradona, (Luísma, min.67), Joro, Juny, Eme, Martín Uruguaio, Adra, Camilo.
    • Goles: 1-0, min.5: Marquiños nun barullo tras un córner; 1-1, min.60: Adra remata unha falta lateral de Eme; 2-1, min.75: Marquiños aproveita un balón morto tras un encontrazo entre defensa e porteiro malpicán; 2-2, min.94: Camilo tras varios rexeites nunha falta.
    • Expulsión: o míster malpicán Piña (min.80) e dous xogadores locais unha vez rematado o partido por protestar.
    • Lesión: Diego Maneiro con problemas musculares.

    Partidazo en Castriz entre o potente Malpica e este Santa Comba que se recuperou do set recibido en Dumbría. Os de Huelvis prantaron cara dende o minuto 1 aos de Piña, e se puxeron pronto por diante, algo que que non levan ben os malpicáns. As presas invadiron aos puntas visitantes que o intentaron e diferentes ocasións, pero a defensa xalleira soubo maniatar ben as armas malpicás e non permitiron opcións claras.

    Á volta do descanso, Adra, tras unha xogada a balón parado, asinaba o empate. O Mapica seguí levando o peso, pero nunha contra, Marquiños recollía un balón tras un salto co porteiro e defensa malpicá, no que os visitantes pedían falta do atacante. O balón quedou morto, o colexiado non sibalou nada e Marquiños puña de novo por diante aos locais.

    Quedaban só 15 minutos e o Malpica volcouse. Pero en fronte, a tela de araña dos xalleiros non permitía facer ocasións claras. Así, xa cos 90 cumplidos Marcos tivo un man a man que puido significar a sentencia. Pero na seguinte xogada, outra falta lonxana, e tras varios rexeites, Camilo meteu un pé providencial que deu o empate aos malpicáns.

    Soneira – Dumbría B (0-5)

    • SONEIRA: Juan, Cabezón (Efren, min.80), Manolo, Héctor, Curra (Capote, min.42), Borja (Toja, min.65), Pistacho, Chirri, Cristian Canosa, Cristian Figueroa e Chachi.
    • DUMBRÍA B: Brais, Yerai (YIago, min.85), Isma, Denís, Jano, Pereira (Brais, min.82), Dani Picallo, Toja, Roi, Josiño, Mario (Fabián, min.63).
    • Goles: Pereira, Picallo (2), Roi e Josiño.
    • Lesión: O local Curra.

    Pese ao que poida dicir o resultado, o encontro foi moi disputado no que os Soneira tivo as súas ocasións para empatar o encontro. Pero o potencial do Dumbría nos minutos finais provocou a goleada.

    Copa da Costa Xuvenil, Grupo 1, xornada 2

    Zas - Outes (6-2)

    • ZAS: Miki (Tívoli, min.46), Josito (Esteban), Amado (Pablo), Ramón, Oliver, Ismael, Rony, Adrián (Kevin), Víctor, Quintáns, Pastor (Oscar).
    • OUTES: Jona, Sergi, Rafa, Alex, Javi (Abraham, min.46), Chía (Maduro, min.71), Jurado (Pedrosa, min.46), Michi, Elías, Babu (Mosto, min.80) e Piti (Pesi, min.84).
    • Goles: 1-0, min.3: Pastor; 1-1, min.30: Elías; 1-2, min.44: Michi; 2-2, min.47: Pastor; 3-2, min.50: Víctor; 4-2, min.63: Rony; 5-2, min.75: Pastor; 6-2, min.80: Rony.
    • Debacle do Outes na segunda metade que tirou pola borda un encontro que tiña de cara. I é que o partido non foi tan fácil como indica o marcador. De feito, os de Tomén e Manu Roque eran capaces de remontar o gol inicial de Pastor e poñerse por diante antes do descanso.

      Pero o baixón físico dos da Serra e o bo estado de forma dos rapaces de Corredoira fixeron que na segunda metade só houbese un equipo sobre o céspede de San Andrés.

      Coristanco - Dumbría A (4-2)

      • CORISTANCO: Nacho, Varela, Pichel, Martínez, Corral, Damián, Fede, Dani, Rubén, Magovi, Gonzalo. Tamén xogaron: Mosquera, Cristina, Adrián, Iván e Manuel.
      • DUMBRÍA A: Chupi, Adrián Ozón, Dito, Blanco, José, Israel, Juanma, Marco, Rafa, Martín, Javi.
      • Goles: Gonzalo (2) e Magovi (2) por bando local; e Javi e Antelo por bando dumbriés.
      • Expulsión: o adestrador dumbriés Pablo Conde foi expulsado polo coñedio Goyeneche.

      Partido frouxo que xa marchaba 4-0 ao descanso. Os de Lorenzo amosáronse moi superiores aos dumbrieses de Pablo Conde, que ademais foi expulsado por Goyeneche. No segundo tempo, o partido equilibrouse e o Dumbría A recurtou distancias pero quedou a un paso de achegarse á remontada.

      Fisterra - Esteirana (3-0)

      • FISTERRA: Ángel, Javi, Juan, Rubén, Roberto, C. Hidalgo, Champi (Noé, min.70), Bruno, Cristian (Juanfran, min.85), Manuel (Iski, min.82), Suárez (José Manuel, min.85).
      • ESTEIRANA: Matías, Meco, Abel, Chus, Pedro, Ruso, Eloy (Diego, min.46), Adrián; Jacobo, Bruno, David.
      • Goles: 1-0, min.25: Manuel; 2-0, min.35: Manuel de penalti; 3-0, min.60: Champi tras varios rexeites córner.
      • Expulsión: os visitantes Pedro (min.20), Diego (min.50) e Chus (55).

      Partido marcado pola rigorosa arbitraxe que sufríu a Esteirana, con 3 expulsións, todas por protestar que non houbo unha soa falta perigosa, e un penalti en contra. Con 8 toda a segunda metade, aínda aguantou a Esteirana, ante un Fisterra que chegaba con varios "castigados" por mal comportamento, algo que estamos a ver en varios equipos estes úliomos meses.

      Xa están os fisterráns pensando no desfile de moda que organiza o clube volve encher de cor a vila do Cristo. A cita será o venres 16 de marzo no pabellon municipal.

      Copa da Costa Xuvenil, Grupo 2, xornada 2

      Corme - Mazaricos (0-2)

      • CORME: Alejo, Sergio, Alberto, David, Iván, Lesi, Antonio, Jorge O Pejo, Dani, Brais e Eloy.
      • MAZARICOS: Rubén (Iván, min.46), Fran, Carballo, Oreiro, Mipadre, Alberto, Ferreiro, Sandelo, Carreira (Mario, min.60), Alex (José, min.70), Molinos.
      • Goles: 0-1, min.30: Alex; 0-2, min.40: en propia a un centro de Carreira.
      • Expulsión: Ferreiro por doble cartón.

      Partido malo por ambos bandos, con algunha ocasións máis para os de Kevin e Brais, que sobre todo, foron máis efectivos. Os de Alejo só apretaron coa expulsión de Ferreiro, pero non aproveitaron as ocasións dos Brais (que marrou unha vaselina ante unha mala saída do meta mazaricán), Jorge O Pejo á saída dun córner, e Eloy nun man a man ao que chegou con algo de medo.

      Cabana - Muros (10-0)

      • CABANA: Sergio, Duda (Raúl), Dani, Alex Mato, Valiña (Francés), Pablo, Moreno (Alex Cadete), Stefan (Alex Rider), Aless, Iván e Eliseo (Cristian).
      • MUROS: Mingos, Marcos, Javi Vístete, Malaca, Diego, Sergio, Adrián, Javi Pacola, Moncho, Alberto, Sant Berberecho. Tamén xogou: Damián.
      • Goles: Eliseo (2), Iván Mato (2), Duda (por toda escadra desde a frontal), Moreno, Stefan, Alex Rider (3).

      A superioridade cabanesa complementouse coa relaxación e a falta de compromiso e de actitude dos muradáns, que se presentaban no campo das Redondas case que de vacacións. Foi un partido sen moita historia no que dominou o Cabana con claridade na primeira metade. Na segunda o Muros saíu algo máis crecido nos primeiros minutos creando un par de boas ocasions, pero acabou acusando o cansanzo e os locais sentenciaron pronto e dominaron o outro treito do partido.

      Máis información

      Crónicas da semana

      Máis novas

      Fonte

Comentarios