Hoxe, xoves, no Depor Sport
Comezamos pola Preferente o repaso ao diario Depor Sport. E o facemos falando de Brais, o ex extremo corcubionés do Dumbría, agora no Soneira, que volverá ao terreo de xogo esta vindeira semana. Ademais, o diario fai parada en Fontenla, pois este domingo hai derbi. Día do clube declarou o Santa Comba, polo que tocará pasar por taquilla.
En 1ª, o pichichi pontecesán Luisete terá en fronte un duro central, Félix, que volve ao 11 do Olímpico.
Xa na Liga da Costa o protagonista é Manín, que chega co seu Corcubión ata a súa terra, Fisterra, para intentar sacar algo de Ara Solis.
Pola súa banda, o diario sinala que o Alcaián vai empezar a xogar no seu campo de Portorrubio.
Ademais, o diario apunta qeu a Federación volve recupear a designación de campos, tras un par de semanas nas que non informaba de cando se desenvolverían. As protestas dos equipos fixeron que a Federación volva enviar unha circular cos horarios da fin de semana.
O Porteño e o Concello de Camariñas
Como apunte, sinalamos que a directiva do Porteño quere agradecer a colaboracion do Concello de Camariñas, en especial a colaboración do concelleiro de Deportes Juanillo, emais a Fran. O Concello axudará para poñer un bus para o equipo cadete.
Máis información
Novas relacionadas
- Xuvenil Norte: Xornada de goles.
- Xuvenil Sur: Comeza unha liga sen favoritos.
- 3ª Autonómica: Os favoritos non fallan.
- 2ª Autonómica: O Club do Mar sobresae neste igualado comezo de liga.
- Preferente: O Dumbría xa sabe gañar.
- 1ª Autonómica: Mala xornada.
- Resultados dos 67 encontros do fútbol da Costa.
Máis novas
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido a Alberto Pose.
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
- Vimianzo lembrou a Martín Pena.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).