Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Liga FS Carballo: Collendo posicións e pensando na Copa

Liga FS Carballo: Collendo posicións e pensando na Copa
Liga Fútbol Sala Carballo-Asesoría Suárez-Construcións Brandón -Foto-David Castro

Xornada previa á primeira rolda de Copa, que se celebrará antes do descanso da competición que se reanudará o 20 de xaneiro do vindeiro ano.

O Carnicería Eusebio afianzase no liderato do Grupo Azul logo da súa vitoria (6-4) ante outro dos favoritos como é o Construccións Maracaná, que queda relegado á quinta posición. O Cervecería O Pazo tampouco fallou e venciu ao Mesón do Pulpo para sumar tres puntos que lle sirven para aúpalo á segunda posición. Moi de cerca, sitúase o Asesoría Suárez que venciu (4-1) no partido da crónica da semana ao Construccións Brandón, equipo que queda descolgado do grupo de cabeza logo desta derrota. O S2 Informática e o Asesoría Cervantes firmaron táboas (1-1) nun encontro igualado, mentras que pola zona baixa o Deportes San Remo sumou a primeira vitoria da tempada tras vencer ao Mar de Menta por un axustado 4 a 3.

No Grupo Vermello, o Cervecería Troula colócase como líder en solitario logo de vencer ao Dolce & Café por un claro 6-1 e aproveitar o pinchazo do Tasca A Cunca-Supermercado C&M que empatou a dous goles co Cervecería Ágora. O Peluquería Este-Oeste resarciuse da derrota da semana pasada ante o líder, vencendo ao Alicatados Señarís por 9 a 4. O Talleres Sousa-Rte. Seiruga venciu aos coristanqueses do Bodegón Trincado (5-2) nun dos partidos máis interesantes da xornada. Na zona baixa, os dous colistas, o Don Ordenador-SAT Xulián e o Cafetería Habanos 79, sumaron o seu primeiro punto logo de empatar a dous goles.

Crónica da semana: Asesoría Suárez - Construccións Brandón (4-1)

Asesoria Suarez da Liga Futbol Sala Carballo-Foto-David Castro
  • Asesoría Suárez: Lito, Héctor, Pablo, Junior e Adrián. Tamén xogaron: José Luis e Alberto.
Construccions Brandon da Liga Futbol Sala Carballo-Foto-David Castro
  • Construcións Brandón: Carlos, Iván Rey, Dani Fuentefría, Álex e Pitu. Tamén xogaron: Adrián, Miguel, Dubra e Pichel.
  • Goles: 1-0, min.6: Gran xogada individual de Junior que cede para que Héctor marque a pracer. 1-1, min.11: Boa xogada combinativa do Construccións Brandón que finaliza Dani Fuentefría en liña de gol. 2-1, min.13: Pase en profundidade para Adrián que finaliza cun gran lanzamento cruzado. 3-1, min.23: Contragolpe dos locais que finaliza de maneira espectacular Pablo ante a saída de Carlos. 4-1, min.28: Gran xogada combinativa do Asesoría Suárez que finaliza Adrián a placer tras un pase de Junior.
  • Árbitros: Arnejo (pista) e Pablo (mesa) estiveron ben na súa labor.

Gran partido de fútbol sala o que puidemos ver na noite do luns no pavillón Carballo Calero entre o Asesoría Suárez e o Construccións Brandón.

Na primeira metade, o Construccións Brandón foi superior ao equipo local que foi quen de adiantarse logo dunha gran xogada individual de Junior, o mellor xogador do partido, que cede para que Héctor marque a pracer. Un minuto despois avisaría Pitu das intencións dos locais, cun lanzamento ao pau que é repelido polo pau pero sería Dani Fuentefría o que faría o empate logo dunha gran xogada combinativa dos laranxas. Voltaría poñerse por diante o equipo blanco tras un pase en profundidade para Adrián que bate a Carlos cun gran lanzamento cruzado. E co 2 a 1 chegaríamos ao descanso.

Á volta do tempo de lecer, o Asesoría Suárez foi a máis mentras que o Construccións Brandón veuse abaixo e viuse superado polos locais, que xa avisaron no primeiro minuto cunha espectacular xogada que a piques está de materializar Héctor pero o remate final deste vaise rozando o pau. Pero dous minutos despois, nun contragolpe o Asesoría Suárez non perdoa e fai o terceiro cunha gran definición de Pablo ante a saída do porteiro visitante. Respondería Pitu cunlanzamento que se vai a rentes do pau tras una transición rápida do Brandón.

Pero finalmente os locais sentenciarían o partido cun gol de Adrián que marca a pracer logo dun pase de Junior para finalizar una gran xogada combinativa. A falta de seis minutos para o final o Construccións Brandón xogaría con porteiro xogador pero en ningún momento o inquietaría a Lito, salvo na última xogada que Dubra envía un lanzamento contra a madeira.

Táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com

Novas relacionadas

Crónicas da Liga FS Carballo

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios