Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Iago Canosa, novo campión galego absoluto de piragüismo con só 16 anos

Iago Canosa, novo campión galego absoluto de piragüismo con só 16 anos
Iago Canosa campion galego absoluto aos 16 anos

Impresionante o que segue conseguindo o CDM Piragüismo Dumbría. Ademais de levar o nome de Dumbría e da Costa da Morte por toda a xeografía española, está formando unha canteira que se cadra veremos na televisión nuns anos, nos mundiais, nas olimpiadas…

Xa temos varios rapaces costeiros no Centro de Tecnificación de Pontevedra, o maior nivel de Galicia. E outro que vai polo camiño é Iago Canosa, que aos seus 16 anos subíu ao máis alto do podio mna categoría absoluta dos Campeonatos de Galicia de Slalom de Augas Bravas, celebrados na Ponte Internacinal de Arbo, no río Miño.
Uns campionatos nos que ademais, Aarón Rey, Marco Oreiro e Javier Trigo acadaron medallas, e o clube dumbriés quedou en 3ª posición.

O campionato de Iago

O piraguista Iago Canosa no circuito de Arbo

O lugar elexido xa era de por sí moi esixente, pero ademáis o trazado puxo en múitas complicacións os palistas participantes.
Pero nestas esixentes condicións apareceu Iago Canosa, quen con apenas 16 anos competiu na categoría absoluta convencidos como estaban no clube de que xa ten a madured e a calidad suficiente para aguantar a presión de ser o favoríto, posto que os seus tempos en competicións anteriores así o confirmaban. E así foi, en dúas mangas magnificas, demostrou sempre ser o mellor, e que o apoio que lle están dando o Concello de Dumbría e a empresa Ferroatlantica para que poida permanecer na concentración nacional no Parque Olimpico de La Seu d´Urgell está xustificado.

Dende o clube saben do que falan: “Estamos ante unha das máis firmes promesas do deporte galego e que este ano vai loitar por competir coa Selección Española nos Mundiais e nos Campeonatos de Europa sub 18. Iago se impuxo a todos os demais participantes, e o máis duro rival foi o seu própio compañeiro de Equipo, Aarón Rey Nuñez, que despois dunha fantástica competición na que demostrou un excelente estado de forma foi segundo, facendo a que pode ser a súa mellor competición ata o momento”, cóntanos o míster e un dos grandes artífices de toda esta canteira, Quique Portela.

As medallas

En canto á demáis participación do CDM Piragüismo Dumbría, destacar as actuacións de Marco Oreiro e Javier Trigo, Plata e bronce respectivamente na categoría xuvenil, Tanto Marco coma Javier realizaron unha grán final despois de unha preliminar bastante gris. En canto a Kiara Martinez, gañou a competición entre as cadetes, pero non foi quen de superar o peche de control non conseguindo pasar as finais, e quedandose sin o título de Campeona Galega ainda gañando a proba.

Enormes por patrullas e por equipos

A patrulla do Piragüismo Dumbría formada por Iago Canosa, Aarón Rey e Javier Trigo volveu quedar campiona de Galicia

Para finalizar a competición se realizou a competición por patrullas, onde o equipo formado por Iago Canosa, Aarón Rey e Javier Trigo volveu a subír ó máis alto do podium confirmando o equipo de Dumbría coma a revelación deste campeonato onde alcanzou un excelente terceiro posto final na clasificación por clubes.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios