Luns. 09.09.2024
El tiempo

Liga Intermunicipios: Remata unha Liga dominada polo Cances

Liga Intermunicipios: Remata unha Liga dominada polo Cances
A Liga Intermunicipios de Bergantiños está patrocinada polo Mesón de Carmiña

Finalizou a liga de intermunicipios de Bergantiños co Cances como campión, que se puido permitir perder por 2 a 1 na última xornada na súa visita a un Clube Deportivo Rus, que finalmente rematou como cuarto clasificado, nun encontro no que os visitantes botaron en falta as cuantiosas baixas coas que contaba.

O segundo clasificado, o Sporting Brea, remontou o gol tempraneiro do Peña Galicia e iríase ao descanso vencendo por un axustado 2-1. Tras a volta dos vestiarios, o conxunto local faría dous tantos máis, moi protestados polo conxunto do Galicia, para o poñer no instantáneo o definitivo 4 a 1.

O Laxe sorprendiu ao Cereo na súa visita a terras coristanquesas. Os laxenses dominaron a primeira metade e froito dese dominio foron ao descanso cun 0 a 2 favorable no marcador. Na segunda, os xogadores de Rama melloraron o seu xogo e conseguiron acadar o empate pero cando todo parecía visto para sentencia o Laxe fixo o definitivo 2-3 no tempo de desconto.

O Baldaio goleou (7 – 1) ao Valenza nun partido de trámite no que ningún dos dous equipos se xogaba nada. O equipo coristanqués comezaría o encontro con dez xogadores e remataríao con nove logo da lesión dun dos seus homes. Os baldaieses remataron a competición como terceiros a seis puntos do Cances mentres que o Valenza finalizou como sexto clasificado.

O Sporting Seaia, que cerrou a táboa clasificatoria da liga de intermunicipios, foi goleado (1 – 6) polo ADC A Piña nun encontro no que se chegou ao tempo de lecer cun 1-2 para os carballeses. Á volta do descanso, os goles que cerrarían o marcador final chegaron nos últimos 20 minutos.

Trofeos

  • Pichichi: Enmanuel Varela, do Valenza Clube, con 28 goles.
  • Zamora: Rubén Pena, do Sporting Brea, con 20 tantos encaixados.
  • Deportividade: Peña Galicia.
O Pena Galicia levou o premio a Deportividade

Máis información

Crónicas da Liga Intermunicipios

Fonte

Comentarios