Venres. 29.03.2024
El tiempo

Lariño e Malpica colocan á Costa da Morte no epicentro do surf galego

Lariño e Malpica colocan á Costa da Morte no epicentro do surf galego
Gañadores da proba de Bodyboar de Lariño-Foto- Jose Dopico

Segue a Costa afianzándose como referente do surf galego. Se a semana pasada viaxabamos ata Malpica para a proba infantil e alevín de body, esta fin de semana estivemos en Lariño, e xa pensamos na vindeira, na que voltaremos ao areal de Malpica.

Pero antes repasamos a 5ª Proba open de Bodyboard que tivo lugar na praia do Faro, en Lariño. A proba transcorreu con normalidade, as previsións foron boas durante toda a xornada, e os corcheros souberon dar o mellor de se na auga.

Os riders ferroláns arrasaron, quedando campión Alex Rico, por diante de Carlos Viñas, de Porto do Son, e dos ferroláns Francisco Ferreiro e Andrés Manso.

Durante a competición de Bodyboard, tamén se celebro un campionato de Drop-knee e o campión foi Kako Garcia seguido de Adrian Belas, Pedro Secades (Oviedo) e Jose Puñal.

6ª proba de Bodyboard en Malpica

A Federación Galega de surf esta en a recta final do circuíto e tan só quedan por celebrarse a 6ª Proba open de Bodyboard e a 6ª Proba open de surf, as cales terán lugar este fin de semana no areal de Area Maior, concello de Malpica de Bergantiños.

Durante os 1 e 2 de decembro, o areal malpicán será o epicentro do surf galego, e as inscricións están abertas ata o xoves 29 de novembro ás 13:00 horas.


Novas relacionadas

Outras novas

Máis novas

Fonte

Comentarios