Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Liga Intermunicipios: O Cances recupera o ritmo

Liga Intermunicipios: O Cances recupera o ritmo
Cances-Rus-Foto-David Castro A Liga Intermunicipios de Bergantiños está patrocinada polo Mesón de Carmiña

O Cances recuperou a senda da vitoria ante o Clube Deportivo Rus (5-2) para seguir no máis alto da clasificación nun partido que analizamos na crónica da semana.

O Sporting Brea colócase na segunda posición logo de golear ao Peña Galicia (0-7) nun partido que se resolviu á volta do tempo de lecer logo dunha primeira parte moi disputada e igualada que se cerrou co 0 a 1 no instantáneo, gol conseguido á saída dun córner. Tras o descanso voltaría a marcar o equipo visitante de novo á saída dun saque de esquina, tanto que fundiu moralmente ao equipo local, que a partir desto aguantou como puido o rodillo que foi o Sporting Brea encabezado por Jorge Abelenda, que marcaba cada ocasión coa que contaba mentras que o Peña Galicia intentábano en accións ailladas sen sorte na definición.

O Cereo queda na cuarta posición a seis puntos do líder tras perder esta fin de semana logo de que a organización da liga lle dera o partido por perdido (3-0) ante o Laxe por aliñación indebida dun xogador que tiña cinco cartóns amarelos.
Segundo nos informan dende a familia coristanquesa, foi un fallo por parte deles xa que non se deron de conta que o colexiado non o borrara da acta a pesar de que o rapaz non disputou o partido. Este resultado supón a primeira vitoria para o equipo laxense, que seguro lle servirá como unha inxección de moral para afrontar o último encontro do ano.

Tres vitorias consecutivas leva o ADC A Piña tras vencer ao Sporting Seaia por un claro 5 a 1 nun partido que aos locais serviulle a súa gran pegada a gol para levarse os tres puntos ante un equipo que non inquedou en ningún momento ao equipo de A Piña e que reaccionou cando xa era demasiado tarde.

O Valenza e o Baldaio xogarán o encontro correspondente a esta décima xornada o domingo día 29 de agosto debido a que esta pasada fin de semana houbo festas na parroquia coristanquesa.

Crónica da semana: Cances - Rus (5-2)

O Cances da Liga Intermunicipios- Foto-David Castro
  • CANCES: Iván, Estiven, Duda, Rubio, Castro, Velo, Iván Rama, Stefan, Adrián Rey, Javi e Edgar. Tamén xogaron: Vilariño, Eloy García, Rubén, Omar e Cristian.
  • O Rus da Liga Intermunicipios -Foto-David Castro
  • RUS: Andrés, Pablo Canedo, Dimitri, Barca, Pablo, Luis, Molk, Pitu, Pablo Rodríguez, Anxo e Moncho. Tamén xogaron: Corral, Rubén Queijo, Toky e Maikel.
  • Goles: 1-0, min.13: Mal despexe de Andrés que aproveita Iván Rama para empalmar a volea. 1-1, min.16: Falta colgada por Moncho que peitea Pablo Canedo a gol. 2-1, min.26: Córner que colga Stefan e Edgar remata en boca de gol para que o balón entre na portería coa colaboración dun defensa. 3-1, min.47: Edgar transforma un penalti cometido sobre el mesmo. 4-1, min.69: Xogada combinativa do Cances que finaliza Javi a pase de Omar. 4-2, min.72: Toky saca un lanzamento floxo dende a frontal da área que entra na portería do Cances coa inestimable colaboración do porteiro. 5-2, min.76: Rexeite da defensa do Rus que aproveita Javi para facer un golazo dende 25 metros.

Partido pouco vistoso para o público presente no campo do Vinculeiro (Cances), que puido ver como ao equipo local lle chegaba coa súa gran pegada de cara a porta para vencer ao equipo dirixido por José Manuel.
Comezarían avisando os blanquinegros por medio dun gran remate de Javi tras un centro de Edgar pero respondería Andrés cunha mellor intervención. Respostaría Pablo Canedo pero o seu lanzamento de falta é despexado a córner con dificultades por Iván.

Adiantaríanse os locais cun gol de Iván logo de aproveitar un mal rexeite do porteiro visitante pero pouco duraría a alegría para os da parroquia de San Campio xa que tres minutos máis tarde empataría o Clube Deportivo Rus logo dunha falta que colga Moncho e peitea Pablo Canedo ao fondo das mallas. A partir desto, o partido convertiríase nun ida e volta pero sin demasiado traballo para ambos porteiros. Mediada esta primeira metade poñeríase de novo por diante á saída dun córner nun remate de Edgar que entra na portería visitante coa colaboración dun defensa. Un minuto despois respostaría o Rus cunha gran xogada combinativa que finaliza Moncho pero o disparo final deste é repelido polo pau. Antes do descanso, Anxo tería o empate nos seus pés cando estivo a piques de aproveitar un mal rexeite do Iván pero o seu lanzamento vaise a rentes do pau. Co 2 a 1 no instantáneo e os blancos apretando un pouquiño máis neste treito final chegaríamos ao intermedio.

Á volta do tempo de lecer, Edgar poñería o gol que daría a puntilla ao Rus, transformando un penalti cometido sobre el mesmo por Pablo Rodríguez. A partir deste tanto os equipos deixaríanse ir sin inquedar as porterías rivales. A falta de vinte minutos para o final nunha xogada combinativa do Cances, Javi faría o cuarto a pase de Omar. Tres minutos máis tarde, Toky daría a esperanza aos visitantes tras un lanzamento floxo desde a frontal que entra na portería coa inestimable colaboración do porteiro do Cances, pero tan só sería un espellismo xa que pouco despois Javi aproveita un rexeite da defensa blanca para facer un auténtico golazo dende 25 metros que supoñería o definitivo 5 a 2, que fai máis líder ao Cances.

Goleadores

  • Iván García, do CF Cereo, con 17 goles.
  • Enmanuel Varela, do Valenza Clube, con 13 tantos.
  • Jorge Abelenda, do Sporting Brea, con 11 dianas.

Máis información

Crónicas da Liga Intermunicipios

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios