Liga Intermunicipios: O Cances ten a Liga a tiro
Xornada atípica a que se viviu na Liga de Intermunicipios de Bergantiños, xa que tan só se disputaron tres dos cinco partidos da xornada.
O Cances pasou con nota a súa primeira proba de lume na visita ao Cereo CF vencendo por un claro 0 a 4. O conxunto da parroquia de San Campio foi moi superior aos coristanqueses durante todo o encontro e chegaría ao descanso cunha vantaxe de dous goles, o primeiro de Edgar, tras un penalti protestado, e o segundo de Stefan de córner olímpico. Na segunda metade, o Cances seguiu dominando e creando ocasións pero tan só serían quen de materializar dúas, unha delas sería de novo dende os once metros.
O Sporting Brea sigue presionando o líder, tras golear ao Valenza (4-0) nun partido que dominou de principio a fin no que o conxunto coristanqués non creou perigo sobre a portería local. Tanto os carballeses como os visitantes basaron o seu fútbol de ataque buscando balóns en largo.
O ADC A Piña venciu por 5 a 3 ao Peña Galicia nun partido que se desenvolveu nun campo impracticable que aproveitaron os locais para poñerse cun 2 a 0 no marcador nos primeiros dez minutos, resultado que igualarían os do Galicia tralo descanso. Dous goles consecutivos dos locais daban un golpe sobre a mesa que lonxe de desanimar os verdes, fixo que foran quen de marcar o terceiro tanto para meterse no partido e cando o colexiado estaba a piques de pitar o final o A Piña faría o definitivo 5 a 3 que sentenciaría o encontro.
O Sporting Seaia-Laxe e o Baldaio-Xornes non se disputaron, o primeiro pola incomparecencia dos malpicáns e o segundo non se xogou logo de que os pontecesáns se estean plantexando causar baixa na competición por falta de efectivos. Deste xeito, os resultados foron 0-3 para o Seaia e 3-0 para o Baldaio.
Logo dos resultados desta vixésima xornada, o Cances sería campión si gaña ao seu partido ante o ADCR Baldaio, no que será o gran encontro desta fin de semana.
Goleadores
- Enmanuel Varela, do Valenza Clube, con 25 goles.
- Edgar Rey, do Cances FC, con 22 tantos.
- Iván García, do Cereo CF, con 21 dianas.
Máis información
Crónicas da Liga Intermunicipios
- X.18: O Brea dalle emoción ao campionato.
- X.17: Liga Intermunicipios: Co Cances máis líder, o Brea asalta o 2º posto.
- X.17: O Cances acaricia o título.
- X.16: O Cances queda só.
- X.15: Cances e Baldaio quedan sós na loita.
- X.14: Baldaio e Cances seguen ca súa loita.
- X.13: O Baldaio toma o relevo.
- x.12: O Cances pecha o ano no máis alto.
- X.11: O Cances recupera o ritmo.
- X.10: O Baldaio apreta a Liga.
- X.8: O Cances é máis líder.
- X.7: O Cances toma o relevo.
- X.6: O Cereo queda só.
- X.5: O Cereo venceu o duelo e alcanza ao Baldaio.
- X.4: Xornada de empates.
- X.3: O Baldaio recupera o timón.
- X.2: Cambio de Líder.
- X.1: Os favoritos comezan gañando con sufrimento.
Fonte
- Redacción de David Castro para QPC Deportes ([email protected]).