Mércores. 18.09.2024
El tiempo

Futsal Carballo: Dous en cabeza no Vermello mentres a igualdade toma o Grupo Azul

Futsal Carballo: Dous en cabeza no Vermello mentres a igualdade toma o Grupo Azul
Partido da  da Liga Futsal Carballo-Foto-David Castro

Mentres que no Grupo vermello o Brasería Caracola e o S2 Informática non quitan o pé do acelerador, no Grupo azul o Exportacións Porcinas Porto do Souto cede os seus primeiros puntos nun gran partido de fútbol sala ante o Asesoría Cervantes, o que fai que se axusten os postos altos da clasificación, quedando o Cervecería Ágora e o Cervecería O Pazo a un só punto do líder.

Grupo vermello

Dolce&Café - Cervecería Troula (5-0)

Non dá arrancado o campión do ano pasado e este luns viuse superado ampliamente por un dos favoritos a levarse o título, que con esta goleada sobre o Cervecería Troula recupérase da derrota sufrida a pasada semana ante o Brasería Caracola e seguir así preto do dúo de cabeza.

Dluxe Carballo - Carpe Diem (1-3)

Voltou Hippy á competición tras unha lesión, un dos xogadores que vai dar moito que falar durante a tempada e notouse positivamente no Carpe Diem. No cómputo global, o resultado final é xusto pero os visitantes sufriron nos momentos finais para aguantar a súa renda.

Cafetería Habanos 79 - A de Pako (1-2)

Sufriu moito o conxunto vistante para levarse a victoria nun encontro no que puido sentenciar na primeira metade pero os Germán, Marcos e Juan, entre outros, non foron quen de materializar as cuantiosas ocasións coas que contaron. Finalmente os tres puntos foron para o A de Pako, que suma dúas victorias consecutivas.

S2 Informática - Don Ordenador/SAT Xulián (6-2)

Non quixo dar pé a sorpresa o S2 Informática no derbi tecnolóxico. O conxunto local superou con solvencia aos pupilos de Xulián que tras un gran primeiro partido de liga no que deron unha moi boa imaxe foronse desinflando semana a semana. Desta maneira, o S2 Informática non saca o pé do acelerador para seguir colíder xunto co Brasería Caracola.

Panadería Añón - Brasería Caracola (1-8)

Goleou o Brasería Caracola a un Panadería Añón, que é o único equipo xunto co Habanos 79 que aínda non sumou. O líder dou mostras na pista do seu potencial no partido deste xoves.


Grupo azul

Mesón do Pulpo - Construccións Maracaná (4-8)

Tras a semana de descanso, voltaba o Mesón do Pulpo á pista do Carballo Calero e facíao para enfrontarse ao Construccións Maracaná. O equipo coristanqués sería o encargado de facer baixar da nube na que se atopaba o conxunto local, o cal ata a noite do luns contaba os seus partidos coma victorias. Logo de vencer este encontro, o Maracaná colócase a dous puntos dos postos de privilexios para disputar a liga do Concello de Carballo. Iván e Álex foron os protagonistas do partido firmando cadanseu hattrick.

Bar A Vila - Cervecería O Pazo (3-7)

Os pontecesáns do Cervecería O Pazo confirma a súa candidatura ao título cunha contundente victoria ante o Bar A Vila, que segue coa súa traxectoria irregular para seguir asentado na metade da táboa clasificatoria. No encontro disputado o luns no Pavillón Carballo Calero, o equipo visitante mostrou o seu potencial goleador para superar ao conxunto de Viladabade.

Asesoría Cervantes - Explotacións Porcinas Porto do Souto (4-4)

Espectacular partido de fútbol sala o que se puido ver entre estes dous grandes equipos. Tras un encontro de constantes idas e voltas, o marcador mostrou o resultado máis xusto que se puido dar logo do visto sobre a pista.

Cervecería Ágora - Interfutsal/Deportes San Remo (6-1)

Resultado xusto o que nos deparou este encontro. O conxunto local superou amplamente ao Interfutsal-Deportes San Remo, que botou en falta ao seu goleador Javi Martínez. No Cervecería Ágora cabe destacar a actuación de Óscar Campos que firmou un hattrick.


A crónica da semana: Restaurante Río Sil - Carballo Futsal (6-4)

Rio Sil da Liga Futsal Carballo-Foto-David Castro
  • Restaurante Río Sil: Castriño, Marcos, Manuel, Urbieta e Sande. Tamén xogaron: Trincado e Adrián.
Carballo Futsal  da Liga Futsal Carballo-Foto-David Castro
  • Carballo Futsal: Ferreiro, Pablo, Carlos Señarís, Sergio e Javi. Tamén xogaron: Samba, Miguel, Fran, Ángel e Adri.
  • Goles: 1-0, min.2: Manuel; 1-1, min.2: Carlos Señarís; 2-1, min.3: Urbieta; 2-2, min.11: Miguel; 3-2, min.14: Urbieta; 4-2, min.21: Urbieta; 5-2, min.27: Sande; 6-2, min.31: Marcos; 6-3, min.33: Carlos Señarís; 6-4, min.37: Pablo.
  • Árbitro: Pablo (pista) e Juan (mesa). Sen problemas.
  • Pavillón: Carballo Calero (Carballo). Uns 50 espectadores.

Partido de tolos, ao igual que atractivo para o público o que se puido presenciar no Carballo Calero, con constantes idas e voltas, e no que a confianza do Río Sil lle puido costar máis dun disgusto.

No primeiro minuto, entre Ferreiro e o pau evitan o gol do Río Sil tras un disparo de Urbieta dende tres cuartos de pista. Pero pouco despois, Manuel cunha gran vaselina superaría ao gardameta visitante para poñer o 1 a 0. Tras o saque de centro, Carlos Señarís, a pase de Javi, faría o empate logo de aproveitar un desconcertó da defensa local. Un minuto máis tarde, Urbieta poñería de novo ao seu equipo ao materializar unha xogada combinativa. No minuto sete, o Río Sil puido aumentar a súa renda pero primeiro Ferreiro e logo Carlos Señarís evitan o gol. Catro minutos despois, Castriño evita ata en tres ocasións casi consecutivas o gol pero finalmente viuse superado cun potente lanzamento de Miguel que supuxo o empate a dous goles. Urbieta, a falta de seis para o descanso, fixo o terceiro para o seu equipo cun fortísimo disparo. E antes do tempo de lecer, Ferreiro evitou o cuarto dos locais, ao atrapar un potente lanzamento de Sande.

Á volta do descanso, Urbieta firmaría o hattrick, calcando o gol que supuxo o 3-2. Logo desto, o dominio total sería do Río Sil que aumentaría a súa renda con dous goles máis, un de Sande tras un rexeite de Ferreiro e outro de Marcos ao culminar unha contra. Co encontro practicamente senteciado, chegaría a reacción do Carballo Futsal pero os goles de Carlos Señarís e Pablo non serían suficientes.

Choque da Liga Futsal Carballo-Foto-David Castro

Crónicas de Futsal Carballo

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios